acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Presentación Dun lago escuro en Ribadeo

Este sábado 4 de xullo, ás 19 horas, na Feira do Libro de Riabdeo, terá lugar a presentación de Dun lago escuro.

Nesta ocasión será presentado por Farruco Graña, escritor e concelleiro en Ribadeo.


Novas sobre a Feira do Libro:
Na Voz de Galicia

Na páxina do Concello.


Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 01-07-2015 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Dun lago escuro" en Noia




O venres, 29 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro de Marta Dacosta. Premio Johán Carballeira 2013.

No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor e Xerais, participarán Manuel L. Rodríguez (representante de A Lanzadeira de Alcor) e Marta Dacosta.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 29-05-2015 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Dun lago escuro no Diario de Pontevedra e en El Progreso
Ramón Rozas publica no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión de Dun lago escuro:

"Marta Dacosta propón nesta travesía polo seu derradeiro poemario, «Dun lago escuro», percorrer ese itinerario carontino para situarnos ante nós mesmos á procura dunha resposta fronte á podremia que, esta sociedade na que nos tocou vivir, nos asulaga ata a asfixia... É a travesía a nado dun lago como metáfora da viaxe da vida na que adoitamos mirar cara o ceo mentres baixo nós amontóanse os cadáveres. Cómo nos gusta meter baixo a alfombra todo o que é suxo? Aquilo que nos fai darnos conta do que en realidade somos."

"Alucinacións, efectos surreais, xeroglíficos? estrañas percepcións para rachar o equilibrio, converténdose ao fin na incómoda peaxe da nosa travesía."

"... un poemario imprescindible hoxe para entender moito do que nos mergulla na desesperación. Palabras para rastrexar a incerteza. Palabras para respirar."

A recensión completa está en:
- Xerais
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 17-04-2015 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Dun lago escuro" na Coruña


Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 22-02-2015 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas premio Ánxel Casal ao libro de poesía ou teatro en 2014

Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 30-01-2015 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os mellores de 2014 para Fervenzas literarias

Dun lago escuro estivo entre os 10 libros que para os lectores de Fervenzas literarias foron os mellores de 2014.

O mellor libro de poesía foi Cronoloxía da urxencia de Dores Tembrás.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 30-01-2015 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación Dun lago escuro en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 18-12-2014 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Taboleiro do libro galego de setembro
Mentres ando a preparar a primeira sesión do II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo que comeza mañá, atopo a referencia ao Taboleiro do libro galego do blog Caderno da crítica de Ramón Nicolás.

E comprobo que Dun lago escuro volve facerse un oquiño entre os libros máis vendidos en setembro, desta volta o segundo máis vendido.

Así que moitas grazas.
A vós, lectoras e lectores, naturalmente.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 03-10-2014 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación Dun lago escuro en Compostela


O venres, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro.

No acto contarei coa participación da escritora Berta Dávila.

http://blog.xerais.es/2014/presentacion-de-dun-lago-escuro-de-marta-dacosta-en-santiago/
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 26-09-2014 08:01
# Ligazón permanente a este artigo
Referencia a Dun lago escuro

A amiga Mercedes Queixas faime chegar esta imaxe tirada do xornal. É Dun lago escuro lido por Caneiro:

"E para rematar, o último poemario dunha autora que sorprende en cada entrega. Dun lago escuro titúlanse os últimos versos de Marta Dacosta. Brillante metáfora de tempos difíciles.Fortuna de ler."
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 18-09-2014 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0