A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÉCIMO ANIVERSARIO DA MORTE DE LUISA VILLATA
Dez anos sen Luísa Villalta

Sermos Galiza


De repente, conmocionando o mundo literario no que ela estaba tan inmersa, morría o 6 de marzo de 2004 na Coruña a escritora e música Luísa Villalta. Autora dunha obra que visita poesía, narrativa, ensaio, teatro e xornalismo, o nome de Luísa Villalta agromaba nun sinfín de iniciativas que reclamaban dereitos e liberdades sociais e nacionais.
C.V.

No ámbito literario, social e político, Luísa Villalta implicaba o seu nome en causas que reclamaban a xustiza e a igualdade, de maneira singular, aquelas que defendían os nosos dereitos culturais e lingüísticos. Comprometida co movemento nacionalista, era fácil atopala recitando ou en reflexións compartidas en actividades organizadas por asociacións e entidades, entre elas, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, da que formou parte da directiva, ou a Mesa pola Normalización Lingüística, á que tamén pertencía.

A súa participación activa no Foro Negro da cultura, nacido despois de que o Prestige atacara o país, foi un dos último exemplos da súa maneira comprometida de entender a cultura. Pouco antes, o seu era o nome dunha das persoas promotoras do Foro da Cultura Galega, coordinando a área de ?Revisión Histórica e Análise Crítica da Cultura?, canda outros intelectuais e amigos como Xosé Mª Álvarez Cáccamo ou Ánxel Huete.

Profesora de Lingua e Literatura Galega, Luísa Villalta tíñase formado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago mais tamén rematara estudos superiores de violín, chegando a formar parte, entre outras, da Xove Orquestra Galega. Desa unión entre a música e a poesía partirían varias das súas obras literarias, tanto líricas como ensaísticas, entre elas, O outro lado da música, a poesía, ou A lingua dos sons.

Letras de intervención

O carácter de intervención co que Luísa Villalta entendía a cultura agroma de maneira especial na súa presenza con artigos en diversas publicacións periódicas, entre elas, Man Común, a Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, A Trabe de Ouro, Enclave e, moi especialmente A Nosa Terra, semanario no que mantiña presenza periódica que logo se recollería en Libro das columnas.

O seu último libro, En concreto (2004) recibira o Premio Espiral Maior e o Premio da Crítica, xa a título póstumo. Despois da súa morte aparecería Papagaio (2006), un volume no que os seus versos publícanse a carón das imaxes de Maribel Longueira retratando a decadencia do barrio da Coruña.

Ademais destes títulos, a obra de Luísa Villalta visita a poesía con Música reservada ou Ruído, ; a narrativa con Silencio, ensaiamos ou Teoría de xogos; o teatro con Concerto para un home só, , O paseo das esfinxes ou As certezas de Ofelia e o ensaio cos títulos O don Hamlet de Cunqueiro, unha ecuación teatral e O outro lado da música, a poesía.

Homenaxes nos dez anos

A Asociación de Escritores e Escritoras dedicaralle en breve unha homanaxe de lembranza no décimo aniversario da súa morte, e o próximo día a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega celebrará a xornada Xela Arias e Luísa Villalta: Letra,s inetrartes, proxectos na fin de século, dedicada ás dúas peotas mortas con moi poucos meses de diferencia e coordinada por Ana Romání e Arturo Casas. O Álbum de Mulleres recolle documentación sobre a súa vida e a súa obra e a Biblioteca Virtual Galega ofrece a posibilidade de achegarse a algúns dos seus textos.

No seu texto escrito á maneira dunha poética e titulado ?Sobre un certo estado de conciencia?, Luísa Villalta anota: ?Os temas son moi poucos. A vida e a morte. Talvez só a vida (ou só a morte). Sexan os que foren, nas súas infinitas variacións poden encontrarse nas Enciclopedias, nos libros de Historia ou (e non é raro) de Teoría Matemática, na información diaria que nos fai deglutir a realidade, en cada ocasión en que se ten a certeza de estar vivindo. Os temas non son meus, son o mundo mesmo. E, á vez, o mundo mesmo son eu. O tema é o que me fai a min comunidade: unha preocupación polo devir da humanidade, unha maneira galega de ser humana, unha preocupación polo devir de ser galega?.

Voces que a coñeceron, imaxes do seu arquivo, fragmentos da súa obra e unha viaxe a través da súa biografía son os elementos que constrúen o documental "Luísa Villalta. Paixón e compromiso", elaborado polo alumnado do centro no que a escriotra e música deu clases antes da súa morte que se estreou o pasado ano.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 06-03-2014 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
A CULTURA TRADICIONAL GALEGA DESAPARECIDA

A CULTURA TRADICIONAL GALEGA DESAPARECIDA


Por Marisa Naveiro López

O pasado día 28 de febreiro, venres, acerqueime a Libraria Brañas en Sada donde Antonio Rodríguez Cabanas (Ourovello, Paderne, 1934) presentaba o seu libro sobre a vida e as costumes da súa aldea natal durante os anos 50 e 60 do século pasado.

Nunca tiña oido falar de Ourovello, o nome pareceume máis que bonito, poético, cun sentido tal que quen é de aló ten que ser boa xente, Ourovello pertenece á parroquia de Adragonte, e está moi perto de aquí, cruzando a ría de Betanzos, en Paderne.

O Ourovello é o símbolo da historia da Galiza rural dos derradeiros anos.Un sistema de vida, de produción, de convivencia que se vai perdendo.
O libro conta a historia desta aldea, que pasou de ter 88 habitantes na época que narra a só 10 na actualidade, das familias de entonces, de 6, 7 membros ou máis, cunhas características particulares, con lazos moi fortes de relacionamento. Tamén dos medios de vida: cultivos, montes, gando, comidas, xogos, oficios, sanidade, escolas, relixión, diversións e un moi largo etcétera.

A historia de Ourovello debe ser escoitada con respecto, amor e orgullo. Respecto e amor cara ás nosas raíces, orgullo de seguirmos sendo, a pesar de todo, nós mesmos.

O prólogo de Méndez Ferrín, un capítulo de Gonzalo Navaza, sobre os topónimos da zona e mapas e outros documentos completan a obra, que está adicada á xente de ben.
A edición deste libro conta co apoio da Asociación Cultural Libre de Paderne Roxin Roxal.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-03-2014 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0