A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CÉSAR E JAVIER ALVAJAR, SUÁREZ PICALLO E A DELEGACIÓN DO ?CONSELLO DE GALIZA? EN EUROPA: BREVES NOTAS
Alfredo Erias Martínez



Javier Alvajar López e a súa esposa, María Josefa Castelo Gómez, vivían en Tabaeaio -Carral-cando casei naquela parroquia con Pilar Morandeira Roel. Non había moito que chegaran do exilio parisino. As nosas mulleres eran familiares e foi por esa vía por onde empecei a saber da súa vida. Na casa de meus sogros falábase de ?Don Javier? con admiración e respeto. Ademais, presidiu uns anos a asociación de veciños de Tabeaio (con el colaboraba Pilar) que, entre outras cousas, defendeu con uñas e dentes os dereitos dos traballadores dunha empresa que alí había.

Pronto empecei a frecuentar a súa casa. Fixémonos amigos inmediatamente. Falabamos de todo con moita sinceridade e, pouco a pouco, fun coñecendo máis polo miúdo a súa traxectoria vital.

En París é onde se destacou como político, primeiro axudando a seu pai, César, que sería o Delegado do ?Consello de Galiza? en Europa desde finais de 1957, e despois, á morte deste no 1965, ocupando el mesmo ese cargo.

Era un mundo de exilados, que seguían loitando polas súas ideas e contribuindo con moitos esforzos a que se establecera en España un réxime democrático que recoñecera finalmente, como eles querían, as nacionalidades históricas, entre elas Galicia, dentro do sistema autonómico que agora temos e que xa xermolara na Segundo República. O ?Consello de Galiza?, fundado por Castelao e outros ilustres galeguistas no 1944, aglutinaba todas as forzas políticas galegas do exilio.

Salvando innumerables dificultades, os dous Alvajar, pai e fillo, conseguiron que o "Consello de Galiza" fose admitido no ?Consejo Federal Español del Movimiento Europeo?, que presidía Salvador de Madariaga, a principios dos anos sesenta, asistindo desde aquela a tódolos congresos e reunións importantes e mantendo así viva a presencia internacional e as reivindicacións de Galicia. Tamén, nesta liña, lograron que o "Consello de Galiza" fose admitido no 1969 na ?Unión Federalista de las Comunidades Étnicas Europeas?.

Javier Alvajar tivo ademais un papel destacado dentro do Goberno Republicano Español no Exilio, do que foi desde 1957 a 1965 Secretario do Ministerio de Información, e desde 1967 a 1969 Secretario da Presidencia, tendo tamén ó seu cargo os servicios de Secretario Contable do Ministerio de Facenda desde 1957 a 1969. No 1957 foi nomeado Canciller Honorario de Consulado, adscrito ó ?Consulado General de la República?.

A el débese ademais a fundación da Casa de Galicia en París e, así mesmo, foi o primeiro presidente do ?Fondo de Ayuda a los Republicanos Españoles? ó tempo que presidía a Agrupación Republicana Democrática Española de París (ARDE). Difícil será que haxa algún exilado en problemas que non acudise á casa dos Alvajar na capital francesa.

Fora, e aínda era, un home de acción a favor do progreso material e espiritual da xente, un demócrata, un republicano, un home que sufriu nas súas carnes a Guerra Civil e a persecución. Pero cando eu o coñecín, en Tabeaio, aínda tiña forzas para presentarse como cabeza de lista polo PSOE ás eleccións municipais de Carral en 1983. Sería Alcalde uns tres anos ata que a enfermidade o venceu.

Non puido facer todo o que quería e custáballe comprender as trabas sistemáticas de outros partidos e concelleiros para os que as razóns e a evidencia non servían. Logo, as forzas empezaron a abandonalo: unha enfermidade dexenerativa estaba xa minando gravemente a súa saúde e tivo que deixar a Alcaldía. E despois de tardes e tardes falando con el, ocurríusenos a Pilar e a min propoñerlle para animalo que escribise as súas memorias con obxecto de publicalas no Anuario Brigantino. A idea resultou ser boa desde todos os puntos de vista, porque lle demos un obxectivo, un proxecto que levar a cabo, algo máis polo que vivir e, de paso, contamos todos cuns traballos fundamentais para coñecer un tempo escuro no que Galicia tamén estaba presente, a pesar de todas as dificultades.

Acórdome ben como, xa con pouca mobilidade, lle pedía á súa muller que lle trouxese a carpeta tal ou cual: todo o tiña claro na súa cabeza. Repasaba comigo documentos, elixía fotos? Primeiro escribíu á man, pero despois, cando xa non podía, grababa en magnetofón e eu logo transcribía con dificultade, porque progresivamente a fala tamén se foi facendo inintelixible. Iso sí, máis tarde el corrixía e todo quedaba ben. Polo medio de todo iso, a xentileza e finuara natural de ?Mari?, con maneiras moi parisinas, un verdadeiro encanto, un anxo da garda para Javier. Alí nos tiña sempre algunha bebida espirituosa das que non se mercan, doces especiais, marabillas da súa cociña, agarimo e elegancia en estado puro; un ambiente propicio para falar do divino e do humano, aínda que a política e os políticos de antes e dese tempo era o tema preferido. Foi naquelas xuntanzas onde degustei por primeira vez, por exemplo, o marrón glacé, algo moi francés que, por ese tempo, aínda non se facía en Galicia.

Pois ben, empezaron a saír publicados no Anuario Brigantino os seus traballos, verdadeiras xoias para a historia contemporánea de Galicia, non só pola documentación que conteñen, senon porque quen escribe é un testigo e un protagonista privilexiado dun tempo e dunhas circunstancias que marcaron o noso devir como pobo:

?Apuntes sobre la Delegacion del Consejo de Galicia en Europa?. Anuario Brigantino 1988.
?Apuntes sobre la Delegacion del Consejo de Galicia en Europa (II)?. Anuario Brigantino 1989.
?Apuntes sobre la Delegacion del Consejo de Galicia en Europa (III)?. Anuario Brigantino 1990.
?La Coruña de mi niñez: recuerdos de los años veinte y treinta?. Anuario Brigantino 1991.
?La Coruña de mi adolescencia: recuerdos de la segunda Republica española?. Anuario Brigantino 1992.

El quería seguir, pero de todos os xeitos, o esencial puido dicilo. Expuxo feitos significativos, sobre todo para Galicia, que eran completamente descoñecidos e falou polos que xa non podían facelo. E todo isto case sen forzas, vivindo unha desacougante e lenta dexeneración ó longo dunha década.

Nese tempo, Javier Alvajar aglutinaba na súa persoa boa parte da obra e a memoria do ?Consello de Galiza? e os esforzos de seu pai e del mesmo para que Galicia estivese presente nas institucións europeas. Con razón me manifestou moitas veces o seu desánimo. Resistíase a aceptar algo por desgraza evidente: que os galegos en xeral non coñecemos nin, ó parecer, nos preocupa moito coñecer, a nosa historia.

Javier finou o 12 de decembro de 1996 e a súa viúva, María Josefa Castelo Gómez, cumpriu a promesa que el me dera, de tal maneira que o 14 de abril de 1997, con motivo do 66 aniversario da proclamación da Segunda República, na sala capitular do concello de Betanzos, fixo entrega da Bandeira que presidía as sesións e actos especiais do Goberno Republicano Español no Exilio en París ó Museo das Mariñas. Coa Bandeira chegou tamén un rico fondo documental que ten unha importancia de primeira orde para coñecer as estratexias de supervivencia no exterior, non só das persoas, senon tamén das ideas, na longa espera da era de Franco ata xermolar dalgún xeito na transición democrática e na Costitución de 1998.

En liñas xerais, o que denominamos Fondo Alvajar consta do seguinte: 14 unidades de instalación con documentos, impresos, folletos e publicacións periódicas do Goberno Republicano no Exilio, desde 1923 a 1986; 4 unidades de instalación de A. R. D. E. (Acción Republicana Democrática Española); 8 unidades de instalación relativas ó ?Consello de Galiza?, e 6 unidades de instalación de documentos e artigos de César Alvajar.

Do Consello de Galiza hai, sobre todo, unha colección de arredor de 250 cartas, que van de 1940 a 1976. Alí están, entre outros: Fernando Valera Aparicio, Alfredo Somoza, Antón Alonso Ríos, Manoel Puente, Francisco Regueira, Ramón Suárez Picallo, Julio Just, Bieito Cupeiro, C. Conles, Josep Taradellas, Josep Santaló, Antón Alonso Pérez, Luis Gausachs, Félix Gordón Ordás, F. Javier de Landáburu, Emilio Herrera Linares, Jesús Canabal, José Maldonado, Perfecto López, Charles de Gaulle, Manuel Pedreira, Antonio Represas, Ricardo Palmas Casal, U. Thant, Pedro de Llano, Pedro Turullols, Xosé Fontela, Manuel de Irujo, Valentín Fernández, Pablo Martí Zaro, Elfidio Alonso, Antonio Remis, Paul Skadegard, J. Sauret, Harvey J. Hockstein, Batista i Roca, Ambrosio Carrión, Julio de Jáuregui, Armando J. Alonso, Carlos Durán, Mª del Carmen de las Cuevas, José Luis Fontela Rodríguez, Macrino Suárez?

Estas cartas asombran pola gran cantidade de persoeiros que nelas aparecen e, sobre todo, porque son testemuña da presencia de Galicia a nivel internacional, a pesar das dificultades. Moi pouco ou nada de todo iso se sabía antes de que Javier empezase a escribir no Anuario Brigantino e antes de que o seu fondo arquivístico estivese en Betanzos.

O ?Consello de Galiza? nace en Buenos Aires o 15 de novembro de 1944. A acta de constitución está asinada polos antigos deputados republicanos: Alfonso R. Castelao, Elpidio Villaverde, Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. Enlazaba co Estatuto de Autonomía republicano e constituía o xermolo do futuro goberno autonómico. Os seus principios: 1) ?manter e defender a derradeira vontade de Galiza? saída do ?Estatuto plebiscitado en 1936?. 2) ?a latencia autonomista de Galiza manifestouse sempre a favor do sistema federal?? 3) créase o ?Consello de Galiza? ?para gardar, manter e defender a vontade do povo galego, así como para buscar as asistencias e axudas que se precisen?.

O primeiro presidente do ?Consello de Galiza? será Castelao ?quen fica autorizado? para levar as negociacións de alianza cos Presidentes de Euzkadi e Cataluña, a fin de que Galiza entre, por propia persoalidade e triple forza nunha concordia xeral hespañola, capaz de derrubar o réximen franquista e restablecer a liberdade en Hespaña?. O ulterior nomeamento de Castelao como ministro do Goberno Republicano no Exilio pode verse como un refrendo ó ?Consello de Galiza?. En liña con isto, estableceranse paseniñamente delegacións en diversas capitais (México, Montevideo, París?).

A delegación de París, como sabemos, será levada por César Alvajar e logo polo seu fillo Javier. E precisamente a correspondencia de Ramón Suárez Picallo, desde Buenos Aires, con César Alvajar e co seu fillo, ten gran importancia histórica, porque informa dos traballos levados a cabo a un e outro lado do Atlántico, para que a Galicia republicana e democrática estivese presente no mundo, en espera de que a conxuntura en España fose propicia. Por desgracia para moitos, ese momento, demasiado longo, non o poideron ver (Ramón e César entre eles). Pero, polo menos, o Fondo Alvajar do Arquivo Municipal de Betanazos e a Bandeira do Goberno Republicano Español no Exilio que se custodia no betanceiro Museo das Mariñas sérvennos para poñer luz na memoria dese tempo.

O 7 de abril de 1951, a petición de Antón Alonso Ríos, secretario do ?Consello de Galiza? César Alvajar envía un amplio informe no que subliña a necesidade de que Galicia estivese representada no ?Movimiento Europeo? e de que o C.G. tivese unha delegación en París, como a tiñan Cataluña e o País Vasco.

A corresponencia entre Ramón Suárez Picallo e César Alvajar Diéguez comeza o 22 de febreiro de 1957 cando Suárez Picallo lle escribe desde Buenos Aires (Anuario Brigantino 1989, nº 12, p. 177-179). Merece ser transcrita toda ela:


?Fai tempo teño lido algúns artigos teus, publicados en ?La Nación? de Santiago de Chile ?onde resido dende fai 17 anos- e tamén no diario ?El Sur? de Concepción no que fun durante 3 anos redaitor ?columnista?. Gustáronme moito especialmente pol-a sutileza do estilo no que campea o teu insobornábel ?xeito? galego de decir cousas interesantes en tono menor, n?un modo de dialogar ou monologar de ?ti para min?. Dende que empecei a lerte tiven máis de vinte veces gana de escribirche. Non-o fixen por pura ?nugalla?, eisplicábel habida conta de que tiña que facer catro artigos cada semana para ganar a vida. E dispois de eso non me quedaba ?xor? para escribirlle nin á familia. Fágoo oxe, a unha hora de ter lido o teu derradeiro traballo, publicado no diario ?El Mundo? de esta cibdade, tidoado ?La ilícita neutralidad?.
¡Unha preciosidade de forma e de contido! Que nos gustou moito a min e a Abra[i]ra, en cuia casa xanto e traballo todol-os días. Máis, non é somentes para falados teus artigos pol-o que che escribo esta carta, senon que moi especialmente para che falar de cousas que che poden interesar a ti e que lle importan moito.
Viñen a Bos Aires no mes de xulio como delegado dos galegos de Chile ao 1º Congreso da Emigración Galega, que, dito sea de paso, resultou un dos máis eistraordinarios acontecimentos da emigración nosa nas Américas, pol-o que concerne á súa insospeitada forza espritoal creadora e polo que siñificou ?sin decil-o- a máis impoñente manifestación de republicanismo feita en Bos Aires dende que terminou a guerra civil. Participei no Congreso e en varios aitos colaterales, incluso n?unha velada académica en homaxe á Lengua Galega na aula Magna da Facultade de Filosofía y Letras da Universidad de Buenos Aires na que me tocou participar co tema: ?El idioma gallego en el hogar, en la canción y en el trabajo?.
Ao terminar os traballos do Congreso, a Comisión Organizadora encargoume de ordear, n?un volúmen de 300 páxinas, todol-os documentos, informacións, poñencias, ditámens, etc., para que constituia un documento de historia e de información. Para que poidas facerte unha idea de cómo se traballou direiche que aituaron seis comisións según os puntos do temario sobre 58 poñencias. Mándoche o ditámen da Comisión que tratou o tema Arte e Cultura, para que vexas con que minuciosa seriedade se estudiou. Estando eu n?iste traballo enfermei e tuven que ser internado no Centro Galego durante dous meses, onde me deixaron novo. Agora recomenzo a tarea. Entre os traballos leeuse o teu, interesantísimo, referente á necesidade de ter en París un representante de Galicia. Sobre él non recaeu ditámen e pasouse ao Consello de Galicia, xa que a túa proposta, máis que unha aprobación do Congreso, que sería unánime, require a decisión de poñel-a en prática inmediatamente. E neso estamos.
Volvemos a ler e reler a túa proposta e, parécenos que iste é o intre preciso. Coidamos que en Hespaña ocurrirán cousas a longo e curto plazo, e non queremos nin debemos estar desconeitados cando esas cousas ocurran. Por outra parte, Gordón Ordás chegará eiquí moi pronto n?un viaxe por toda América, que eu supoño que non é de turismo. Estuvo fai pouco en Chile onde falamos moito. El está en excelente posición con referencia a Galicia. Por eso nós eiquí queremos enlazar con él, e poñel-o en contaito con núcleos políticamente máis vivos da coleitividade galega, que é, dito sexa de pasada, o máis vital que ten aquí o republicanismo peninsular. Incluso pensamos facerlle un grande homenaxe coleitivo no seu caráiter de Xefe de Goberno republicano en eisilio, ao través do Consello de Galicia.
O Consello de Galicia é unha institución simbólica, , un pouco vagarosa, fundada por Castelao, co propósito de gardar, conservar e divulgar o senso que tiveron as eleiciós do 12 de febreiro de 1936 e o Plebiscito pol-o Estatuto. Non é un goberno en eisilio, mais virtualmente foi recoñecido e aceptado oficialmente por todol-os seitores galegos de caráiter democrático e republicano, así como por vascos e cataláns, como entidade representativa dos derradeiros aitos da voluntade popular galega. Por eso está integrado solo por Diputados, asesorado por Comisións especiales. Este Consello tivo, e sigue tendo, un coidado eisquisito de non polemizar, discutir, sin xiquer participar, nos pleitos e loitas de menor nin de mayor cuantía que se teñen que producir n?unha coleitividade composta por máis de 300 mil personas. Por eso goza oxe dos máisimos respetos máis alá e por enriba do ben e do mal. Pois ben, este Consello de Galicia, sería o que lle estendería as credendiales ao representante de Galicia en París, xa que, oxe por oxe, é Buenos Aires onde reside o maior número de galegos republicanos e demócratas do mundo, especialmente con senso, emoción e vocación políticas.
Agora o problema é o da persoa que ostentará a dita representación. Non coido que poida ir de Galicia por dúas razóns: 1ª, Porque o noso grupo de Galicia está traballando maravillosamente no orden inteleitual e cultural; pero no que se refire á política están un pouco na lúa; non ademiten ?nin esto nin aquelo?, i-agardan a vel-as vir, n?unha aititude cuáseque de nihilismo político; é nós necesitamos xentes con aititudes afirmativas e positivas, políticamente falando. Sobre todo no que atingue á nosa posíbel representación en París. A segunda razón é de orden económico. Nin os de Galicia nin os de eiquí, poderían soster esa representación na forma axeitada e decorosa con recursos propios. De aquí tampouco pode ir direitamente ningén, primeiro por as mesmas razóns económicas, e logo por non ter á man persoa que poida facel-o, sobre todo persoa de absoluta confianza política, pois as que hai fannos moita falta eiquí. Tanto que cicáis eu non volva a Chile. Os amigos de Bos Aires Oblíganme a quedarme con eles, e eu quédome.
A solución sería, pois, que o noso representante xa estivera ahí, con unha base de vida en París. N?ise caso, o Consello de Galicia faceríalle unha asignación como complemento, que lle permitiría situar co decoro que o cargo require, e moverse en todol-os medios en que deba facelo con certa folgura. ¿Canto? Velaiquí unha pregunta que me permito facerche pr?a ter unha base da cual partir n?iste aspeito do problema.
En canto á persoa, serías ti, César Alvajar, o meu candidato, o de Abraira e o de outras persoas das que che falarei n?outras correspondencias. Tamén-o serías de Alonso Ríos, que dende que morreu Castelao é o Xefe do Consello. Alonso Ríos, que viviu moitos anos en Buenos Aires antes de [ir] a Galicia pr?a memorábel Asamblea do Estatuto da Cruña, foi un dos precursores o movimento galeguista eiquí. Pol-a súa conducta eixemplar, pola súa verticalidade nas ideias, pol-o seu fervoroso outismo, Alonso Ríos é oxe, entr?os galegos de Buenos Aires, figura consular e patriarcal inouxetábel e intanxíbel. Tamén de Don Manuel Puente, un vello republican [sic.] dado por enteiro á causa patriótica de Galicia, xeneroso Mecenas da nosa cultura e da nosa loita, motor das dúas cousas. Así mesmo os Presidentes dos Centros Ourensáns, Coruñés e Pontevedrés, o de Betanzos e o de Corcubión, que forman unha Comisión Intersocietaria para apoiar incondicionalmente ó Consello de Galicia e todo o que él representa e siñifica.
Lee, pois, e relee esta carta, decide é contéstame inmediatamente.
Pro teu mellor goberno, e para que seipas o caráiter que tería o noso representante ahí, quéroche facer unha derradeira advertencia en col da nosa posición galega. O noso galeguismo non está limitado aos lindeiros dun determinado partido político. Queremos que sexa un movimento espiritual e nacional galego, compatíbel con todos, de resurrección total de Galicia. Naturalmente que intransixentemente republicano e democrático, sin a menor concomitancia con ningún xeito de totalitarismo.
Chegado o intre de que o aitual réximen da península? sin perda de minuto, Galicia ?aténdose á derradeira eispresión da libre volunta[de] do noso pobo, proclamará e defenderá a súa total autodeterminación política, sin entrar en ?esperas? nin postergacións por ningunha cras de motivos de paitos, oportunismos eleitorales, nin nada d?eso. Despois da afirmación da nosa persoalidade, si que entraremos en calquera acordo fraternal, cooperación, axuda, etc.; pero dende a nosa posición libre, e, de ser posible políticamente estroiturada [sic.]. Non caeremos no erro de volver a perder a oportunidade que perdimos cando se proclamou a República.
Por eso coidamos de moita urxencia poñer en práitica a túa proposta. Deica agora o noso movimento estivo, certamente, un pouco illado e limitado a Buenos Aires e Galicia. E como ti dis, ten que facer aito de presencia no resto do mundo, especialmente en Europa e no seu pulso vital, que aínda sigue sendo París, onde se decideu e se deciden moitas cousas.
Volvo a pregarche, por eso, que me contestes a seguido de recibir esta carta e, naturalmente, despois de estudiala.
E nada máis por oxe. Saúdos de todos, aínda dos que non te coñecen persoalmente, mais que te coñecen ao traverso dos teus traballos e das miñas referencias.
De min recibe unha forte aperta, fraterna e amical, coma quen diría, coruñesa.
Dirección: Federico Lacroze 4086, Buenos Aires, Argentina.
Ramón Suárez Picallo [sinatura].?


Transcribe Javier Alvajar (AB 1989, p. 180) outra carta de Suárez Picallo (do 25 de abril de 1957), moi preocupado porque Galicia non estivera representada nunha reunión en París de ?todol-os partidos políticos republicáns, das dúas organizacións sindicales e das agrupacións vascas e catalanas? (o que máis tarde se chamará ?Unión de Fuerzas Democráticas?). Alí estivo o galego Salvador Etcheverría, pero en representación do partido Unión Republicana. Trataron, nada menos, que da caída de Franco e da ?sustitución provisional do réximen deica a reestroituración do novo, democrático, etc., resultado dunha consulta eleitoral libre e con garantías?. A existencia dunha delegación do ?Consello de Galiza? en París síntese como algo moi urxente e, nese senso, Suárez Picallo, pon as súas bases: será persoal e actuará de acordo cos puntos de vista do CG. Insiste en que César Alvajar acepte o cargo, porque outros persoeiros están máis ligados a partidos e iso réstalles independencia.

Despois de presións varias, César acepta o cargo e en decembro de 1957 xa exerce como delegado do ?Consello de Galiza? en París.

Ata o final das vidas de Suárez Picallo e César cruzaranse moitas cartas, sempre co mesmo obxectivo: a presencia de Galicia con dignidade nos foros internacionais.

O 22 de agosto de 1962 escribe Suárez Picallo, como ?Asesor Cultural do Centro Lucense de Buenos Aires? a última carta de que teñamos constancia a César Alvajar. Nela, entre outras cousas, fala de que o ?premio Castelao?, instituido polo ?Consejo de Galicia? fora outorgado ó ?Centro Gallego de Buenos Aires? por primeira vez, e este ano ó Banco Galicia de Montevideo, que dirixe Jesús Canabal. ?Para la entrega de este galardón (un pergameo artístico e unha medalla de ouro) concurrimos a Montevideo una comisión nutridísima, y la entrega se efectuó en el gran teatro Solís, en un intervalo de un extraodinario concierto de música gallega. Me tocó a mí hacer la ofrenda verbal y a don Jesús Canabal recibirla. Fue un acto de fervorosa emoción gallega??.

O 24 de setembro de 1963 Antón Alonso Pérez, ?Segredario de Coordiñación do Consello de Galiza?, informa a César Alvajar de que Suárez Picallo foi operado da vista no sanatorio do Centro Galego de Bós Aires: ?Está ben, mais se require tempo para compretar a cura. Espritoalmente, il está como sempre: ergeito [sic.]?. Pero os seus problemas de saúde eran máis serios.

César Alvajar escribe a Suárez Picallo a que sería a súa última carta o 9 de setembro de 1964. É unha carta sincera, confidencial, con verdades íntimas, case clandestina para o amigo de verdade en horas crepusculares para os dous:


?Hace un siglo que no sé de ti directamente, pero las referencias de esos amigos del Consejo de Galicia me dicen que estás famoso, animoso y optimista, y los periódicos que se hacen eco de tus actividades lo corroboran.
Con esta fecha envío carta, cuya copia te adjunto, a don Manuel Martínez Lamela, como Secretario de Coordinación del Consejo. Es reflejo de lo que, con el pensamiento en Galicia, pienso que hay que hacer en esta hora. Interprétenlo como quieran. Tú, que me conoces, darás su recta exégesis a esta actitud. Soy degaullista convencido, después de haber sido algunos años atrás antidegaullista insensato, por crédulo a las patrañas propaladas sobre los futuros propósitos del egregio general. Hoy tengo muchísimos motivos para estar a su lado ?espiritualmente sólo, como no francés-; pero me basta y me sobra uno. Este: saber quienes son sus enemigos más encarnizados? ¡Los nuestros!?
Creo que no debes decir que te envié copia de esa carta porque ello podría ofender o rozar algunas susceptibilidades. Te la envío por dos razones: la primera porque conozco tu gran sentido político, afirmado en la realidad; y la otra porque sé que en ti no caben contra mí sospechas de oportunismo acomodaticio, o así. Di, sencillamente, que te escribí sobre el caso, y, si ello no va a redopelo de tu sentir, apóyame, para que los gallegos se adhieran específicamente al homehaje de América Latina a de Gaulle.
Yo trataré después de sacar de ello beneficiosas consecuencias para Galicia.
Querido Picallo: me pesan los 73 años que voy a cumplir, si Dios quiere, en enero próximo. Estoy muy fatigado; pero aún me cabe la esperanza de que el Señor (en quien creo, a pesar de las sonrisas de los ?espíritus fuertes?, que no se dan cuenta de que se les llama así por ironía ?como dice La Bruyère) me deje ver todavía cambios y mudanzas que me permitan exclamar, como el protagonista del drama de Tamayo: ?El Cielo me debía, tras tanto dolor, tanta alegría?.
Consérvate firme para acompañarme en ese bien ganado júbilo.
Un fuerte abrazo.?


Pouco despois, o 14 de decembro dese mesmo ano, Ramón Suárez Picallo falece no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires. César Alvajar finará en París ó ano seguinte: o 6 de xuño de 1965. A correspondencia entre eles dous (e tamén con Javier), de Buenos Aires a París, de París a Buenos Aires, en galego e en castelán, unidos polo amor a Galicia e traballando eles e outros máis polo seu futuro, marca un fito da nosa historia contemporánea. Porque, por riba de todo, significaba que Galicia, a pesar de todo, non estaba vencida.
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Correspondencia con César Alvajar - Publicado o 10-04-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAZ PARDO, HOMENAXEADO POLA CRMH
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica terá hoxe un emotivo recoñecemento para con Isaac Díaz Pardo e a súa traxectoria humana. Desde a nosa asociación sumámonos á homenaxe colgando neste blogue o nº extraordinario dos nosos Cadernos de Estudos Locais, da autoría de Xosé Díaz, e que, co título de Isaac Díaz Pardo e as Cerámicas do Castro, viu luz na homenaxe que lle tributamos o pasado mes en Sada.



Comentarios (0) - Categoría: ISAAC DÍAZ PARDO - Publicado o 09-04-2011 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
DE RAMÓN SUÁREZ PICALLO A EDUARDO BLANCO AMOR: EPISTOLARIO
Esperanza Mariño Dávila



Sobre a inconmensurable amizade que uniu dous carismáticos persoeiros -dentro da cultura galega, en particular-, pódense esbozar algunhas pinceladas biográficas significativas. Foi no ano 1924, en plena Ditadura de Primo de Rivera, cando nun café da Avenida de Maio de Buenos Aires de premonitorio nome (La Armonía), vanse coñecer un emigrante sadense desaliñado (1894-1964) e un dandi auriense, prófugo da guerra de África (1897-1979).

Pese á disparidade provocada pola aparencia física e mais a categoría, axiña comezan a primeira tarefa común: a codirección literaria da revista cultural Céltiga, da que a vea progresista e republicana non agocha o obxectivo: GALIZA. Ambos se inflúen; a férrea militancia sindical de Picallo marca ao amigo na cuestión social, en troques do abandono do galeguismo folclórico daquel a prol do futuro compromiso absoluto. Un ano despois, no seo da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (FSGA y C), forman parte da xunta executiva do radical El Despertar Gallego.

Logo se produce o primeiro afastamento. Ramón parte en 1926, comisionado polo Goberno arxentino como conselleiro na X Conferencia Internacional do Traballo en Xenebra (e visita Galiza); un bienio máis tarde, Eduardo volve á Terra durante uns meses.

Os dous abandonan Céltiga en 1929 por discreparen co director, que malversara fondos destinados á creación da Casa de Rosalía para axudar ao Seminario de Estudos Galegos. No ano 1931 Picallo regresa tras resultar elixido deputado nas Cortes republicanas de Madrid. Eduardo vese obrigado a volver pola enfermidade e pasamento da nai, acontecido en 1933, e obtén refuxio en Veloi; o vinte e cinco de xullo discursan a carón de Castelao e perante a estatua de Rosalía, en Santiago.

Nas eleccións de 1936, Picallo resulta reelixido por maioría, por diante de Castelao. Máis que a vibrante oratoria destaca a afinidade co pobo, por ter sido mariñeiro e labrego en Galiza; xa en Buenos Aires, peón de farmacia, mecanógrafo nunha oficina, cobrador, vendedor ambulante de lambetadas, lavalouza e pinche de cociña nalgúns barcos. Co tempo, simultanea os tardíos estudos de Bacharelato e Dereito co labor parlamentario.

Co remate da Guerra Civil ábrese o longo camiño do exilio, primeiro dominicano e logo, en 1940, chileno (que durará dezaseis anos). Mentres tanto, Eduardo vai permanecer en Buenos Aires, lugar vetado para o grande amigo pola súa significativa traxectoria política. No ano 1944 Castelao funda o Consello de Galiza na cidade porteña, do que formarán parte.

Polas adversas circunstancias, Picallo padece unha profunda crise que estala en 1946. A inmensa dor polo fracaso político dunha Galiza asoballada, a precariedade económica, unha saúde deficitaria e a tremenda soidade deixan o vello loitador reconvertido nun bébedo impenitente. Un trienio máis tarde, Blanco Amor desembarca en Santiago de Chile como profesor extraordinario para impartir uns cursos de lírica española. Prodúcese un emotivo reencontro tras unha ducia de anos sen se veren.

No hospital do Centro Galego de Buenos Aires ten lugar o pasamento de Picallo; Blanco Amor sofre unha severa crise nerviosa que o obriga a ingresar tamén, pois a negra soidade asústao. Apenas tres meses despois, en 1965, o ourensán decide volver definitivamente á Terra.

Sobre o epistolario, desenvolvido fielmente durante quince longos anos (1931-1946), cómpre realizar unha clasificación en tres grandes períodos cronolóxicos:

1. Prebélico (1931-1936).
2. Bélico (1936-1939).
3. Do exilio (1939-1946).
3.1. Exilio dominicano (1939-1940).
3.2. Exilio chileno (1940-1946).

Composto por vinte e catro cartas, nove delas están datadas en Madrid, coincidindo coa estadía parlamentaria (dúas no ano 1931, cinco en 1932 e outras dúas en 1936). Existe unha carta remitida desde Ourense en 1931, outras dúas desde A Coruña e Santiago de Compostela -un trienio e cuadrienio despois, respectivamente- e outra sen datar. Tamén hai outra única desde a Barcelona de 1936. Datadas en Ciudad Trujillo consérvanse tres. Por último, desde Santiago de Chile escríbense as sete restantes.

Ao longo do epistolario pódese albiscar o home ?íntimo?, ese que case nunca aparece nos libros. Non cabe dúbida de que a profunda amizade entre os dous desarraigados se desenvolve, en boa medida, pola situación marxinal, establecida nunha tripla fronte:

1. O amor absoluto pola Terra, manifestado a través da lealdade e o altruísmo, aínda nas circunstancias máis adversas e a través do tempo.
Sigo manteniendo dos principios: Galicia sobre todas las cosas; y después mis amigos personales, intelectuales y espirituales. (21/10/1940)

1.1. Tal amor leva emparellado a afección pola lingua, por máis que unicamente escriba tres cartas en galego. Porén, reacciona con enerxía na crise do escritor amigo.
Lo que en cambio me consterna es lo que me dices que dejas de escribir en gallego. ¡No! Tu no puedes ni debes hacer eso. Por que te perseguirá tu propia obra; esa bella obra que son latidos de tu corazon y pedazos de tu alma. Tu no harás eso. Escribirás en gallego a pesar tuyo. (8/3/1932)

1.2. A respecto da experiencia como deputado, en Madrid atópase a desgusto pola hipocrisía reinante e o tremendo traballo que debe realizar, tanto na primeira lexislatura como na segunda.
España non ten remedio. A nosa franqueza, ruda e limpa, choca; eu non me afago; eu afógome. (Xaneiro de 1932)
¡No puedo más! Los últimos exámenes, la Licenciatura, las primeras actuaciones forenses y encima la campaña electoral más dura habida y por haber. ¡A 17 mítines por día he salido! (1936)

1.3. O panorama político da época pode verse a través de personalidades concretas. Por exemplo, na crítica a Lerroux e Negrín ou na indiferenza de Villar Ponte no Parlamento. A esperanza de mudar Galiza pronto se tronza pola Guerra Civil; se algo aprendeu é que, en política, só triunfan os que se colocan sempre na ofensiva. Defenderse é só o fracaso: velaí unha das grandes leccións de Picallo! Xa no exilio, maniféstase anticomunista de xeito visceral, en oposición aos seus primeiros anos como delegado sindical. Afirma que
Castelao, desde que foi a Rusia, entregouse por enteiro. Aplebeyárono. En New York anduvo tolo pra que eu o axudase a servir o P.C. Eu botei vinte blasfemias seguidas e díxenlle que estaba irremisiblemente perdido se non reaccionaba. Non reaccionou e está feito unha piltrafa política. (1942)

2. O exilio. Malia os amores esporádicos e a intensa actividade pública, a vida de Picallo transcorre na máis absoluta soidade, intensificada nos intres críticos, como a morte dos familiares.
¡Santo Dios! Como ves, imagínate como estoy. ¡Ayudame! ¡Escríbeme! No tengo a quien hablarle en el mundo. (27/2/1940)
En mi angustia, en mi tristeza, en mi soledad y en mi hambre mando yo. (24/8/1946)

3. A común condición homosexual, de aí as delicadas e sutís confidencias.
De amores? Una cosa romántica, levisima. Residencia: La Coruña. 18 años de edad. Maravilla de ingenuidad y de gracia. Dos intentos que terminaron a sopapos. Dos viajes a San Sebastian. Total nada. ¿Y tu? (20/5/1932)
¿Tes amores? Eu tuven en Barcelona un romance inolvidabel. Alá quedou. En New York algunha aventura. New York e unha cibdade maravillosa. Aquí nada. Igual que Mugardos ou Carnoedo. (1942)
Las aguas de mi hermosa Ría de Sada, camino de los ?Caneiros?, seguirán azules de día y por la noche encendidas de ?ardentía? iluminando los cuerpos apolineos de los muchachos nadadores para delectación de nuestros ojos fatigados; (...). (24/8/1946)

Fronte a tanto trasacordo, parece brisa fresca o culto á amizade con Eduardo porque
nuestra amistad, clara y luminosa, está más allá de los triunfos y de las derrotas, más alla de nuestros defectos y de nuestras virtudes, más allá del bien y del mal. Más allá de todo. (6/9/1931)
¿Vale esto como pretexto para mi silencio de dos años? Por lo demás, los amigos verdaderos, como tú y yo, no hacen depender su amistad de una correcta regularidad epistolar. (...) Tu y yo nos dimos a la amistad y a nuestra Patria y eso nadie puede quitárnoslo. ¡Todo lo otro es anécdota intrascendente! (...) Yo te juro por el amor y la memoria de mis muertos, que en esas tierras, en la casa y en el cariño de los que quedan en mi humilde hogar de Beloy, tienes tú, para disfrutarlo en pleno dominio, la mitad de todo. Siempre tendrás allí un amable rincón; (...). (24/8/1946)

(Texto publicado no libro Ramón Suárez Picallo, a voz esquecida do galeguismo.Comisión Irmáns Suárez Picallo.A Coruña 2009)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-04-2011 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
A CRMH HOMENAXEA A DÍAZ PARDO
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña está a realizar diferentes actividades ao longo deste mes, coincidindo co 80 aniversario da proclamación da II República. O pasado día 6 rendíaselle unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo que continuará o próximo sábado 9 co seu nomeamento como Republicano de Honra e coa celebración da tradicional CEA DA REPÚBLICA, da que se dá a seguinte información, para quen estea interesado en asistir:

Sábado, 9 de abril

Ás 19?30 h., no Memorial da Avenida Navarra, acto de lembranza ás vítimas do franquismo.

Ás 21?00 h., no Hotel Meliá María Pita (fronte a praia do Matadoiro da Coruña), CEA DA REPÚBLICA, coas actuacións musicais de Miro Casabella e Mini e Mero, do grupo ?A Quenlla?. Entrega a Isaac Díaz Pardo da distinción ?Republicano de Honra 2011?.

Inscricións para asistir á cea, a ser posible, antes do 7 de abril, no teléfono 645029338. Ingreso de 21 euros na conta 2096 0489 11 32753310045. Tamén pódese pagar no hotel antes da cea.

Desde este blogue, a A. C. Irmáns Suárez Picallo súmase a este recoñecemento a Isaac Díaz Pardo, que o mes pasado foi nomeado Socio de Honra da nosa Asociación.

As actividades de abril concluirán o venres 29 ás 19:45 h. no Kiosko Alfonso, coa presentación da publicación ?Vivas en nós. Mulleres represaliados polo franquismo a raíz de 1936?, coa participación das autoras : Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer, (nº1 da colección ?Cadernos Republicanos?).
Comentarios (0) - Categoría: ISAAC DÍAZ PARDO - Publicado o 07-04-2011 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
CHARLES CHAPLIN E A LEI MANN
A Lei Mann, unha lei federal estadounidense, castiga ás persoas que conscientemente trasladan a outra en comercio interestatal o extranxeiro "coa a intención de que esa persoa participe na prostitución ou en calquer actividad sexual pola que unha persoa sexa acusada dun delito penal".
En 1944 Charles Chaplin é acusado e xuzgado como o fora xa con anterioridade, despois de múltiples vodas e divorcios que remataron nos Tribunais con fortes indemnizacións...
RSP disculpao e anima a trasladarse a México onde será ben recibido que quizais chegue a producir alí algunha nova xenial creeación...


6 de abril de 1944

LA ABSOLUCIÓN DE CHAPLÍN


Por Ramón Suárez Picallo

Millones de personas, a todo lo largo y lo ancho del mundo, hemos seguido, paso a paso a través de las noticias dadas al respecto, el proceso que se le sigue a Carlitos Chaplín en Estados Unidos, por el supuesto delito de inmoralidad, con violación de la ley de Mann, que se refiere a la trata de blancas. El gran artista había trasladado, por su cuenta, de un Estado a otro, a Joan Barry, pagándole el pasaje y la estada en Nueva York, con la generosidad que caracteriza al famoso bufo, sobre todo, cuando se trata de mujeres bellas, con condiciones para el arte.

El viejo puritanismo cuáquero, tristón y sombrío, se ha aliado con un notorio afán de lucro, chantagista y codicioso, para darle a Chaplín un nuevo dolor de cabeza, y entrar a saco en su fortuna y en su honra, siguiendo viejas prácticas, antiguamente muy en boga, entre el numeroso ?lúmpen artístico? de Hollywood, y del que fue, en reiteradas ocasiones, víctima propiciatoria, el más genial artista de la pantalla del mundo.

Quizás por ser genial, Chaplín, es, en orden a sus pasiones y problemas afectivos y carnales un ?incontrolado?. Sus múltiples casamientos y divorcios, terminados casi siempre en los Tribunales, con pago de fuertes indemnizaciones, sus pleitos conyugales con ?investigaciones sobre paternidad?, y su afán reincidente por buscarse complicaciones, lo señalan como tal incontrolado, y han hecho de él una especie de ?piedra del escándalo?, a juicio de la moral condicionada y pacata que practican las gentes comunes, ?ponderadas, ecuánimes y de costumbres morigeradas?.

Pero, aun siendo así, Chaplín no hubiera sido tan infortunado, si no fuese como es, hombre de cuantiosa fortuna y de universal fama; en efecto, la mayoría de los pleitos en que fue parte, iban derechos a su cartera, en busca de participación en su dinero, más que en busca de reparaciones a la moral ultrajada por él, según sus contrincantes.

¡Dios Santo!, y lo que sucedería en el mundo, si los Tribunales de todos los países entrasen a entender en los viajes, paseos, traslados y mantenciones hechos por hombres con mujeres, con fines pecaminosos señalados, en el tercero de los pecados capitales, al margen y por encima del Séptimo Sacramento de la Iglesia y hasta de las leyes civiles que regulan las relaciones íntimas entre los sexos. El mundo quedaría dividido en jueces y reos ?con muchísimos reos entre los propios jueces? y a duras penas, sólo una minoría ínfima, podía quedar en la categoría de ?espectadores imparciales? del gran proceso. Ello no ocurre porque, muy pocos hombres de cuantos desean la mujer que no es suya, se llaman Chaplín, con fortuna y fama bastantes para repartirlas entre el prójimo contrincante y hacer de sus ?pecados? noticia y comentario internacionales.

Con permiso de los severos y austeros jueces norteamericanos, y de la rígida moral de las ?leyes azules? de Guillermo Penn, diremos que este proceso de Chaplín con Joan Barry, es una ridiculez grotesca, con evidentes síntomas de haber también chantaje por el miedo, lo cual no impide que el gran cómico estuviera a menos de un pelo de ir a presidio, como un ?gang? cualquiera, quizás con mayor condena que un pistolero de los tiempos de Al Capone.

Menos mal que el Jurado, institución representativa del buen sentido popular norteamericano, y del instinto de justicia que late en todas las personas de bien, evitó el desatino, dictando un veredicto absolutorio que declara a Chaplín inocente del principal delito que se le imputaba. Y no deja de ser significativo que, en pleito de tal jaez, típicamente ?de faldas?, el Tribunal que lo absolvió en parte después de una deliberación de seis horas, estuviese compuesto por una mayoría femenina. Ha triunfado, una vez más, aquí, el fino espíritu de comprensión de las mujeres, para juzgar los pecados de los hombres referentes a sus relaciones con ellas. ¡Se ve que ?conocían el paño? en que quería cortar la Joan Barry, haciéndose la puritana, después de haber aceptado sin escrúpulos, viajes y dádivas!

Quizá sea ésta la primera y única vez que las mujeres con quien tuvo que habérselas se portan decentemente con Carlitos. Ello no lo autoriza a reincidir en sus afanes protectores, y, más bien, es el caso de aconsejarle que, después de los experimentos sufridos, morigere, él también, su dramático anhelo de pedirle peras a un albaricoque: Buscar la felicidad, el amor, el entendimiento, la fraternidad y el desinterés afectivo, entre las muchachas jóvenes de Hollywood, todas, con rarísimas excepciones, con la cabeza llena de viento, no es otra cosa que eso; pedirle peras a un árbol que no las da.

Se informa que Chaplín estuvo muy apenado durante todo el juicio, y que cuando el proceso termine piensa retirarse a una finca que ha comprado en las proximidades de Ciudad de México. La idea es magnifica. México es un excelente refugio para todo género de apesadumbrados y entristecidos. Su clima, su sol y el espíritu amable de sus gentes, le darán a él la sensación de humanidad, alegre y acogedora, desconocida en el mundo del celuloide de Hollywood, donde se amasaron -¡es cierto!? famas y fortunas, pero también donde se engendraron terribles dramas humanos. Entre ellos, la infinita amargura de Carlos Chaplín, el hombre que hizo reír a más gentes en el mundo.

Quienes le admiramos, le damos la enhorabuena, por la primera absolución y por la ventura que le espera en México, si su inquietud le permite quedarse allí una buena temporada, será tratado a cuerpo de rey por la hospitalidad mexicana y ¿por qué no? Quizá haga allí alguna nueva obra maestra, hija de su genio y de la paz de su espíritu.

(Artigo publicado no xornal La Hora en Santiago de Chile o 6 de abril de ... 1944)
Outro artigo de RSP sobre CHARLES CHAPLIN
Sobre a demanda de Joan Barry
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Persoeiros (artistas) - Publicado o 07-04-2011 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
PRENSA MAL INFORMADA (morte de Turina en 1949)
RSP comenta como o redactor dun xornal chileno -en marzo de 1949- fala da morte de Joaquin Turina sen precisar a data exacta e mantén que nos xornais de Chile,si se publicou dita nova, pasou inadvertida. Suárez Picallo comenta neste artigo que dita morte anunciouna o Diario MERCURIO o 15 de xaneiro pasado e RSP no xornal LA HORA, uns días despois o 22,falou sobre o músico falecido, criticando ao tempo a mala información que están a dar algúns medios de informacións chilenos...


5 de abril de 1949

POR FALTA DE INFORMACIÓN


Por Ramón Suárez Picallo


?El Diario Ilustrado?, edición del domingo 27 de marzo de año en curso, publica en su página de Redacción, después de dos muy sesudos editoriales, un artículo elegíaco y apologético, sobre el fallecimiento del gran músico español Joaquín Turina. Lo firma el señor ?L.G.? ?muy señor nuestro? y lo comienza con estas preguntas: ¿Cuándo murió el último de los cuatro grandes músicos, fundadores de la Escuela Musical Española Moderna? La fecha precisa ?agrega? no la sabemos. Parece que afines de enero, según recorte de un diario argentino, que hemos visto casualmente. Lo cierto es que hasta Chile no llegó la noticia, y si se publicó, pasó inadvertida.

Bien se echa de ver ?por las líneas transcriptas? que el redactor del gran diario católico chileno, practica aquel viejo dicho español que afirma: ?Lo que no está en mis papeles, no existe en el mundo?. Porque, lo cierto es, que la muerte del Maestro Joaquín Turina, la dio ?El Mercurio?, de Santiago de Chile, el día 15 de enero, o sea, a las pocas horas de su deceso. Y, por su parte, el diario ?La Hora? en su edición del sábado 22 del mismo mes, publicó en esta misma página, un artículo a dos columnas de su redactor, Ramón Suárez Picallo , sobre el gran músico fallecido, en el que consta una biografía muy completa del maestro; un guión de todas sus obras, y un comentario de su significación católica, romántica y tradicionalista. Y más aún, Suárez Picallo decía en su artículo: ?Joaquín Turina, heredó de su padre ?pasable pintor? la delectación colorista; por eso los críticos de su obra, destacaron siempre su índole policroma, muy propia de un hijo de una tierra ?Andalucía? en la que tienen color hasta la luz y las palabras?. Por su parte, el señor ?L.G.? dice en su artículo: ?Joaquín Turina, tenía, como auténtico andaluz, el espíritu luminoso de su tierra, y lo llevaba al pentagrama, tamizando y ennobleciendo los colores y resplandores regionales, a través de una sensibilidad maravillosamente afinada en las disciplinas clásicas?. Y hay aún más; al redactor de ?El Diario Ilustrado?, se le escapó destacar que Joaquín Turina fue ilustre crítico musical del diario católico, ?El debate? de Madrid, circunstancia que destacó noblemente el redactor de ?La Hora? a pesar de ser ?de la otra cuerda?.

De todo lo cual se desprende una conclusión: que antes de decirle al público tonterías, conviene informarse mucho, especialmente cuando se habla de personajes ilustres, para no dar motivo a que se le diga a quien habla o a quien escribe, que se informe debidamente acerca de lo que dice y de lo que afirma.

(Artigo publicado no xornal La Hora en Santiago de Chile o día 5 de abril de ... 1949)
Artigo sobre Joaquin Turina de RSP que se cita
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Persoeiros (artistas) - Publicado o 05-04-2011 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
AS MULLERES NA POLITICA (1950)
Primeiro Congreso Nacional de Mulleres en Chile (1944)

Ramón Suárez Picallo, defendeu a participación da muller na vida pública e na política.Como deputado republicano poidemos ver hai uns días -nunha serie da TVE sobre Clara Campoamor- como apoiaba co seu voto afirmativo o dereito ao voto da muller.
Neste artigo, publicado en Chile no dia de hoxe pero en 1950,celebra que nas eleccións municipais de dita capital, nun dos seus distritos, sairan elexidas as catro mulleres que se presentaban como candidatas...


4 de abril de 1950

SI LAS MUJERES MANDASEN


Por Ramón Suárez Picallo

Para quienes fuimos cocineros antes que frailes, o sea que antes de ser honestos, ponderados y ecuánimes periodistas, hemos metido baza en el juego de la política, resulta siempre interesante presenciar una elección, aun que sea sólo municipal. Por eso, en recuerdo de remotísimos tiempos y lejanos países, y llevados por una melancólica saudade democrática, y cívica, recorrimos el pasado domingo varios recintos políticos y electorales, instalados en nuestro barrio.

Primero fuimos a un Comité comunal situado a unos cincuenta metros de nuestro domicilio. El carnet profesional, emitido a favor nuestro por el Círculo de Periodistas y rubricado con su sello redondo e impresionante del Cuerpo de Carabineros de Chile, fue el ?Sésamo ábrete?, para penetrar en el aquel templo lleno de devotos de varias cataduras, casi todos distintos y opuestos a los principios e ideales que informan al Comité.

Y en medio de la gran baraúnda partidista se levantó una señora de media edad ?más bien cuarentina que cuarentona- y puso de patitas en la calle a un grupo de tunantes que se proclamaban amigos, correligionarios y quien sabe que cosas más, del candidato del Comité.

Aquí no hay dinero para nadie ?advertía a voz en cuello la dama comitente-; y además, aquí no se vota. La mesa más próxima está en la calle tal, número cual. Váyanse allí y voten si quieren, y si no, no voten. Y los pilletes de la Democracia y del sufragio universal salieron, mohinos y cabizbajos, mientras el candidato los miraba con verdadero de hablarles; eran siete votos, tan turbios como los siete pecados capitales, pero siete votos al fin.

Los hemos seguido, discretamente, unas cinco cuadras, hasta otro Comité político de un Partido totalmente opuesto, en el que no les fue mejor que en el primero. Aquí les salió al paso otra mujer, preguntándoles que querían. Parece que se lo explicaron, pues la señora, montando en santa cólera cívica, los cubrió de injurias, mientras extendía el índice de la diestra mano, mostrándoles la calle, desde la imponente altura de un metro y ochenta centímetros de humanidad femenina.

Los gallos cívicos salieron gritando y se fueron a los alrededores de la mesa electoral indicada en el primer Comité. Y tápate, allí que les sale al paso otra mujer, que los denuncia a la paciente y cachazuda ronda de carabineros, como a sujetos de mal vivir y de peor andar.

Documentos ?dice el jefe de la patrulla-. Y nadie tenía sus documentos en regla y mucho menos para poder votar tal como lo marca la Ley, pues eran todos del barrio antípoda de la ciudad que ?bajaban? al otro para sus negocios electorales.

Más tarde hemos hablado con las señoras que malograron el cohecho y la trampa electoral. Y al conjuro de nuestra charla con ellas, hemos recordado la popular coplilla aragonesa de ?Gigantes y Cabezudos?.

?Si las mujeres mandasen, en vez de mandar los hombres; serían balsas de aceite los pueblos y las naciones?.

Y hemos recordado aún otra anécdota: aquella en que las fuerzas políticas dueñas de la fortuna, ofrecen a un pueblo pobre, algunos objetos materiales de comer y de dormir, a cambio de su voto. Y es un matrimonio anciano, sin más fortuna que el día y la noche, quien contesta en nombre de la comunidad a la oferta, con estas palabras: ?En nuestro frío y en nuestra hambre, mandamos nosotros?. Y fue la mujer quien dio la ejemplar respuesta.

Todo lo cual, va dicho a cuenta de qué en las últimas elecciones del Primer Distrito de Santiago han triunfado las cuatro mujeres que se presentaron como candidatas, lo que puede ser un indicio de que muy pronto van a mandar las mujeres, en vez de mandar los hombres.

(Artigo publicado no xornal La Hora, en Santiago de Chile, o día 4 de abril de... 1950)
O voto feminino na España de 1925 (Revista Mariñaña, páx. 11)
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Tal día como hoxe... - Publicado o 04-04-2011 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO, O SADENSE UNIVERSAL: EXPERIENCIA CHILENA (1941-1956)
Edmundo Moure



Limiar

O seguinte traballo ten como tema principal a influencia do xornalista galego Ramón Suárez Picallo no ambiente periodístico e cultural chileno no período que vai dende 1941 ata 1956. Ademais, tenta salientar o seu indicutíbel aporte en prol de manter unha imaxe viva de Galiza dende o exilio republicán, outorgándolle á súa labor un xeito de solprendente universalidade.

Na sociedade chilena da época en que lle tocara vivir a Ramón, comeza a se xestar un novo marco cultural e ideolóxico nos estratos urbanos. Cando arribara a iste recuncho da fin do mundo o fillo de Veloi, podíanse atopar numerosas correntes literarias europeas e norteamericanas, inseridas na creación cultural chilena. Na coñecida Xeración do '38, a que pertencen nomes como os de María Luisa Bombal ou Francisco Coloane, tivera un peso notorio o impacto da Guerra Civil Española, así como el florecimiento cultural originado por la presencia en América y en Chile de un selecto grupo de intelectuales y artistas que, tras el fin de aquélla, optó por el exilio, segundo as palabras do historiador chileno Sergio Villalobos . É o noso cronista, sen dúbida, membro salientábel da devandita xeración.

A singularidade do intelectual Suárez Picallo radica non só nunha prolífica pluma, coa cal abordou os máis variados temas, principalmente en xornais como "La Hora", e o seu vincallo coa sociedade chilena da época e os intelectuais que chegaban da península. Hai que sinalar tamén que Suárez Picallo, como exiliado, puxera moitos dos seus esforzos nas tarefas políticas vencelladas ao galeguismo republicano. El mesmo librara unha grande loita por conciliar os intereses unitarios dos socialistas españois dentro da política peninsular coas súas conviccións autonomistas, tanto dende Chile como na Arxentina e no Uruguai, baixo os presupostos xerais de Alfonso Castelao.

Para o país da acollida da súa primeira estancia no Cono Sur Latinoamericano, o autor amosa un grande afecto e gratitude. Como el mesmo sinalara, la prensa chilena es una de sus industrias progresistas, tanto en su fisonomía como en el espíritu que la alienta, a una manera de pulso, corazón y alma de una Democracia integral ampliamente vivida. Noutra crónica, afirma que (yo) nunca ejercí en ninguna parte la profesión de periodista con mayor gusto placidez espiritual y mental, que la que ejerzo aquí en Chile, al lado de una diaria convivencia con los continuadores del fundador y maestro de la Aurora [de Chile]. Suárez Picallo fai referencia ao mais antigo xornal da nova república, que fundara, en Santiago, o ilustre frei Camilo Henríquez, en 1812.

Queremos recoller eiquí os alcances dese espírito, en primeiro lugar como xornalista, e asemade como activista político para o recoñecemento de Galiza, coma unha nación diferenciada, nesta parte do continente americano.


A paixón xornalística

Nos seus dezaseis anos de exilio en Chile, Ramón Suárez Picallo asumiu ?para vivir e subsistir-, segundo as súas propias palabras- o oficio de xornalista. Primeiro, escribindo para o xornal ?La Opinión?, dende febreiro de 1941 ata xuño de 1942. O 14 de xullo de aquel ano ingresa como columnista no periódico ?La Hora?, órgano de prensa que daquela pertencía ó Partido Radical, colectividade política que ía gobernar Chile entre 1938 e 1951. Vai ser a época máis prolífica para o fillo de Sada, a través do aporte da súa columna diaria nas páxinas de opinión do prestixioso matutino, xunto a outros cronistas e colaboradores chilenos ocasionais, como Augusto D?Halmar, Fernando Santiván, Víctor Domingo Silva e Ricardo Latcham, dentro dunha tradición moi hispana de ofrecer a presenza habitual de importantes ?plumas? ou ?firmas? que o lector podía seguir regularmente.

Vai ser unha década de traballo en ?La Hora?, dende o 14 de xullo de 1942 ata o 9 de xullo de 1951, cando suspende as súas crónicas cotiáns para facer unha viaxe a Punta Arenas, continuando aló tarefas políticas vinculadas ó galeguismo republicano, un tanto desperfilado despois da morte do seu grande líder natural, Alfonso Rodríguez Castelao, acaecida ó 7 de xaneiro de 1950. Traba contacto co Antonio Souto, o famoso líder da Patagonia rebeldde e vaise relacionar cos entusiastas membros do Centro Galego puntarenense, onde ofrecera unha conferencia maxistral sobre Rosalía de Castro.

No derradeiro período de Suárez Picallo como cronista en Chile vaise estender entre 1954 e 1956, escribindo dende Santiago para o xornal ?El Sur?, da cidade de Concepción, onde retoma a súa ?Feria del Mundo? e entrega un centenar e medio de crónicas... Á finais de xuño de 1956, adoecido dunha enfermidade cardíaca e aguda estreitura económica, vai poñer fin ó frutífero periplo chileno, para se radicar definitivamente en Bos Aires, onde participará no Primeiro Congreso da Emigración Galega, entre o 24 e o 31 de xullo de 1956. O 14 de outubro de 1964 vai ocorrer o seu pasamento, no Sanatorio do Centro Galego. É preciso ter en conta a progresiva perda de interlocutores republicanos y galeguistas en Chile, escasos comparados cos seus pares da populosa ?quinta provincia?, como daban en chamar os galegos á capital arxentina. A soidade do cronista vaise tornar insoportábel, forzando a súa partida, logo de escribir algunhas confesións:

Para quien ama, como a la propia luz de sus ojos, a la tierra en que nació y sobre la cual hizo su espíritu el primer aprendizaje de belleza y de amor, hay una tremenda y dramática palabra que resume todas las desventuras. ?Desterrado?, es la expresión, de desconsuelo, de angustia y de amargura, que gravita hoy sobre miles de almas, alejadas de su medio propio. No hay para el dolor que las agobia posibles paliativos. Ni la hospitalidad, ni el afecto, ni la estimación, ni el pan, ni el vino ofrecidos sobre la mesa extendida, tienen fuerza bastante para hacerles olvidar su triste condición de desterrados; es decir, de apartados de su propia tierra, de su hogar y del camposanto donde reposan sus muertos queridos.

Xa destacáramos a enorme cantidade de artigos e crónicas saídos da pluma de Suárez Picallo ?arredor de dúas mil páxinas- escritas, maioritariamente, baixo o título de ?La Feria del Mundo?, ó que vaille engadir outros encabezados de menor regularidade, como: ?Minutos?, ?Buenas Tardes?, ?Arte y Emoción de España?, ?Cosas de Ayer?, ?Efemérides Literaria?, e algúns ocasionais, cando a oportunidade así o suxería.

A súa labor xornalística en Chile chega a constituír máis do oitenta por cento de toda a súa obra escrita. A iste traballo monumental de ?La Feria del Mundo?, engádese hoxe a publicación, pola Fundación Suárez Picallo de Arxentina, dos artigos publicados en xornais bonaerenses, case todos eles de contido e intencionalidade política.

Ó percorrer dos años e na medida en que o mundo vai superando as feridas da posguerra, pódese atopar nos seus escritos un paulatino desencanto da Unión Soviética e doutros países da chamada ?órbita comunista?, xunto a súa adhesión, a ratos hiperbólica e inxenua, polas grandes democracias occidentais.

Hai asuntos nas súas crónicas que aínda non perden actualidade, pese ó transcorrer do tempo, como as loitas entre árabes e xudeus na vella Palestina. Mentres as Nacións Unidas aprobaban a creación do Estado de Israel, en 1948, sucedíanse atroces actos de terrorismo perpetrados por israelitas, ingleses e palestinos, en medio das liortas diplomáticas e políticas que carrexara o cambio de mando e as novas estruturas de poder, aínda en conflito despois de medio século de enfrontamentos.

A prosa de Suárez Picallo é áxil e certeira, en estilo descritivo abundante en expresións discursivas, propias dun hábil orador político, de formación autodidacta, fogueado en lides oratorias parlamentarias, cando exercera como deputado galeguista nas Cortes da II República. Percorre tamén a xeitos, modismos e ditos populares hispánicos que se van repetindo no fluír torrencial das súas crónicas.

Emprega unha boa cantidade de palabras e frases curtas na súa amada lingua galega, sen traduci-las, ás veces, castelanizándoas, como se buscara con aquilo un nexo coa Matria remota, fío afectivo na distancia dolorosa da memoria tribal. Asemade, percorre con asiduidade ós lugares comúns, habituais, certamente, na xerga xornalística do seu tempo. A extensión destes escritos con que Ramón obtía a súa ?calderilla? para subsistir, vai abranguer entre catro ou cinco follas a espazo simple; a miúdo trátase dos temas ou tópicos relacionados entre si; ás veces, o xornalista escolle motivos disímiles para poder cumprir coa encomenda da súa xornada, co resultado non sempre feliz. Mais Pick-Up dáse maña, co seu amplo acervo cultural e lingüístico, para compoñer textos de notábel factura, sobre todo aqueles nos que refulxe a oración longa e melodiosa, apaixonada e acendida cando trata os asuntos máis caros ao seu corazón de transterrado galego.

Ramón Suárez Picallo non foi militante do Partido Socialista Obrero Español, fundado polo obreirista galego Pablo Iglesias, por quen Pick-Up expresa, en varios artigos, a súa total devoción. Deputado republicano nas Cortes da II República Española, de orientación socialista, Suárez Picallo vai loitar por conciliar os intereses unitarios dos socialistas españois dentro da política peninsular coas súas conviccións autonomistas. Así vai expresar, nalgunhas das súas crónicas, especialmente as que van entre 1944 e 1947, a súa adhesión ó ideario galeguista que sustentaba xunto a Alfonso Castelao, Elpidio Vilaverde e Alonso Ríos, cos que fundara o Consello de Galiza en Montevideo, entidade que procuraba outorgar un amplo sustento ás proposicións dos exiliados galegos para revitalizar a ?cuestión autonómica?, antiga aspiración frustrada polo alzamento franquista e a posterior guerra civil.

Xunto ó impulso outorgado ó Consello de Galiza, os galeguistas daban apoio decididamente a Galeuzca (Galiza, Euzkadi e Cataluña), entidade que representaba e defendía as aspiracións das tres ?nacionalidades históricas diferenciadas? de España, posuidoras de lingua, historia e cultura particulares dentro do variado espectro dos españois.

Sen levar ó cabo un aberto proselitismo, Suárez Picallo vai expresar, a través dalgunhas crónicas puntuais, a súa posición fronte o dereito de Galiza de darse un goberno autónomo nos ámbitos administrativo, educativo e cultural, sen emular as arelas de Euzkadi e Cataluña por constituír estados independentes dentro dunha Federación Española. Pick-Up vai poñer o acento nas particularidades do antigo Reino de Galiza e nas súas achegas nos mais diversos ámbitos do quefacer humano: lingua, literatura, música, arte, industria, dentro de España e máis alá das súas fronteiras, no secular proceso de emigración que outorga a ?lo gallego? características singulares. Dende as cantigas medievais galaico-portuguesas, pasando polos precursores do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, ata Ramón del Valle Inclán, Alfonso Castelao, Noriega Varela y Blanco Amor, Suárez Picallo vai rescatar eses universos creativos para renova-los no pulso cotián dos seus mellores artigos de prensa.

?La Feria del Mundo? cumpre o obxectivo de entregar ó lector unha visión ampla do acontecer da época, ?feria? ou Feira sen dúbida variada e polícroma, virtual calidoscopio da realidade conxuntural e dos espazos da señardade, co aderezo oportuno da anécdota, cos aportes y coñecementos que nutrían ó lector dos años 40? y 50? que se deu en chamar ?cultura xeral?, cando se lle outorgaba importancia a certa formación humanista do cidadán medio. O propio autor explícita así os seus propósitos, nun vibrante artigo dedicado o recordo do primeiro xornalista Frei Camilo Henríquez:

Para quien estas líneas escribe, el recuerdo de ?La Aurora de Chile? y de su fundador tiene matices de emoción muy singular; periodista en Buenos Aires, en Madrid y en Vigo, en Nueva York y en Santo Domingo, en horas de optimismo y de placidez y en otras de dolor y de amargura, al recalar en Chile, pudo ser lo mismo que fuera en otras partes; periodista, que se gana el pan con la pluma, hace a su manera patria, y vive la fraterna amistad de los discípulos de Camilo Henríquez, como si fuesen de la propia familia, sin más saudades ni añoranzas que las de la Patria lejana; de su mar, de su tierra, de su hálito. Yo nunca ejercí en ninguna parte la profesión de periodista con mayor gusto placidez y espiritual y mental, que la que ejerzo aquí en Chile, al lado de una diaria convivencia con los continuadores del fundador y maestros de la ?Aurora?.

Evocar a figura de Frei Camilo Henríquez, director e fundador da Aurora de Chile, é vivir un pouco nos días, en verdade aurorais, en que esta España ultramarina que é América, loitaba a brazo partido pola causa da liberade dos seus pobos; en tan nobre contenda foi combatente ardoroso o famoso Frei da Boa Morte, posuidor do que nos últimos tempos se deu en chamar ?armas novas?. Arma, a súa, marabillosa, porque, sendo útil na guerra, é moito mais nas xornadas da paz e do progreso: A Prensa, vehículo sempre en marcha, condutor da idea, expresado no prodixio da palabra escrita, para deleite dos ollos e iluminación dos espíritos, a palabra que por ser o Verbo, é a expresión articulada do que home ten de Deus.

Todo viajero inteligente, al llegar a un país extranjero, lo primero que hace, es ver y leer sus diarios. El que llegue a Chile y haga eso, puede tener una idea cabal de lo que Chile es. Porque, digámoslo de una vez, la prensa chilena es una de su industria las progresistas, tanto en su fisonomía como en el espíritu que la alienta, a una manera de pulso, corazón y alma de una Democracia integral ampliamente vivida.

Suárez Picallo é o prototipo do xornalista forxado na disciplina solitaria da máquina de escribir (daquela non existía o ?xornalismo profesional?) que exerce unha sorte de diario apostolado da pluma, asumindo e outorgándose unha misión didáctica de servizo público, acorde cos presupostos neopositivistas vixentes, que resaltaban o progreso científico e tecnolóxico como grandes panaceas para conxurar os males da humanidade. Ademais disto, se lle poder engadir a súa fe irrecusábel nos valores esenciais da democracia: liberdade, igualdade e fraternidade; asi mesmo, o seu convencemento de que os ?buenos y generosos? íanse a impoñer ó cabo ós ?malos y egoístas?, fórmula de candoroso maniqueísmo con indicios románticos.

A súa visión dos temas chilenos está salientada polo afecto e a gratitude que sinte cara ó país que lle acolleu nas duras circunstancias do exilio. Ramón vai manifestar o seu interese por diversas expresións da cultura chilena, como o teatro, a música e a literatura, relacionándoas adecuadamente coas súas raíces hispánicas. Para isto vai contar coa presenza activa de figuras da ?España peregrina? asentadas no noso país, como Margarita Xirgu, José Ferrater Mora, José Ricardo Morales i Santiago Ontañón, entre outras. A través destas hábiles relacións culturais vai recrear valores inmorredoiros de ?las Españas? -como da en chamar á patria de Cervantes, Quevedo, Lope de Vega i García Lorca- e pon énfase na rica pluralidade das súas culturas particulares e nas súas sementes xerminadas en América. Con isto comproba, o noso grande Ramón, a universalidade que alcanzan os intelectuais e creadores galedos, sen perder a súa identidad e os seus vencellos coa ?pequena patria?.


O periplo pechado e a memoria recuperada

Este ano de 2008 déramos remate ?grazas ás autoridades edilicias de Sada, aos seus investigadores e mestres- ás arelas de recuperación e publicación da obra xornalística de Suárez Picallo en Chile, coa edición, polo Consello da Cultura Galega, de ?La Feria del Mundo?, axeitada escolma de cento corenta e nove artigos, libro que tiven a honra e a ledicia de presentar en Sada, o 29 de maio, nunhas inesquencíbeis xornadas. No pasado mes de outubro, as cinzas de Ramón foran depositadas en Fiunchedo, sobor das colina que miran a súa amada mariña de Sada. Agardamos agora a edición dun CD coa opera magna de Ramón, as súas mil crónicas, para estudo, coñecemento e ledicia dos lectores que virán...

Porque isto non remata aquí. As homenaxes, os monumentos e as lápidas en pedra, non chegan para faceren xustiza aos homes que, como Ramón Suárez Picallo, entregaran unha vida enteira á materialización dos seus soños de liberdade, lonxe da patria, nun exilio acrisolado polo desarraigo, sen esquencer á casa petrucial nin as loitas dos seus irmáns lonxanos. Agora temos outra tarefa por diante: manter viva nas xeracións futuras a memoria do noso Ramón, sadense, santiaguino, bonaerense, galego universal, en suma. Para iso están os mestres, os investigadores, os intelectuais que, de confín a confín, facemos nosa a herdanza da súa verba escintilante e perdurábel.

(Artigo publicado no libro Ramón Suárez Picallo, a voz esquecida do galeguismo. Comisión IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, 2009)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 03-04-2011 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
NOVOS NOMES PARA AS RÚAS DE SADA
O Concello de Sada, en pleno celebrado o 31 de marzo de 2011, ven de acordar varios cambios no nomenclátor local. Deste xeito, varias rúas, prazas e avenidas do municipio levarán nomes de personaxes que se destacaron en diferentes campos e que, na maioría dos casos, gardan unha estreita vinculación con Sada, por teren nacido ou residido aquí. Isaac Díaz Pardo, Manuel L. Freire-Calvelo, Emilia Pardo Bazán, Ricardo Flores, Xohán Vicente Viqueira ou Antonio Sanjurjo Badía serán algúns dos novos nomes.

Desde a nosa asociación aplaudimos esta decisión, pero entendemos que o feito de dedicar un espazo público a un individuo será un acto moito máis completo se se fai chegar aos veciños o porqué dese nomeamento e se serve para difundir o coñecemento acerca desa persoa. Por ese motivo estamos a traballar nun proxecto que sirva para difundir as biografías e as obras destes novos nomes, mediante charlas e publicacións que iremos anunciando.



Comentarios (0) - Categoría: ISAAC DÍAZ PARDO - Publicado o 02-04-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DUN LIBRO DE MANUEL MONGE

Onte, 31 de marzo de 2011, tivo lugar, na Casa Municipal da Xuventude o acto de presentación do libro de Manuel Monge A historia secuestrada polo franquismo, ante un público que encheu a sala, e entre o que se atopaban Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias de Castro.

Abriu o acto o integrante da nosa asociación Manuel Pérez Lorenzo, que presentou aos poñentes e fixo referenza a que esta presentación sexa a primeira de moitas que a A. C. Irmáns Suárez Picallo ten pensado traer a Sada.

En segundo lugar, falou Abel López Soto, alcalde de Sada, lembrando empresas culturais comúns con Manuel Monge, ao que o une unha amizade de moitos anos.

Acto seguido falou Francisco Pillado, director de Edicións Laiovento, a editorial na que ve luz o libro. Nunha disertación brillante, comentou a obra de Monge e as contradicións da España actual no que toca á visión que temos do noso pasado.

Por último, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, presentou o seu libro, A historia secuestrada polo franquismo, repasando os seus contidos: os autos do xuiz Garzón, as actuacións da CRMH nos últimos anos para conseguir cambios tan significativos como a supresión da simboloxía franquista, o Pazo de Meirás... abordando tamén a crítica de personaxes procedentes da ditadura como Manuel Fraga ou Juan Carlos de Borbón.

Finalmente tivo lugar un coloquio, que foi breve polo avanzado da hora.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-04-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0