acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Palabras varadas

Este sábado 20 de outubro, impartirei un obradoiro sobre poesía e mar en Baiona. Comezamos ás 10 da mañá.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 19-10-2018 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro entre mulleres e palabras

A secretaría da Muller da CIG de Vigo organiza en Paxón, este 21 e 22 de outubro unhas xornadas que teñen por título Encontro entre mulleres e palabras.

No obradoiro que guiarei, e que titulei "des-tecer" proporeilles destecer como lectoras, para tecer novas visións e novos textos literarios.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 22-10-2017 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs de lectura
Este 3 de maio estiven no Club de Lectura Araos do IES Pedra da Aguia de Camariñas, convidada por Mónica Places Torrado, lectora atenta e amiga. Era unha sesión dobre. Á mañá co alumnado de 3º e 4º da ESO, á tarde co club de adultas. Falamos de Setembro, un libro que ten xa vinte anos e que elas esgotaron. Rematouse a edición.

Para falarlles do proceso de escrita de Setembro, fotografei algúns orixinais, cos que lles mostrei (por primeira vez) non só como é de impulsiva esa primeira fase da escrita (en Palavra comum definín as que son para min as tres fases da escrita), que me fai anotar onde podo (un anaco de periódico escribindo por riba da letra impresa, unha gravación de voz ?) ou que un poema pode escribirse nun minuto ou durante un ano.

Eu lembraba perfectamente que o poema ?Hoxe estou en silencio?? que acabou por transcender o libro, foi escrito durante un tempo longo. Ao revisar os orixinais comprobei que ese tempo ía desde o 2 de decembro de 1995 ao de 30 novembro de 1996, un ano. Un ano reescrituras desde o primeiro borrador do que apenas se salvaron algunhas palabras para dous versos. O poema acabou nunha proposta de comentarios literarios dun manual de literatura e convertido en canción por Xardín Desordenado, na marabillosa voz de Marlene Rodrigues.

As lectoras e os lectores queren ?entender? o poema e, ás veces, néganse a quedar coa súa lectura, que é a lectura verdadeira, pois despois de publicado o poema é tan seu como da escritora ou o escritor. Eu insisto en que se trata de sentir, de gozar coa súa música, igual que son capaces de gozar cunha peza musical, clásica ou moderna, sen ter que saber exactamente se ese movemento fala da chuvia de primavera ou nos conta unha lenda dun país afastado. Coinciden en que ese goce é posíbel. Mais, curiosidade humana, por que escribiu a/o poeta eses versos? Máis ca entender, as lectoras e os lectores queremos saber cal é o pre-texto que levou ao poema, á metáfora, mesmo á imaxe irracional.

Dicíalles o outro día, e ratifico o dito, que son eu a que gaña nestes encontros coas lectoras e os lectores. Gaño na riqueza das súas lecturas, na sorpresa ao descubrir a vida que late baixo algúns versos, na satisfacción ao reler o pasado e afirmarnos de cara ao futuro.

De Camariñas traio unha alfaia. Seica debateron moito sobre un poema que apenas ten dous versos:

Hoxe nácenme fontes polas liñas da man,
será de estar coidando dos xoguetes da infancia.


Despois de darlle moitas voltas concluíron que a poeta choraba coas mans tapando os ollos e así xurdían as fontes, carreiros de bágoas a mollar as mans e provocar a imaxe da fonte a nacer. Nunca imaxinei así o transfundo do poema. E fascíname.

Moitas grazas.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 05-05-2017 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Resucitar a Ofelia. Contidos
Resucitar a Ofelia é o título dun obradoiro de creación literaria organizado ao redor de dous eixos:

a) Explicar o proceso de creación dun poema, dando conta dos elementos en que se basea ou a partir dos cales foi escrito, elaboración e publicación definitiva.

b) Centrarse no punto de vista feminino desde o que os poemas están escritos para mostrar as posibilidades ?pedagóxicas? da poesía en tanto que mensaxe.

O obradoiro ten tamén un obxectivo complementario, resultado do punto de vista desde o que están escritos os poemas: promover a reflexión sobre o espazo da muller hoxe, xa sexa denunciando os feminicidios ou reflexionando sobre a visión que temos e que nos impoñen do corpo.

Para falar sobre todo isto, achégase a seguinte selección de poemas:

Presentación.- ?Hoxe estou en silencio...?, Setembro, 1998



Este poema tamén se pode escoitar na marabillosa interpretación de Xardín Desordenado.

1.- ?Resucitar a Ofelia”, artigo publicado en www.gznacion.com:
"Shakespeare dános a imaxe dunha nena inocente que se namora dun individuo torturado que, á súa vez, convértese en torturador da rapaza ao facela culpábel dun comportamento que el rexeita e que ela non ten, mais que el lle supón polo simple feito de ser muller"... seguir lendo

2.- "Non é amor...", Polifonías, 2006:



3.- ?Nada foi suficiente...?, Acuática alma, 2011:
Aquí pode verse o manuscrito.

4.- "inmóbil ...", Acuática alma, 2011.

5.- Cicatrices, poema presentado ao Congreso "Poéticas e políticas do corpo na contemporaneidade" (www.lecorps.info), París, 9-10 abril 2015



6.- Homenaxe a Begoña Caamaño,"des-tecer", Cadernos de verán, Sermos Galiza, 2015

"CINCO MIL anos
construíndo
unha imaxe perfecta"... seguir lendo

Esta é a versión definitiva deste obradoiro, de 50 minutos de duración.
Unha versión anterior foi presentada no IES Lagoa de Antela, Xinzo (10/03/2009).
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 11-04-2016 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Resucitar a Ofelia no IES A Paralaia
O Blog Mar de Soños da Biblioteca do IES A Paralaia, de Moaña, dá noticia do meu paso polo centro para realizar co alumnado de bacharelato o Obradoiro Resucitar a Ofelia.

Aquí podedes ler a nova e ver algunha imaxe.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 11-04-2016 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Como escribe poesía unha sindicalista?

Neste blog da materia de Literatura Universal do IES Val do Tea podedes ler unha referencia ao obradoiro realizado co alumnado, que titulei: Resucitar a Ofelia.

Grazas polas vosa acollida e polas vosas palabras.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 06-04-2016 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Co alumnado do Val do Tea

Hoxe estiven nunha aula de 1º de Bacharelato de Literatura Universal no IES Val do Tea. Un pracer contar coa atención destes case ou máis de 30 mozos e mozas afeccionada/os á literatura entre quen, de certo, había máis dun escritor ou escritora.

Nesta entrada do blog de Literatura Universal do centro adaintaban de que ía a visita:
"O luns visitaranos unha poeta para falarnos do proceso creativo (como xa fixo en xaneiro Francisco Puy, o avó de Antonio). Nesta ocasión virá (da man de Cándido, a quen lle agradecemos o encontro) a poetisa Marta Dacosta que, ademais de contarnos como escribe leranos e comentaranos algúns dos seus poemas.

Di a autora: ?Os poemas seleccionados tratan de varios aspectos relacionados co que denominamos ?denuncia da violencia de xénero e loita pola visibilización e a igualdade da muller?, polo que ao mesmo tempo que se mostra o proceso creativo reflexiónase sobre temas como: o feminicidio, a violencia en xeral ou a visión do corpo da muller.? Como ves, son ben necesarios estes poemas neste tempo que vivimos. Velaquí queda o seu texto sobre Ofelia, a quen coñecemos moito:

?RESUCITAR A OFELIA?

? hai anos que adoptei a decisión poética de resucitar a Ofelia, personaxe literaria que representa á muller maltratada, vítima dese maltrato sutil que é o maltrato psicolóxico, que fixo que unha nena namorada tolease e, tal vez querendo, se tirase a vida..."

Podedes ler aquí a entrada enteira.

Grazas a Cándido e a Esmeralda por convidarme e acollerme. E sobre todo, grazas ás mozas e aos mozos!!
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 04-04-2016 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Creación literaria en Moaña

Este 15 de febreiro terei un par de xuntanzas co alumnado do IES Paralaia de Moaña.

Por iso comprobo, reordeno e repaso o material preparado baixo o nome de "Resucitar a Ofelia".

Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 14-02-2016 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de creación literaria en Compostela

Organizado pola Asociación Cultural O Galo, mañá realizarei un obradoiro de creación literaria na Libraría Lila de Lilith.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 29-05-2015 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo
O vindeiro sábado 4 de outubro comezará (se hai matrícula suficiente) o curso de creación literario Victoriano Taibo que desde o IEM me convidan a coordinar. Este curso ten como subtítulo ?Desenvolvendo o nobelo?, un subtítulo que fai referencia a esta entreda publicada neste blog:



Escribir é?

atopar a punta do fío axeitado e tirar del até desfacer o nobelo.
Despregar diante de nós esa sucesión de palabras que constrúe o edificio do texto e abriga as ideas.


As persoas que queiran inscribirse poden facelo a través do correo oficina @minhor.org ou de luns a venres de 18 a 22 horas no teléfono 986360575.

Aquí pode lerse o programa completo:

http://www.minhor.org/inicio/39-novas/1075-abrimos-inscricions-para-un-curso-de-creacion-literaria-a-cargo-da-escritora-marta-dacosta-no-iem
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 13-09-2014 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0