A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ESCARMENTO, por Manuel Lugrís Freire
¿Conocede?la vila de Sada? ¿Non? Pois abofé como o sinto moito. Inda que é pequena, a xentil e bonita non lla empata ningunha outra das vilas mariñeiras de Galicia.

Abonde con decirvos que ten unha campiña feiticeira, ridente, como en ningures teredes visto; e que a vila está no final desta campiña, gardada polo Couto e máis polo alto de Oucés como unha xoia pra que non a firan os feros coriscos da crúa invernía.

Mais, preto de Sada, á man esquerda según se entra pola carretera da Cruña, hai un monte nomeado Lixandre, que sempre deu que pensar a nenos e vellos. Non se ten noticia de que se atrevera ninguén a entrar de noite naquela arboreda.

No medio do monte hai aínda un croio que non poden abrazalo dous homes, e que lle chaman a pedra das agullas. Decían noutros tempos que quen tocara a esta pedra morrería dentro dos nove días xustos, debido a un encantamento que lle deran os mouros. Pola banda do Este está a moi nomeada Quenlle, que os homes sabidos din que foi unha mina de estaño no tempo dos fenicios, pero que agora é o sitio onde se xuntan de noite as estadeas, meigas e lugrumantes pra faceren palramento. Polo menos así coidaban fai anos os viciños da vila, e non sei se pensarán o mesmo agora.

Os trasnos non tiñan feito mal algún que se soupera. O que tiraba o sono dos labradores eran os conxanados raposos que vivían a centos no monte de Lixandre. Non pasaba día sin que deixaran de facer unha das súas; e non valía que se puxeran nos galiñeiros tarabelos nin trancas; os conxanados ladrós dábanse unha maña que para si quixeran algús dos caciques que, pra acabación da nosa pacencia, siguen vivindo sobre dos nosos labregos.

Tantos raposos había, que xa coidaban que a pedra das agullas tiña a mala virtú de crialos. O señor Chocos, un vello que aínda creía na atracción da sirena e no encantamento da Covadanca, xuraba e perxuraba, que aquel maldito croio tiña a culpa de todo.

?Mala sentella del sielo lo abrase: ?dicía o señor Chocos cando lle faltaba unha galiña;? ese croio vai se?la miña condenación.

Mailo caso era que os raposos aumentaban, e tiñan tal atrevimento, que xa chegaban a pasearse pola praza da vila diante das mesmas barbas do tío Andrés de Olaia, camareiro do divino San Roque, e padriño de Sanamede, a quen o carpinteiro que o fixo púxolle nas mans unha ristra de chourizos a medio encher.

Un día, Lourenzo da Chaburra un labrego que ben podemos chamar anfibio porque tamén iba á rapeta, e que lía de corrido os boletís no adro de Santa María, conferenciou coa valente e honrada Pepa a Montañesa

?Señora Pepa ?díxolle Lourenzo? os raposos ladrós inzan esta terra e non nos deixan vivire.

?É certo, amigo Lourenzo, é certo. Xa fai tempo que eu me din conta deso; pero estes viciños non se xuntan para nada, toda a forza se lles vai pola boca, e os raposos andan pola vila como polo propio monte, e levan trazas de facérense donos de todo.

?¿E logo? ¿darémoslles unha batida?

?É tempo perdido; os raposos e mailos conexos cando un pensa que xa non queda ningún, volven a aparecer coma os sapos cando cai orballo polo vran.

?¿E que me aconsella que faga pra que os raposos deixen en paz as miñas galiñas?

?Atende, Lourenzo; os raposos son animales de moita sabidencia. Búlranse sempre de tódalas pantermas e trebellos que se lles poñan. Cando coidan que lles peligra o pelexo, fanse os mortos.

?Pero logo ¿que me aconsella?

?O que teño aconsellado noutras ocasiós, sin que houbera viciño que se guiara por min: ¡O escamento!

?¿E de que maneira?

?Pois verás. Vaite ó monte de Lixandre, e pon unha trampa de dentes diante da cova dun raposo. Como eles non conocen ese mecanismo, caerá polo menos un. Cóllelo despois, esfólalo ben
esfoladiño, logo pono nun espeto e crávalo dereito no curuto do monte. Os demais raposos entenderán a indireita, e fuxirán a lonxe
por medo ó escarmento.

Así se fixo. Unha mañán apareceu un raposo encravado nun espeto. Os demais deberon de entender aquela razón, e mudaron
de tobo.

A virtú da pedra das agullas foi negada despois por todos. Tocáballe quen quería, sin térenlle medo, e asta fixeron enriba dela certas
necesidades.

¡Xa sabedes de que maneira morren os vellos encantamentos, e como se fan fuxir os raposos que gustan das vosas galiñas!
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE LUGRÍS FREIRE - Publicado o 25-09-2010 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0