A HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO E CARMEN ARIAS DE CASTRO EN XORNAL DE GALICIA E LA OPINIÓN DE A CORUÑA
XORNAL DE GALICIA (05/03/2011)
Sada honra a Díaz Pardo, ?o seu fillo máis ilustre?
Héctor J. Pena
Numerosos amigos e familiares acompañaron o galeguista nun acto que tivo lugar na Casa da Cultura da vila coruñesa
A localidade de Sada consagrouse durante a xornada de onte nun acto no que se presentaba unha revista, si, pero que tornou nunha homenaxe de toda a vila á figura de Isaac Díaz Pardo. Xunto a el, no ateigado auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens, estaban os seus: a súa muller, Carmen Arias de Castro, e o seu fillo e vicepresidente primeiro de Xornal de Galicia, Xosé Díaz.
Tampouco faltaron o alcalde, Abel López Soto, o académico Alonso Montero e Xosé Ramón Fandiño, colaborador de Díaz Pardo no Instituto Galego da Información (IGI) estaba tamén no acto xunto ao intelectual.
Trala proxección dun pequeno vídeo tributo a Isaac Díaz Pardo, tomou a palabra Francisco Pita, presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, entidade organizadora do acto. Alí, antes de falar do número extraordinario do Caderno de Estudos Locais escrito por Xosé Díaz e que editou a asociación sobre as cerámicas do Castro, gabou a figura do galeguista, do que dixo que é un home ?comprometido coa súa terra, o fillo máis ilustre de Sada, que fixo do taller do Castro un dos símbolos máis senlleiros da Galicia da segunda metade do século XX?.
?POLIÉDRICO E POLIFACÉTICO?
Tras o presidente da Asociación Suárez Picallo, tomou a palabra Xosé Díaz, o fillo de Díaz Pardo. O vicepresidente de Xornal de Galicia fixo un repaso pola traxectoria do seu pai, ao que definiu como ?poliédrico e polifacético?.
Xosé Díaz botou a vista atrás, lembrando os tempos nos que o seu pai era un estudante de Belas Artes en Madrid e como, ?tras volver da capital polo seu rexeitamento a integrarse no conxunto de artistas que estaban traballando no Val dos Caídos?, creou no Castro unha forma ?industrial? e ?socializada? de facer arte pois, rematou, ?Isaac, por enriba de todos os artistas da súa época, soubo saír do obradoiro e socializar a súa arte?.
Logo foi a quenda do alcalde de Sada, Abel López Soto, que anunciou que Isaac Díaz Pardo contará cunha rúa co seu nome. E non cunha calquera, senón que será a que une a vila co Castro de Samoedo. O aplauso de todo o auditorio foi atronador. Asemade, o rexedor fixo fincapé en que ?nunca esquecerá todo o que Isaac fixo por Sada de xeito totalmente altruísta, como o logo do Concello?.
Por último, Alonso Montero e Xosé Ramón Fandiño exaltaron a figura de Díaz Pardo e lembraron a súa marcha de Sargadelos no 2006.
LA OPINIÓN DE A CORUÑA (04/03/2011)
Homenaxe en Sada a Isaac Díaz Pardo e a súa muller
REDACCIÓN
Tamén houbo una mesa redonda na que participaron o escritor e académico da RAG Xesús Alonso Montero, o tamén esritor e xornalista Xosé Ramón Fandiño e o alcalde de Sada, Abel López Soto
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo entregou onte a Isaac Díaz Pardo e a súa muller, Mimina Arias de Castro, a súa distinción de socios de honra. Foi nun acto celebrado na Casa da Cultura no que a entidade tamén presentou un número extraordinario dos seus Cadernos de Estudos Locais adicado enteiramente ao creador de Sargadelos e que leva por título Isaac días Pardo e as cerámicas do Castro. Tamén houbo una mesa redonda na que participaron o escritor e académico da RAG Xesús Alonso Montero, o tamén esritor e xornalista Xosé Ramón Fandiño e o alcalde de Sada, Abel López Soto.
|