Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...
Visitas (desde o 05/08/2010)
|
|

|
Únete a nós! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SERÁN NO CASTELO DE FONTÁN (2) |
|
 Onte, con gran afluencia de público, tivo lugar o Serán no Castelo de Fontán, todo un éxito de organización. Parabéns a Plataforma en Defensa da Ría polo traballo realizado. |
|
|
|
SERÁN NO CASTELO DE FONTÁN (1) |
|

Hoxe as 18:00 h. terá lugar o SERÁN NO CASTELO DE FONTÁN.
Con tal motivo, publicamos o seguinte poema de Manuel Lugrís Freire:
Un castelo derrubado
sobre un alto penedal;
casiñas brancas e limpas
acarón da beiramar;
un ribazo outo e frorido
coma se fose un altar
onde se a adora a lindura
de Nai-Terra mariñán.
Unha vila feiticeira
que mesmo nos fai lembrar
das lindas vilas bretonas
do armórico litoral...
¡Vila que arrecende a néveda
entre os recendos do mar!...
¡Es ben bonita e cuquiña,
miña vila de Fontán!
Mariñeiros fontaneses,
moi ben vos conoce o mar
porque sodes vencedores
das furias do vendaval;
os que aló en terras de lonxe
foron á gañar o pan,
deixan sona de barudos
honrando sempre o seu lar.
Dentro da vosa envoltura
de garrido mariñán,
péchase unha alma fidalga
inxerida en lealtá.
Honrados, valentes, fortes,
non tedes na terra igual.
O mais alto honor que eu sinto
é en chamarme voso irmán!
Mariñeiros fontaneses,
nobres fillos de Fontán
mulleriñas fontanesas
as de brandiño falar,
traballadoras e limpas
e de graciós? acenar.
¡Qué ben fixo Dios en darvos
por patria ese doce chan,
pois donde estades vosoutras
o paradiso ali está!
A mesma reina dos Anxes
a do meiguiño mirar,
cando na parroquia entrades
grande ledicia lle dá,
porque sodes, fontanesas,
mais boas que o mesmo pan.
¡Qué lindas e qué graciosas,
mulleriñas de Fontán! |
|
|
|
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN DE SUÁREZ DE CONCHA |
|

Con gran afluencia de visitantes e parabéns, remata hoxe a exposición de Plumillas e técnica mixta que, co título Lembranzas da miña terra, Manuel Suárez de Concha mostrou na capela de San Roque, en Sada, durante este mes de setembro.
A través de vintenove cadros se nos presentan imaxes dun tempo que pasou e costumes que se perderon ou están no olvido, que nos fan lembrar o que antes era normal e agora é causa de admiración e saudade. Dende esta páxina felicitamos ao noso amigo e ilustrador habitual de AREAL e o animamos a que siga a reflectir esas escenas, situacións e vivencias que nos permiten achegarnos ao noso pasado -non tan lonxano- testemuña dunha Galicia inmorrente, dunha Galicia inmortal.
A A. C. Irmáns Suárez Picallo quere aproveitar para agradecerlle a Manuel Suárez de Concha as súas amables palabras na entrevista que realizou para o xornal Mariñán, así como a súa colaboración desinterasada coa revista Areal. |
|
|
|
UN ARTIGO DE MANUEL SUÁREZ SUÁREZ SOBRE SUÁREZ PICALLO |
|
Traemos hoxe ao blogue un artigo recentemente publicado no Diario Crítico de Argentina polo galego Manuel Suárez Suárez, nacido no 1953 e moi activo na colectividade galega de Montevideo. Admirador da figura e da traxectoria e Ramón Suárez Picallo, escrebe o presente artigo dirixido a presidenta arxentina Cristina Fernandez falándolle acerca do político e intelectual de Sada.
O artigo de RSP ao que se refire, témolo publicado neste blogue e pódese ler ao pé.
Las cartas del abuelo Pascasio X
Muy querida nieta Cristina:
Te tengo que contar que en la última reunión de la agrupación "Cristina da Fonsagrada" participó como invitado especial el gran Suárez Picallo. No te acordarás ---eras una nena cuando murió en Buenos Aires--- de sus cultas notas en "La Prensa" y en "La Nación". El bueno de Ramón era de Sada y se hizo famoso entre otras cosas por su elocuente oratoria. Fue elegido diputado en las Cortes españolas de la Segunda República. Nuestro amigo nos sorprendió. No habló de su lucha política y nos asombró durante una hora y media con sus sólidos conocimientos. Sus palabras fueron dirigidas a manifestar su más incondicional adhesión a la campaña que estás promoviendo para que se consuma más pescado en la Argentina.
Nos dejó descolocados cuando dice que va a comenzar leyendo un cachito de un texto que publicó en el diario chileno "La Hora" el 14 de enero de 1947. Por favor, escuchá con atención: Chile tiene que descubrir su mar, amarlo, quererlo y cultivarlo, como una de sus más ricas fuentes de riqueza. A continuación nos pidió sustituir "Chile" por "Argentina" para luego exponer que conoció a tres familias gallegas de Fisterra [Canosa, Ínsua y Traba] a las que se debe de agradecer su labor pionero en los labores pesqueros en el patagónico Puerto de San Julián. La verdad es que aprendimos muchísimo ya que explicó los múltiples aspectos que tiene la alimentación humana según la cultura, geografía y religión. Nos hizo reparar en el aspecto antropológico de los pueblos pescadores y de los comedores de carne. Para ampliar nos recomendó la lectura de varias obras de Marvin Harris.
Al terminar lo aplaudimos como locos. Se acercó a mi y me pidió que te escriba para felicitarte por ponerte al frente de la campaña para consumir más pescado. Cree que al ser nieta mía estás legitimada para mejorar la dieta de los argentinos con las proteínas del pescado. No le dije que a mi lo que más me gustaba era aquel sabroso asado de tira que preparaba los domingos en la churrasquera del fondo. Bueno, a lo que ibamos. Quiere que invités a una emigrante gallega que hace las mejores empanadas de merluza de Buenos Aires. Se refiere a Lola Rial [Cumeiro-Vila de Cruces] que es flor de canchera. Doña Lola anda siempre con una sonrisa y tiene una chispa bárbara. Ramón prefiere que te acerqués a su casa porque así la probás recién sacada del horno pero entiende que por razones de seguridad, no puede ser.
Cuando la llamen de la secretaría se me ocurre sugerirte que le digan que la presidenta la invita a merendar pero con una condición: el morfe lo pone doña Lola y tiene que ser una empanada de pescado. Nuestra gallega se reirá mucho al recibir la llamada y se quedará pensando quien fue el lorito o lorita que le fue con el cuento a la presidenta de que sus empanadas son sabrosas. Se sentirá honrada pero también nerviosa pensando en que no le falle el horno. Te interesará escuchar sus recuerdos juveniles en Buenos Aires y su casamiento con el bueno de Fernández que era del sur de mi provincia. Te aseguro, Cristina, que con Lola en algún programa de televisión aumentamos rápidamente el consumo de pescado al mismo tiempo que le hacemos un lugarcito a nuestras empanadas en la dieta de los argentinos.
Bueno, me despido, no sin antes agradecerte el tiempo que me dedicás. Me enteré de que allá abajo andan caceroleando. Hay gente descontenta con tu gestión pero en mi tierra las ollas siempre fueron un símbolo de unión familiar, algo interior al hogar, no un artilugio para hacer ruido en el exterior. Cada uno se preparaba su caldito a su manera y no paseaba la cacerola por la aldea. Dicen que los tiempos cambian pero visto desde acá; no lo parece. Se vuelve siempre sobre los mismos errores. Te critican a vos en vez de criticar el programa político que se está llevando a cabo. Entiendo que es más fácil criticarte que pararse a leer sobre el aumento del poder adquisitivo de los argentinos al compás del incremento del Producto Bruto Interior. ¿Lo qué, loco?.
Recibí un abrazo lleno de cariño del viejo gallego que no te olvida.
Pascasio Fernández Gómez |
|
|
|
Presentación do libro A SAÚDE COMO NEGOCIO |
|

O pasado xoves, día 20 de Setembro, o médico Pablo Vaamonde presentou en Sada o libro A saúde como negocio, do que é coordinador. A súa charla, moi amena e clarificadora, agradou moito ao público. Entre outras cuestións, falounos da construcción do hospital de Vigo. A continuación reproducimos un artigo de Pablo Vaamonde, precisamente sobre este tema.
***
O FRACASO DO HOSPITAL DE VIGO
Pablo Vaamonde
A comarca de Vigo -con máis de 600 mil habitantes- precisa, desde hai tempo, un novo hospital. O actual Hospital Xeral quedou pequeno xa na década dos oitenta. A integración, daquela, na rede asistencial do hospital privado Povisa (que atende a península do Morrazo e parte de cidade), mediante un concerto particular costosísimo, representou un atranco para a construcción do hospital central que a poboación precisa e demanda.
O goberno progresista (2005-2009) dou os pasos precisos, coa participación dos profesionais e da cidadanía, para impulsar a construcción do novo hospital. Foi constituída unha Sociedade Pública de Investimentos (SPI), que sería a encargada de xestionar e financiar o proxecto de construcción, que estaba previsto iniciar en 2009 para concluír en 2013. A viabilidade económico-financeira do proxecto estaba garantida.
Mais cando o Partido Popular ocupou o poder na Xunta paralizou este proxecto e substituíuno por outro que utiliza o modelo PFI (Iniciativa de Financiamento Privado). Este sistema de concesión, empregado hai anos no Reino Unido para a construcción e xestión dos hospitais, ten demostrado ser menos eficiente e máis caro que a xestión pública. Provoca o deterioro da calidade asistencial, xera problemas na xestión dos hospitais e representa un paso importante de cara á privatizacion da sanidade. No caso de Vigo, ademáis, ao proxectar un hospital máis pequeno do previsto, reforza a presenza e continuidade de Povisa na rede asistencial como hospital de referencia para unha parte importante da poboación da comarca.
Así pois, o novo hospital de Vigo será máis pequeno, moito máis caro, de peor calidade construtiva e vai significar unha severa carga hipotecaria para a Consellería, que terá que pagar durante dúas décadas. Queda secuestrada unha partida importante do orzamento sanitario e o Sergas fica refén da empresa concesionaria. Unha vez construído o edificio, a empresa cobrará un cánon anual á Administración en función da poboación atendida e explotará os negocios que se crean darredor dun hospital (seguridade, aparcadoiros, limpeza, mantemento, hostelería etc). Os gobernantes de Galicia coñecen, con toda certeza, o nefasto impacto económico e social producido por estas iniciativas en Valencia e Madrid ?que teñen a sanidade pública na ruína-. Se, con todo o sabido, seguen o mesmo camiño non poden aducir ignorancia. Saben a donde nos levan pero non desviaron o seu traxecto porque hai intereses cruzados coas empresas concesionarias que ven na sanidade unha oportunidade de negocio.
A UTE (Unión Temporal de Empresas) que obtivo a concesión está integrada por constructoras en bancarrota e bancos arruinados. A Consellería de Sanidade adxudicou o contrato a un consorcio constituido polas constructoras Acciona, Puentes y Calzadas, Altair Ingeniería y Aplicaciones, OCA (Obras, Caminos y Asfaltos) e por Conccesia Cartera na parte financeira (formada polo grupo Ribera Salud, Caja de Ahorros del Mediterráneo e Bancaja ?agora integradas en Bankia-). Este banco ven de recibir perto de 24.000 millóns de euros de diñeiro público, o que representa o maior rescate dunha entidade bancaria na historia de España.
O informe técnico necesario para a adxudicación da obra á mencionada UTE elaborouno a consultora PwC (onde traballou De Guindos como xefe de servizos financeiros despois de abandoar Lehman Brothers, e onde aínda traballa a filla da conselleira). O Sergas pagoulle por este traballo 220.000 euros, aínda que o informe non aparece no expediente completo solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que os defensores da sanidade pública sospeitan que tal informe non existe.
Neste tipo de proxectos as empresas adxudicatarias utilizan diversos mecanismos para obter máis beneficios. Un deles é realizar sucesivas modificacións sobre o presuposto inicial. A UTE do novo hospital de Vigo xa deu o primeiro aviso no mes de xuño: despois de facer a cimentación reclamoulle ao Sergas un sobrecuste de 8 millóns de euros por ter que improvisar solucións na obra ?ante a falla do estudio xeotécnico do solar?. Entenden que o estudio debía ser facilitado polo Sergas como promotor da obra.
Pero a maior sorpresa deuse a coñecer a finais do mes de agosto. A prensa dou noticia de que ningún banco accede a prestar diñeiro para o novo hospital. A propia concesionaria confesaba nun escrito que ?a día de la fecha -4 de julio-, transcurrido más de un año desde la adjudicación del contrato, el acceso a la financiación bancaria se ha visto cerrado?. A UTE é incapaz de obter nos mercados financeiros os créditos necesarios para continuar a obra que iniciaron co 20% do financiamento previsto, con recursos propios da concesionaria. Así pois, a obra está parada. De feito, no lugar da obra apenas hai actividade. Segundo os sindicatos xa cortaron máis de cincocentos contratos e só quedan alí uns 50 traballadores que se adican a tarefas de mantemento, sen que a construcción avance de ningún xeito.
Todo parece indicar que este proxecto xa naufragou, como tantos outros iniciados durante o mandato de Núñez Feijóo. A convulsa situación que viven as entidades bancarias non lles permite participar nun negocio de porvir tan incerto como este. Os partidos da oposición xa reclaman o rescate para a financiación pública da obra e a xestión do novo hospital de Vigo. SOS Sanidade Pública ten feito numerosas manifestacións nese mesmo sentido. Haberá que volver atrás e reiniciar o camiño que se truncou no 2009 coa chegada do Partido Popular ao poder. Pero xa provocaron un dano irreparable á poboación da comarca de Vigo. Perdéronse catro anos por querer convertir a sanidade nun espazo de negocio na vez de procurar o beneficio dos cidadáns. Quen vai pagar este retraso?
|
|
|
|
MANIFESTACIÓN DE GATOCÁN · SADA |
|
 Onte tivo lugar a manifestación programada pola protectora de animais Gatocán en protesta do trato que están a recibir por parte do Goberno municipal, que lles impide acceder ao local que viñan empregando e ten retidas as súas pertenzas.
Ademais, recollen firmas dixitais para pedir que lles devolvan as súas pertenzas.
Reproducimos o artigo que publica hoxe La Opinión e algunhas das fotos que puidemos tomar onte no transcurso da marcha.
Pitadas por un mes de perros
Más de doscientas personas secundan la protesta de la protectora Gatocán contra el Concello de Sada por "el secuestro del rastrillo"
A.P.| SADA Gatocán ha sacado las uñas. Más de doscientas personas secundaron ayer la manifestación convocada por esta protectora de animales contra el Concello de Sada por el "secuestro" de su rastrillo. Portando pancartas en las que podía leerse Al Concello de Sada no le gusta el mundo animal, Fuera políticos incompetentes o A esta Alcaldía ni mi perro ni mi gato la votaría, socios y simpatizantes de esta asociación sin ánimo de lucro exigieron ante el Consistorio la entrega del material depositado en el local municipal en el que la protectora depositaba sus artículos hasta que el Gobierno local cambió la llave "sin previo aviso".
Según explica esta entidad, sus problemas con el Ejecutivo municipal se remontan al inicio del mandato, aunque no estallaron hasta mediados del pasado agosto. Por esas fechas, el Concello cambió la cerradura del bajo que le había cedido de palabra el anterior Gobierno local para guardar los artículos que venden en el mercadillo, su principal fuente de ingresos. El Concello sostuvo en un primer momento que no existía ningún convenio de cesión del local, en el que tiene previsto realizar obras, e invitó a la asociación a ponerse en contacto con el concejal de Turismo, Ángel Sánchez, para recuperar sus pertenencias. La responsable de Gatocán asegura que llamó al edil y que éste dio la callada por respuesta. "Me dijo que no tenía conocimiento de que Gatocán tuviese un local en Sada y me colgó", relata Beatriz Martín, que incide en que durante los últimos años ha realizado "un uso público, notorio y continuado del local". El Concello sostuvo después que la protectora debería entregar un escrito en el que detallase el material que almacenaba en el local. La protectora asegura que el pasado 18 de septiembre registró la relación de pertenencias y que todavía no ha obtenido respuesta. Esta asociación, que ha sido declarada de utilidad pública, no oculta su temor por el futuro de su actividad, que se financia casi íntegramente con los rastrillos.
La entidad cuenta actualmente con 255 animales en el refugio, sin contar los que están en casas de acogida. La asociación ha presentado ya una reclamación vía judicial y convocará nuevas movilizaciones hasta que el Concello le devuelva todas sus pertenencias. El Gobierno local mantuvo esta semana que se limita a cumplir "escrupulosamente" con el procedimiento. |
|
|
|
"RIBAZO DE MORAZÓN", de Manuel Lugrís Freire |
|
 Publicamos hoxe este poema do escritor sadense Manuel Lugrís Freire (1863-1940) ao tempo que lembramos que o vindeiro día 29 terá lugar o Serán no Castelo de Fontán, un acto lúdico no que convivirán a gastronomía coa poesía, o teatro e a música para reivindicar a preservación dos valores culturais e medioambientais de Fontán.
Ribazo de Morazón
De penedos medoñentos
De triste recordazón,
Onde a ardentía do mar
Nas noites do triste inverno
Non se cansa de bruar,
Daime o voso fero son
Para espertar os galegos
Que inda teñen corazón.
|
|
|
|
Presentación do libro A SAÚDE COMO NEGOCIO |
|
 |
|
|
|
UN ANO DESPOIS, O PAXARO DE PETEIRO TEN NOVOS USOS: ENTRE ELES, POSTE DE ELECTRICIDADE. |
|

O 8 de agosto do ano pasado, a A. C. Irmáns Suárez Picallo solicitaba unha entrevista co alcalde para manifestarlle o desacordo co cambio de ubicación da escultura de Jorge Peteiro,o ? Paxaro da Liberdade?, que fora concebida para honrar aos nosos veciños Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo. A día de hoxe, a Asociación segue á espera da citada reunión.
Namentres, a escultura foi trasladada a un parque infantil. Atópase desubicada, maltratada e sen ningunha placa ou información que indique para qué foi concebida. De feito, ata foi empregada como poste para o cableado eléctrico nas pasadas festas. E, por suposto, a praza non pode ser empregada como heliporto (argumento que empregou o goberno para cambiar o emprazamento do paxaro) por razóns obvias, e aínda menos en tempadas de festa, cando se xuntan as atraccións, as actuacións musicais... Cómo podería aterrizar aí un helicóptero? Ou será que non pode haber emerxencias en Sada cando hai festa?
Ante tal falta de respecto e consideración para co artista, cos homenaxeados e con esta Asociación (levamos un ano á espera para poder expresarlle o noso sentir ao alcalde), non podemos máis que recordar as palabras que escribiamos hai xa un ano e que reproducimos a continuación; así como esperar un cambio de actitude e sensibilidade do Alcalde, xa que rectificar é de sabios.
***
A NOSA OPINIÓN ACERCA DO TRASLADO DA ESCULTURA DE JORGE PETEIRO
O pasado día 8 de agosto, ao mesmo tempo que se solicitaba unha entrevista co Alcalde, remitímoslle este texto:
Ante as declaracións aparecidas na prensa nas últimas xornadas, referidas ao cambio de emprazamento da escultura ?Paxaro da Liberdade? de Jorge Peteiro na Praza dos Irmáns Suárez Picallo, esta Asociación Cultural quere manifestar a súa posición ao respecto:
1º) A escultura erixiuse en honra aos irmáns Suárez Picallo, na praza que leva o seu nome. Concibiuse e inaugurouse no contexto do Ano Cultural dedicado a eles en lembranza e cumprimento da vontade de Ramón Suárez Picallo de repousar no Fiunchedo, o que supuxo o traslado das súas cinzas, asumindo o Goberno da Xunta os gastos derivados.
2º) Entre os motivos aducidos polo Concello fálase dun informe da Policía Local sobre a necesidade de trasladar o citado monumento para habilitar a praza como heliporto en casos de emerxencia. Sen entrar a debater con expertos nesta cuestión, parece incompatible o actual uso público da praza (que inclúe a instalación de infraestruturas tales como carpas, palcos de música, atraccións infantís, etc.) coa súa utilización para aterraxe de helicópteros. Neste último caso, o Goberno Municipal terá que optar polo seu actual uso ou dedicalo ao mencionado servizo, tendo en conta que existe ademais un lugar reservado para estes mesteres a moi corta distancia de dita praza (no porto) e outros lugares tamén válidos.
3º) Ante a inexistencia, por tanto, de razóns técnicas que expliquen o traslado, esta Asociación reitera a súa preocupación polo posible cambio de ubicación. A Praza e o monumento, forman un conxunto integrado en homenaxe aos nosos ilustres concidadáns. Calquera cambio inxustificado do actual emprazamento, non sería entendido pola cidadanía.
Hoxe, 17 de agosto, comprobamos como a citada escultura está emprazada no parque infantil, como si dun xoguete máis se tratase. Con magoa vemos a limitada sensibilidade da Alcaldía ante o significado que o monumento aportou á Praza dos Irmáns Suárez Picallo, retirándoo en plenas festas patronais, cando debera imperar a harmonía e o espírito de celebración. Lamentamos que as palabras que o pasado día 15 o Sr. Alcalde dirixiu á Patroa de Sada, nas que pediu a súa protección para
trabajar eficazmente por un bien común que responda a las necesidades reales de todos. Que podamos extender el progreso y la democracia. Ayúdanos también a ser tolerantes y comprensivos con aquellos a los que representamos
quedaran só niso, simples palabras?
Desde esta Asociación Cultural manifestamos democraticamente a nosa total discrepancia ante os feitos, pois as razóns aducidas sabemos que non se han cumprir e a praza seguirá tendo o uso que ata o de agora tivo. Os helicópteros non poderán empregala, pois sempre estará destinada a outros fins, vinculados ás actividades de ocio dos veciños. Iso si, agora a Praza dos Irmáns Suárez Picallo volve a estar como hai anos, sen o significativo paxaro que semella que a algúns lles producía tanta dor de cabeza. O seu traslado representa unha falta de respecto á memoria de ambos irmáns.
Consideramos que, en todo caso, desde a Alcaldía se nos debera ter dado a oportunidade de expresar os nosos pareceres como Asociación que representa a moitos veciños de Sada, coa celebración dunha reunión que foi retrasada polo Concello en varias ocasións por motivos de axenda e que, finalmente, terá lugar cando a escultura xa non ocupa o seu emprazamento orixinal.
Esta Asociación tomará as medidas que ao respecto estime convenientes na defensa do sentir tamén de moitos cidadáns e visitantes sadenses.
Hoxe estase a impor a teima ou antollo e senrazón dalgúns, ou sexa a razón da forza, pero desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo continuamos e seguiremos a traballar para que resplandeza a forza da razón pola que tanto traballaron e deron a vida os nosos ilustres concidadáns.
¡Así non, alcalde Anido! ¡Así non!
Sada, 17 de agosto de 2011.
Asdo.: Francisco A. Pita Fernández, presidente. |
|
|
|
MOSTRAXE DE ALGAS DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL EN SADA |
|

O sábado 25 de agosto, a Sociedade Galega de Historia Natural organizou unha xornada de mostraxe de especies de algas na zona da Costa de Oleiros ata Sada. Algúns membros da A. C. Irmáns Suárez Picallo acudimos á cita. Fomos a Arnela e alí estudamos as algas presentes, a súa abundancia e características, para determinar o estado da costa e procurar a súa preservación e respecto.
Desde a Delegación das Mariñas da SGHN traballan para garantir a preservación dos espazos naturais do noso municipio. Hai uns días comezaron unha campaña de recollida de firmas dixital para procurar que As Brañas de Sada fosen incluidas na futura Reserva da Biosfera ?Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo?, xa que como se pode comprobar no díptico da candidatura, Sada non aporta á Reserva nin un metro cadrado de terreo protexido.
Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo queremos agradecer a inestimable labor que realiza a SGHN, e ofrecerlles a nosa colaboración para aquelo no que poidamos axudar. |
|
|
|
|
|
|
|
|