acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Recitando Penélope
Convidada pola Libraría Pedreira, ao proxecto "Lecturas Fuxidas".Punto de encontro na rede de fragmentos literarios polo Día Internacional do Libro, recitei dous poemas que falan de Penélope, o máis coñecido, o de Xohana Torres.


Aquí o enlace.
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 18-11-2020 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Recitar as cantigas de Martín Codax
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 05-05-2018 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía para celebrar o 8 de marzo

Coa poesía tamén celebramos o 8 de marzo.
No Berbés, o 4 de marzo ao rematar a manifestación nacional polo día da muller.

Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 04-03-2018 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Atesourando a palabra
O 11 de novembro lembramos a Paco Souto no Teatro Colón da Coruña.

Na súa memoria escribín este poema que resume o que sinto.

Ao poeta de amar non ten laranxas

cada vez que cruzo aquel camiño
volve a imaxe das laranxas
desbocadas coma un río
caendo en fervenza contra o chan

as laranxas rodando
galgando
dis
tan
cias
até chegar ao río
até arribar ao mar
talvez

laranxas extraviadas baixo das abeleiras
desembocando exhaustas entre as dunas

e as humildes laranxas que naceron no bordo do camiño
as laranxas que a dona deixou ir
desprezando a súa carne agre
ocupan a memoria e chaman
a lembranza do poeta

entón imaxino o home alto que foi
cos cabelos crechos e revoltos
termando do froito até o trincar
agarrar contra a lingua a súa carne
e deixar escorrer pola man e o pescozo
a auga que era zume, froita
terra para ser devorada
terra para chantarnos profundos e sentir
para sermos

é verdade que ás veces
o lume nos devora

mais a terra volve aleitarnos
no desexo de virarnos árbores que a suxeiten
cinza ou po que a fagan fértil

esperanza
a esperanza
de que nas laranxas que caian este ano
veña unha gota da túa voz, unha palabra
que enraíce aquí
neste lugar que nunca definimos e sempre reclamamos
aquí
neste lugar en que gardamos
a memoria
as promesas
a esperanza
o amor

Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 16-11-2017 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Reparación da memoria histórica

A Deputación de Pontevedra celebrou unhas xornadas para a Reparación da memoria histórica. Nelas, o día 8 de novembro celebrouse un recital en que participamos Elisabeth Oliveria, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Luís Chapela, Míriam Ferradáns, Lucía Novas e eu mesma, que reescribín un poema editado en 1995:

Memoria de San Simón

Houbo un medo de azul que estoupaba no abrente
e morría inmediato ou lóstrego de vento.

A illa iluminada de pánico fundía
a chegada da alba nun silencio perenne,
o lamento dos mortos, a mentira da historia.
Sobre o negro petróleo aboiaba aínda a ermida,
a afastarse constante da praia que, noutrora,
fora corredor certo, navegante seguro.
O vello lazareto converteuse en alxube,
en cárcere de seres custodiados por ratas.
E outra vez nin barqueiro, nin gamelas chegaban,
naquel abrente cego de agonizantes días.
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 14-11-2017 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival poético Fala o mar

Xullo comeza recitando poemas que falan das mulleres do mar.

A nova na prensa.

Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 30-06-2017 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
II Xogos florais de Ponteareas

Esta tarde, antes de festexar o San Xoán, participarei nos Xogos Florais de Ponteareas.
Será un pracer escoitar e recitar.

Viva a poesía!!
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 23-06-2017 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mondoñedo é poesía 2017
Comezamos maio en Mondoñedo.
Nas terras do autor do Don Hamlet, lerei versos que falan de Urraca, a Urraca descendente da que inspirou a Cunqueiro, da raíña.

Agradecida polo convite.
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 30-04-2017 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
I Gala Solidaria do Día da Muller en Cee
Esta tarde na I Gala Solidaria organizada por Buserana para conmemorar o Día da Muller compartirei recital con Rosalía Fernández Rial e Concha Blanco.

Lerei un poema de Malathi Maithri, "Grande coma o mundo", e un poema propio do libro Argola.
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 05-03-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Recital na Coruña en xaneiro de 1997
Mentres preparaba un texto que non vén ao caso, botei man dunha caixa de zapatos en que gardo fotos. Foi así como atopei esta imaxe de 1997.

Nela estamos Alfredo Ferreiro, Tati Mancbo,Paco Souto, Rafa Villar, Yolanda Castaño, Eduardo Estévez, eu mesma e Emma Couceiro.

Foi na Faculdade de Filoloxía da Universidade da Coruña, durante un ciclo de recitais organizado por Yolanda e Emma: "Ciclo 5 poetas novos". Un ciclo de que nos fala Teresa Seara neste artigo publicado en A Nosa Terra o 31 de xullo de 1997: "Un ano de recitais de poesía"

Neste artigo comprobamos que a foto que recupero foi tirada en xaneiro de 1997: "Xaneiro foi o mes escollido para convocar a "Cinco poetas novos" que quedarían, finalmente, nunha tetraloxía -Marta Dacosta, Eduardo Estévez, Paco Souto e Rafa Villar-, plantel abondo diverso para deseñar un bo panorama da literatura que desenvolven os poetas máis xoves."

1996-97 na Coruña, un curso de actividade poética para a lembranza. Outra imaxe en que Paco, Rafa e más eu, agora con Eduardo, volviamos coincidir para dicir versos, como tantas outras veces sucedeu naquela década: en Compostela, en Lugo ou en Cee.

Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 16-11-2015 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0