A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A FALA GALEGA por Manuel Lugrís Freire
Se nos fixamos un pouco na estoria e desenvolvemento da nosa lingua, que vén a ser a hestoria da literatura e polo mesmo a medida da sabidencia do pobo, entenderemos sin moito traballo, que nunca foi de máis importanza a nosa terra como naqueles tempos en que o gallego era a lingua literaria nas Castelas i a lingua literaria e popular no oucidente da Iberia.
Por razós que non son deste lugar, e que noutra ocasión trataremos, a fala romano-galaica volveu a encollerse ó curruncho onde era nascida; e máis tarde caeu en tal decadenza que soilo era usada polos labregos i artesás, e deslembrada da literatura hastra o estremo de que moitos lingüistas a aldraxaban poñéndoa na cras dos dialeutos.
A nosa decadenza foi súpeta, e obedeceu máis a isto que a outra cousa. Os poeta gallegos, que podían atopar a verdadeira inspiración na lingua gallega, que tan en caráuter se acha co noso xenio, traballaban o castelán facéndose poucas veces notabres.
Este signo, que si non é o das luces é ó menos o signo da loita entre as crenzas vellas i o novo progreso, e que según o paso en que camiña leva o xeito de facer morrer todo o tradicional, fixo que os pobos volvesen o carís ó pasado, e, sin detrimento da axuntanza da nación, ollasen pola súa vida, polas tradiciós, pola lingua, por todo o que lles é própeo, e polo mesmo máis fácile pra camiñar polo carreiro que o progreso lles asinalaba.
Galicia non foi insensible con iste santo movimento. Tivo fillos antusiastas, que anque non achasen máis groria que a de provincia ?anque a nosa é groria de pàtrea?precuraron decote pra erguer a fala da ria de pátrea?precuraron decote pra erguer a fala da deixades en que se tiña. Eles, traballando sin agardar ningún pago, sinón co disintrés de veredadeiros petrucios; eles, desenterrando do pasado as nosas tradicións, i amostrando ó mundo a lingua máis dolce enxendrada polo latín e greco e misturada co célteco, firindo os nosos ouvidos cos sons brandos e melosiños própeos do gallego; analizando a estoria, facéndonos ver o que eramos, o que somos i o que estamos chamados a ser, antusiasmaron os nosos peitos, e devolvéronos unha pátrea, unha lingua, un orgullo que parecía deslembrado de nós pra sempre.
Rousalía Castro, Alberte Camino, Cid Rozo, os Igresias, Pondal, i outros máis que agora non lembro, foron os primeiros apóstoles os primeiros rexeneradores da literatura que dera vida nuna tempo á de Castela.
Os bos resultados non se fixeron agardar. Os gallegos collimos daquela ese orgullo que vén a ser decote o cimento do máis antusiasta cariño polo pátrea. Xa nos considerabamos estonces tanto coma os cataláns e máis que moitas rexiós da España. Ese novo renacimiento comenzou cunha subrevación que levaba na bandeira un letreiro cuias palabras aínda resoan hoxe no fondo da ialma coma a lexana voz da máis leda esperanza.
España, que astra entonces non tivera máis que desleigamentos para nosco, fixou en Galicia a súa atención, mirando, sinón con medo, ó menos con respetoá nosa quirida terra.
O mesmo Castelar, ó ver o noso renacimento, dixo: ?No nos deslembremos que fai poucotempo que un escritor do reino veciño trazaba unha nacionalidá literaria composta de portugueses, brasileiros e gallegos. Istas cousas podían maxinarse que eran toladas da chenda cando non se viñeran aínda arripiadas crisis, e non se irán certas tendenzas quepoden volver mañán...?
Para finar: Galicia foi grande e fíxose respetar, cando volveu os ollos ó pasado e comenzou a cultivar a lingua de Rosalía.
Sigamos nosoutros os pasos dos nosos primeiros poetas, xa que non con tan bon xeito, con fe, que cun solo grau dista, como di un relembrado escritor, pódese cimentar un mundo. A nosa rexeneración debe ser fundada nas nosas cousas pra que sea dina de nós e puramente gallega. Coa nosa lingua, chamada por moitos a máis dolce do mundo podemos facer unha literatura mui rica. Deixémonos de charabiscadas própeas dos que, anque queren á terra, non soñan na Suevia enxebre: sigamos polo camiño que outros nos asinalaron, astra que poidamos decir como o relembrado tribuno: ?Xa non somos us poucos, somos us moitos; xa non somos un fato, somos un exército; xa non somos unha secta, somos unha relixión; xa non somos unha triba, somos un pobo; xa non somos unha escola enteca, somos toda unha literatura?.


A Gaita Gallega, 13/09/1885
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE LUGRÍS FREIRE - Publicado o 09-03-2011 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0