A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RAMÓN SUÁREZ PICALLO, O SADENSE UNIVERSAL: EXPERIENCIA CHILENA (1941-1956)
Edmundo Moure



Limiar

O seguinte traballo ten como tema principal a influencia do xornalista galego Ramón Suárez Picallo no ambiente periodístico e cultural chileno no período que vai dende 1941 ata 1956. Ademais, tenta salientar o seu indicutíbel aporte en prol de manter unha imaxe viva de Galiza dende o exilio republicán, outorgándolle á súa labor un xeito de solprendente universalidade.

Na sociedade chilena da época en que lle tocara vivir a Ramón, comeza a se xestar un novo marco cultural e ideolóxico nos estratos urbanos. Cando arribara a iste recuncho da fin do mundo o fillo de Veloi, podíanse atopar numerosas correntes literarias europeas e norteamericanas, inseridas na creación cultural chilena. Na coñecida Xeración do '38, a que pertencen nomes como os de María Luisa Bombal ou Francisco Coloane, tivera un peso notorio o impacto da Guerra Civil Española, así como el florecimiento cultural originado por la presencia en América y en Chile de un selecto grupo de intelectuales y artistas que, tras el fin de aquélla, optó por el exilio, segundo as palabras do historiador chileno Sergio Villalobos . É o noso cronista, sen dúbida, membro salientábel da devandita xeración.

A singularidade do intelectual Suárez Picallo radica non só nunha prolífica pluma, coa cal abordou os máis variados temas, principalmente en xornais como "La Hora", e o seu vincallo coa sociedade chilena da época e os intelectuais que chegaban da península. Hai que sinalar tamén que Suárez Picallo, como exiliado, puxera moitos dos seus esforzos nas tarefas políticas vencelladas ao galeguismo republicano. El mesmo librara unha grande loita por conciliar os intereses unitarios dos socialistas españois dentro da política peninsular coas súas conviccións autonomistas, tanto dende Chile como na Arxentina e no Uruguai, baixo os presupostos xerais de Alfonso Castelao.

Para o país da acollida da súa primeira estancia no Cono Sur Latinoamericano, o autor amosa un grande afecto e gratitude. Como el mesmo sinalara, la prensa chilena es una de sus industrias progresistas, tanto en su fisonomía como en el espíritu que la alienta, a una manera de pulso, corazón y alma de una Democracia integral ampliamente vivida. Noutra crónica, afirma que (yo) nunca ejercí en ninguna parte la profesión de periodista con mayor gusto placidez espiritual y mental, que la que ejerzo aquí en Chile, al lado de una diaria convivencia con los continuadores del fundador y maestro de la Aurora [de Chile]. Suárez Picallo fai referencia ao mais antigo xornal da nova república, que fundara, en Santiago, o ilustre frei Camilo Henríquez, en 1812.

Queremos recoller eiquí os alcances dese espírito, en primeiro lugar como xornalista, e asemade como activista político para o recoñecemento de Galiza, coma unha nación diferenciada, nesta parte do continente americano.


A paixón xornalística

Nos seus dezaseis anos de exilio en Chile, Ramón Suárez Picallo asumiu ?para vivir e subsistir-, segundo as súas propias palabras- o oficio de xornalista. Primeiro, escribindo para o xornal ?La Opinión?, dende febreiro de 1941 ata xuño de 1942. O 14 de xullo de aquel ano ingresa como columnista no periódico ?La Hora?, órgano de prensa que daquela pertencía ó Partido Radical, colectividade política que ía gobernar Chile entre 1938 e 1951. Vai ser a época máis prolífica para o fillo de Sada, a través do aporte da súa columna diaria nas páxinas de opinión do prestixioso matutino, xunto a outros cronistas e colaboradores chilenos ocasionais, como Augusto D?Halmar, Fernando Santiván, Víctor Domingo Silva e Ricardo Latcham, dentro dunha tradición moi hispana de ofrecer a presenza habitual de importantes ?plumas? ou ?firmas? que o lector podía seguir regularmente.

Vai ser unha década de traballo en ?La Hora?, dende o 14 de xullo de 1942 ata o 9 de xullo de 1951, cando suspende as súas crónicas cotiáns para facer unha viaxe a Punta Arenas, continuando aló tarefas políticas vinculadas ó galeguismo republicano, un tanto desperfilado despois da morte do seu grande líder natural, Alfonso Rodríguez Castelao, acaecida ó 7 de xaneiro de 1950. Traba contacto co Antonio Souto, o famoso líder da Patagonia rebeldde e vaise relacionar cos entusiastas membros do Centro Galego puntarenense, onde ofrecera unha conferencia maxistral sobre Rosalía de Castro.

No derradeiro período de Suárez Picallo como cronista en Chile vaise estender entre 1954 e 1956, escribindo dende Santiago para o xornal ?El Sur?, da cidade de Concepción, onde retoma a súa ?Feria del Mundo? e entrega un centenar e medio de crónicas... Á finais de xuño de 1956, adoecido dunha enfermidade cardíaca e aguda estreitura económica, vai poñer fin ó frutífero periplo chileno, para se radicar definitivamente en Bos Aires, onde participará no Primeiro Congreso da Emigración Galega, entre o 24 e o 31 de xullo de 1956. O 14 de outubro de 1964 vai ocorrer o seu pasamento, no Sanatorio do Centro Galego. É preciso ter en conta a progresiva perda de interlocutores republicanos y galeguistas en Chile, escasos comparados cos seus pares da populosa ?quinta provincia?, como daban en chamar os galegos á capital arxentina. A soidade do cronista vaise tornar insoportábel, forzando a súa partida, logo de escribir algunhas confesións:

Para quien ama, como a la propia luz de sus ojos, a la tierra en que nació y sobre la cual hizo su espíritu el primer aprendizaje de belleza y de amor, hay una tremenda y dramática palabra que resume todas las desventuras. ?Desterrado?, es la expresión, de desconsuelo, de angustia y de amargura, que gravita hoy sobre miles de almas, alejadas de su medio propio. No hay para el dolor que las agobia posibles paliativos. Ni la hospitalidad, ni el afecto, ni la estimación, ni el pan, ni el vino ofrecidos sobre la mesa extendida, tienen fuerza bastante para hacerles olvidar su triste condición de desterrados; es decir, de apartados de su propia tierra, de su hogar y del camposanto donde reposan sus muertos queridos.

Xa destacáramos a enorme cantidade de artigos e crónicas saídos da pluma de Suárez Picallo ?arredor de dúas mil páxinas- escritas, maioritariamente, baixo o título de ?La Feria del Mundo?, ó que vaille engadir outros encabezados de menor regularidade, como: ?Minutos?, ?Buenas Tardes?, ?Arte y Emoción de España?, ?Cosas de Ayer?, ?Efemérides Literaria?, e algúns ocasionais, cando a oportunidade así o suxería.

A súa labor xornalística en Chile chega a constituír máis do oitenta por cento de toda a súa obra escrita. A iste traballo monumental de ?La Feria del Mundo?, engádese hoxe a publicación, pola Fundación Suárez Picallo de Arxentina, dos artigos publicados en xornais bonaerenses, case todos eles de contido e intencionalidade política.

Ó percorrer dos años e na medida en que o mundo vai superando as feridas da posguerra, pódese atopar nos seus escritos un paulatino desencanto da Unión Soviética e doutros países da chamada ?órbita comunista?, xunto a súa adhesión, a ratos hiperbólica e inxenua, polas grandes democracias occidentais.

Hai asuntos nas súas crónicas que aínda non perden actualidade, pese ó transcorrer do tempo, como as loitas entre árabes e xudeus na vella Palestina. Mentres as Nacións Unidas aprobaban a creación do Estado de Israel, en 1948, sucedíanse atroces actos de terrorismo perpetrados por israelitas, ingleses e palestinos, en medio das liortas diplomáticas e políticas que carrexara o cambio de mando e as novas estruturas de poder, aínda en conflito despois de medio século de enfrontamentos.

A prosa de Suárez Picallo é áxil e certeira, en estilo descritivo abundante en expresións discursivas, propias dun hábil orador político, de formación autodidacta, fogueado en lides oratorias parlamentarias, cando exercera como deputado galeguista nas Cortes da II República. Percorre tamén a xeitos, modismos e ditos populares hispánicos que se van repetindo no fluír torrencial das súas crónicas.

Emprega unha boa cantidade de palabras e frases curtas na súa amada lingua galega, sen traduci-las, ás veces, castelanizándoas, como se buscara con aquilo un nexo coa Matria remota, fío afectivo na distancia dolorosa da memoria tribal. Asemade, percorre con asiduidade ós lugares comúns, habituais, certamente, na xerga xornalística do seu tempo. A extensión destes escritos con que Ramón obtía a súa ?calderilla? para subsistir, vai abranguer entre catro ou cinco follas a espazo simple; a miúdo trátase dos temas ou tópicos relacionados entre si; ás veces, o xornalista escolle motivos disímiles para poder cumprir coa encomenda da súa xornada, co resultado non sempre feliz. Mais Pick-Up dáse maña, co seu amplo acervo cultural e lingüístico, para compoñer textos de notábel factura, sobre todo aqueles nos que refulxe a oración longa e melodiosa, apaixonada e acendida cando trata os asuntos máis caros ao seu corazón de transterrado galego.

Ramón Suárez Picallo non foi militante do Partido Socialista Obrero Español, fundado polo obreirista galego Pablo Iglesias, por quen Pick-Up expresa, en varios artigos, a súa total devoción. Deputado republicano nas Cortes da II República Española, de orientación socialista, Suárez Picallo vai loitar por conciliar os intereses unitarios dos socialistas españois dentro da política peninsular coas súas conviccións autonomistas. Así vai expresar, nalgunhas das súas crónicas, especialmente as que van entre 1944 e 1947, a súa adhesión ó ideario galeguista que sustentaba xunto a Alfonso Castelao, Elpidio Vilaverde e Alonso Ríos, cos que fundara o Consello de Galiza en Montevideo, entidade que procuraba outorgar un amplo sustento ás proposicións dos exiliados galegos para revitalizar a ?cuestión autonómica?, antiga aspiración frustrada polo alzamento franquista e a posterior guerra civil.

Xunto ó impulso outorgado ó Consello de Galiza, os galeguistas daban apoio decididamente a Galeuzca (Galiza, Euzkadi e Cataluña), entidade que representaba e defendía as aspiracións das tres ?nacionalidades históricas diferenciadas? de España, posuidoras de lingua, historia e cultura particulares dentro do variado espectro dos españois.

Sen levar ó cabo un aberto proselitismo, Suárez Picallo vai expresar, a través dalgunhas crónicas puntuais, a súa posición fronte o dereito de Galiza de darse un goberno autónomo nos ámbitos administrativo, educativo e cultural, sen emular as arelas de Euzkadi e Cataluña por constituír estados independentes dentro dunha Federación Española. Pick-Up vai poñer o acento nas particularidades do antigo Reino de Galiza e nas súas achegas nos mais diversos ámbitos do quefacer humano: lingua, literatura, música, arte, industria, dentro de España e máis alá das súas fronteiras, no secular proceso de emigración que outorga a ?lo gallego? características singulares. Dende as cantigas medievais galaico-portuguesas, pasando polos precursores do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, ata Ramón del Valle Inclán, Alfonso Castelao, Noriega Varela y Blanco Amor, Suárez Picallo vai rescatar eses universos creativos para renova-los no pulso cotián dos seus mellores artigos de prensa.

?La Feria del Mundo? cumpre o obxectivo de entregar ó lector unha visión ampla do acontecer da época, ?feria? ou Feira sen dúbida variada e polícroma, virtual calidoscopio da realidade conxuntural e dos espazos da señardade, co aderezo oportuno da anécdota, cos aportes y coñecementos que nutrían ó lector dos años 40? y 50? que se deu en chamar ?cultura xeral?, cando se lle outorgaba importancia a certa formación humanista do cidadán medio. O propio autor explícita así os seus propósitos, nun vibrante artigo dedicado o recordo do primeiro xornalista Frei Camilo Henríquez:

Para quien estas líneas escribe, el recuerdo de ?La Aurora de Chile? y de su fundador tiene matices de emoción muy singular; periodista en Buenos Aires, en Madrid y en Vigo, en Nueva York y en Santo Domingo, en horas de optimismo y de placidez y en otras de dolor y de amargura, al recalar en Chile, pudo ser lo mismo que fuera en otras partes; periodista, que se gana el pan con la pluma, hace a su manera patria, y vive la fraterna amistad de los discípulos de Camilo Henríquez, como si fuesen de la propia familia, sin más saudades ni añoranzas que las de la Patria lejana; de su mar, de su tierra, de su hálito. Yo nunca ejercí en ninguna parte la profesión de periodista con mayor gusto placidez y espiritual y mental, que la que ejerzo aquí en Chile, al lado de una diaria convivencia con los continuadores del fundador y maestros de la ?Aurora?.

Evocar a figura de Frei Camilo Henríquez, director e fundador da Aurora de Chile, é vivir un pouco nos días, en verdade aurorais, en que esta España ultramarina que é América, loitaba a brazo partido pola causa da liberade dos seus pobos; en tan nobre contenda foi combatente ardoroso o famoso Frei da Boa Morte, posuidor do que nos últimos tempos se deu en chamar ?armas novas?. Arma, a súa, marabillosa, porque, sendo útil na guerra, é moito mais nas xornadas da paz e do progreso: A Prensa, vehículo sempre en marcha, condutor da idea, expresado no prodixio da palabra escrita, para deleite dos ollos e iluminación dos espíritos, a palabra que por ser o Verbo, é a expresión articulada do que home ten de Deus.

Todo viajero inteligente, al llegar a un país extranjero, lo primero que hace, es ver y leer sus diarios. El que llegue a Chile y haga eso, puede tener una idea cabal de lo que Chile es. Porque, digámoslo de una vez, la prensa chilena es una de su industria las progresistas, tanto en su fisonomía como en el espíritu que la alienta, a una manera de pulso, corazón y alma de una Democracia integral ampliamente vivida.

Suárez Picallo é o prototipo do xornalista forxado na disciplina solitaria da máquina de escribir (daquela non existía o ?xornalismo profesional?) que exerce unha sorte de diario apostolado da pluma, asumindo e outorgándose unha misión didáctica de servizo público, acorde cos presupostos neopositivistas vixentes, que resaltaban o progreso científico e tecnolóxico como grandes panaceas para conxurar os males da humanidade. Ademais disto, se lle poder engadir a súa fe irrecusábel nos valores esenciais da democracia: liberdade, igualdade e fraternidade; asi mesmo, o seu convencemento de que os ?buenos y generosos? íanse a impoñer ó cabo ós ?malos y egoístas?, fórmula de candoroso maniqueísmo con indicios románticos.

A súa visión dos temas chilenos está salientada polo afecto e a gratitude que sinte cara ó país que lle acolleu nas duras circunstancias do exilio. Ramón vai manifestar o seu interese por diversas expresións da cultura chilena, como o teatro, a música e a literatura, relacionándoas adecuadamente coas súas raíces hispánicas. Para isto vai contar coa presenza activa de figuras da ?España peregrina? asentadas no noso país, como Margarita Xirgu, José Ferrater Mora, José Ricardo Morales i Santiago Ontañón, entre outras. A través destas hábiles relacións culturais vai recrear valores inmorredoiros de ?las Españas? -como da en chamar á patria de Cervantes, Quevedo, Lope de Vega i García Lorca- e pon énfase na rica pluralidade das súas culturas particulares e nas súas sementes xerminadas en América. Con isto comproba, o noso grande Ramón, a universalidade que alcanzan os intelectuais e creadores galedos, sen perder a súa identidad e os seus vencellos coa ?pequena patria?.


O periplo pechado e a memoria recuperada

Este ano de 2008 déramos remate ?grazas ás autoridades edilicias de Sada, aos seus investigadores e mestres- ás arelas de recuperación e publicación da obra xornalística de Suárez Picallo en Chile, coa edición, polo Consello da Cultura Galega, de ?La Feria del Mundo?, axeitada escolma de cento corenta e nove artigos, libro que tiven a honra e a ledicia de presentar en Sada, o 29 de maio, nunhas inesquencíbeis xornadas. No pasado mes de outubro, as cinzas de Ramón foran depositadas en Fiunchedo, sobor das colina que miran a súa amada mariña de Sada. Agardamos agora a edición dun CD coa opera magna de Ramón, as súas mil crónicas, para estudo, coñecemento e ledicia dos lectores que virán...

Porque isto non remata aquí. As homenaxes, os monumentos e as lápidas en pedra, non chegan para faceren xustiza aos homes que, como Ramón Suárez Picallo, entregaran unha vida enteira á materialización dos seus soños de liberdade, lonxe da patria, nun exilio acrisolado polo desarraigo, sen esquencer á casa petrucial nin as loitas dos seus irmáns lonxanos. Agora temos outra tarefa por diante: manter viva nas xeracións futuras a memoria do noso Ramón, sadense, santiaguino, bonaerense, galego universal, en suma. Para iso están os mestres, os investigadores, os intelectuais que, de confín a confín, facemos nosa a herdanza da súa verba escintilante e perdurábel.

(Artigo publicado no libro Ramón Suárez Picallo, a voz esquecida do galeguismo. Comisión IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, 2009)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 03-04-2011 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0