A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA CARTA DE R. SUÁREZ PICALLO A FRANCISCO REGUEIRA -2-
Publicamos hoxe esta carta que lle envía desde Santiago de Compostela Ramón Suárez Picallo ao seu amigo en Buenos Aires Francisco Regueira. Neste intre, Suárez Picallo era deputado, aínda que as cortes disolveríanse en decembro e el non renovaría a súa acta.
A carta foi previamente publicada en Orientación Gallega de xaneiro-febreiro de 1964 polo propio Regueira. Agradecemos a Hernán Díaz que a trasncribira e nola achegara.


Santiago de Compostela, 28 de septiembre de 1933
Sr. Francisco Regueira:
Meu querido amigo:
O Partido Galleguista aumenta dia a dia a zona dos seus amigos. Cada dia aparece máis nidia a sua misión rectoral e vanguardista na política galega. Pr-o ainda non ?conta? nos cálculos electorales dos amañadores de elecciós. De total-as maneiras, na loita electoral que se aveciña fará un reconto de forzas e poida?, poida que dea sorpresas. É posíbel que as Cortes se disolvan un dia d?estes? Por eso convén que me escribas a Sada onde pasarei a ?invernada?.
Blanco Amor eiquí anda. Pasóu un mes en Sada. Tivemos pr-á ti e pr-á todol-os bós e xenerosos dáhi lembranzas agarimosas. Unha noite ceamos na miña casa Alonso Ríos, Pita, él i-eu. Noite de revista xeneral a todos vos. Recordos i-esperanzas.
Nada mais por oxe. Recordos a todos e pr-á ti, meu dilecto amigo i-animador, unha apreta fonda, moi fonda, de
Suárez Picallo
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Correspondencia con Francisco Regueira - Publicado o 13-11-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0