acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Presentación Dun lago escuro en Gondomar
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 17-09-2014 08:01
# Ligazón permanente a este artigo
Dun lago escuro

Información sobre Dun lago escuro na web de Xerais.

Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 17-09-2014 07:57
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Dun lago escuro no blog Bouvard e Pécuchet
O blog Bouvard e Pécuchet, Crítica arbitraria de libros e outros obxectos impresos de Manuel Rodríguez Alonso publica unha recensión de Dun lago escuro:

"Na liña da xeración dos noventa, á que pertence a poeta, este poemario combina o íntimo, xa visible desde o símbolo inicial da auga estancada do lago ... co social (que prodixiosa é esa imaxe para os intelectuais colaboradores do poder: revolucionarios / sen saltar os límites / do oficialmente correcto), sen que falte tampouco unha certa narratividade e neorromanticismo con referencias subxectivas a vivencias cotiás ..."

"O símbolo tan lorquiano da auga estancada e tamén o tema quevedesco do eu como un continuum de eus que foron morrendo, sucesión de cadáveres, planan ao longo de todo o libro. "

"Recursos como as anáforas e os paralelismos, así como o xogo coa tipografía ao deixar illado o derradeiro verso do poema ... acadan un grande efecto sobre o lector. Noutros casos a autora xunta palabras que parecen irreconciliables polo seu significado..."

A recensión completa está en:
- Bouvard e Pécuchet
- Xerais
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 24-07-2014 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Dun lago escuro no Caderno da Crítica
O Caderno da crítica, blog de Ramón Nicolás Rodríguez, acolle unha recensión de Dun lago escuro.

"Resulta afortunada, ao meu ver, a simboloxía que escolle Marta Dacosta para abrir este libro de poemas ... Afortunada e fértil pois é, xustamente, o lago o que pode ocultar, sen nos decatar, todo aquilo que corre por baixo da tona, isto é, o que a voz lírica sinala como ?o volume da mentira?.

"Alén da querenza pola simboloxía acuática, un topos recorrente na poética da autora viguesa, velaquí un libro pragado de acenos e imaxes íntimas, gobernado por unha voz que se rebela ?contra o aparente e falso poder da razón? e que formula interrogantes a moitas cuestións atopando, en ocasións, respostas en algo que paira nela: ?a voz das avoas talvez?.

Pódese ler a recensión completa en:
- Caderno da crítica
- Xerais
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 24-07-2014 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Dun lago escuro no Faro da Cultura
O Faro da Cultura, suplemento cultural do Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión de Armando Requeixo sobre Dun lago escuro:

"Dun lago escuro é unha obra cun xogo simbólico moi logrado na que a presenza do lago o semantiza todo."

"Os versos ... cósense uns a outros, bailan entretecidos, transversalizados e completan unha estrutura circular de poema-lago que envolve e atrapa na lectura."

No blog de Xerais.
En Criticalia, blog de Armando Requeixo.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 10-07-2014 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Grazas!
Escaparate da libraría Libraida en Gondomar
Segundo o Taboleiro do libro galego, Dun lago escuro, foi o libro de poesía máis vendido no mes de xuño.

Grazas ás lectoras e aos lectores que son os artífices desta grata nova.

O Taboleiro do libro galego é unha iniciativa do blog Caderno da crítica de Ramón Nicolás. Este taboleiro foi confeccionado grazas á información achegada por once librarías: Suévia, Miranda, Carricanta, Biblos, Andel, Cartabón, Aira das Letras, Couceiro, Libros para soñar, Librouro e Lila de Lilith.

Imaxe: escaparate da libraría Libraida en Gondomar.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 02-07-2014 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Garza

Poema Dun lago escuro.
Composición con deseño de Tokio, para a súa publicación nas colaboracións literarias do IEM, sección conducida polo escritor Miguel Anxo Mouriño, onde foi tan agarimosamente presentado:

"Nova entrega de Colaboracións Literarias da man da escritora Marta Dacosta e o ilustrador Alfredo López, que adoita usar o pseudónimo Tokio. Agradecémoslles este exquisito aperitivo do libro Dun lago escuro, premio Xohán Carballeira 2013, que acaba de pórse á disposición do público e xa acadou os primeiros postos entre os libros recomendados por dous prestixiosos críticos literarios como son Armando Requeixo (Tabela dos libros. Criticalia) e Ramón Nicolás (Taboleiro dos libros galegos. Caderno da crítica). Magnífica saída que augura un mellor percorrido polas rutas poéticas do nosos sistema literario."
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 11-06-2014 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Taboleiro dos libros galegos


E un día despois, o Taboleiro do libro galego, do Caderno da crítica, blog de Ramón Nicolás, informa que Dun lago escuro é o cuarto libro de poesía máis vendido.

Certamente é un bo xeito de comezar a andaina deste libro. Grazas ás lectoras e aos lectores.

E tamén grazas a todas as persoas que difundides os seus versos, como Antonio García Teijeiro que no seu blog Versos e aloumiños, dedica o XXXVII escaparate poético ao meu libro.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 04-06-2014 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Volve a vertixe

E volve a vertixe. O medo á exposición. Algo paliado porque nestes primeiros días deste meu lago escuro algunha nova axuda a ver con claridade por este ventá que é a publicación do libro (así esta recomendación da Tabela dos libros, do blog Criticalia de Armando Requeixo).

Dun lago escuro, un libro tan parecido a Argola como a noite se parece ao día ou un estanque inmóbil e opaco á fonte cristalina. Dous extremos da barra pola que vou camiñando sen a destreza da ximnasta e temendo sempre o golpe da caída.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 02-06-2014 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
"agora que xa non está"

Este mes de xuño de 2014 cúmprense dez anos do pasamento do meu avó Xesús Alonso Covelo, un mariñeiro que naceu en Vigo e navegou no Grand Solé a maior parte da súa vida.

Nunca coñecerei xa o seu relato vital. Non saberei das súas angurias nin dos seus silencios. Das súas sombras. A penas me chega a súa rebeldía relatada como pequenos, ou grandes, desafíos.

O seu desexo de ser por si mesmo.

Por iso este poema. Un poema que tomou sentido e forma ao ser integrado en Dun lago escuro, para reflexionar tamén, sobre a distancia entre a aparencia e a realidade. Un poema que, sen premeditación, se publica como aniversario, aos dez anos da súa ausencia.

Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 01-06-2014 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0