A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DIA DE GALICIA ( EN 1928) por RSP
No Día de Galicia, Ramón Suárez Picallo escribiu ao longo dos anos diversos artigos.
Hoxe recuperanos este que publicou en Céltiga no ano 1928, cando estaba aínda na Arxentina e na que se pronunciaba pola necesidade dun partido político esencialmente galego e cunha identidade galega: "O primeiro, o inmediato pra un verdadeiro galeguista ten de ser o reconquerimento pra Galicia da sua condición de pobo ceibe.."
Oitenta e dous anos despois,ten vixente actualidade.


POLÍTICA GALEGA (1)
INQUEDANZA POLÍTICA



Evaristo Correa Calderón,(2) un dos intelectuales mais inquedos da nova xeneración galega, ven publicando en El Pueblo Gallego unha serie de traballos en col dos mais palpitantes probremas que Galicia ten de resolver, baixo o nomeo xenérico de ?Los trabajos y los días?. N?un dos publicados, derradeiramente, de pasada, coma quen non quer a cousa, tocou a custión política. Falou, con moito siso, da imperiosa necesidade de dar vida a un movimento político de médula, de esencia e de contido galego. Referíndose ás distintas crases sociales que compoñen a sociedade galega, nomeou aos obreiros e mariñeiros, e aludiu ao seu socialismo, enciclopédico, internacionalista, moi século dazanove, pero moi pouco, ou mellor dito nada galego por non decir direitamente antigalego.
Simultaneamente, eiqui, entre nosoutros, suscitóuse tamén unha polémica darredor de un enxundioso artigo de Sebastián Guerrero(3) ?un cultísimo rapaz berciano, nacionalista galego, que se nos revelóu un xúrdio xornalista? pubricado no organo de pubricidade da nosa mais liberal coleitividade, e no que afirmaba, con razós coma tempros, que ningún partido político hespañol está apto para resolver os problemas mais vitales de Galicia.
Por outro lado, Antón Villar Ponte, o outisimo publicista galego sempre ademirado pol-o seu saber e a sua cristaiña austeridade ideolóxica, laiábase de que Galicia non tuvese unha agrupación política liberal, e decraraba de moita comenencia a súa constitución.
Como pode ollarse, a inquedanza política xurde por distintas partes, coma un aspecto ?dos mais interesantes sin dúbida? da inquedanza integral de Galicia. E tiña que ser así. Aparelladas as nobilísimas actividades intelectuales do noso esprito, da nosa cencia e das nosas letras, temos de crear as nosas actividades políticas, que son as que moven oxe aos pobos mais cultos. A causa galeguista debe chegar ao seo mesmo do pobo galego. E ali non chegan os homes de gabinete falando de prehistoria, de arqueoloxía, de atlantismo, do senso modernista dos nosos poetas líricos. Estes homes cuia laboura escrarecida, silenciosa, árida, pol-o mesmo que non ten mais que contadas voces de estímulo, merece o noso mais devoto respeto; chegarán ao pobo previa a faena de esbrozamento dos homes de acción que son por excelencia os homes políticos. A verba galeguista ten de chegar a aldeia falando da importación do millo, da baixa do gando, da supresión dos laudemios, da eistensión da cultura popular, dos dereitos do que traballa pra adeministrar o froito do seu esforzo, da moura concencia caciquil, da premisa de que pra Madrí vai todo, e que de Madrí non vein a Galicia mais que disgustos, de que o Aiuntamento non debe sere unha cousa estraña, enemiga, senón a xuntanza de toda a vecindade pra mellor ordear a vida de relación. Todo esto remollado con gabanzas ao noso idioma, as nosas grorias pasadas e presentes, ao traballo ceibe que engrandece e a libertade que dignifica. Todo eso e politica que nada ten que ver coa ?outra? política ?a política do adro onde se merca e se vende a concencia e o direito, por un codelo de molete e unha cunca de viño?, política galega que solo os galegos, con vistas a Galicia e non a Madrí, podemos facer, debemos imperiosamente facer. E pra facela fai falla un vehículo específico e único. Un partido político. Non se espanten os antipolíticos, que paradoxicamente serviron sempre aos peores politiqueiros, sempre que fosen do Aiuntamento. Entendemos por política toda obra coordinada tendente a conquerir un fin comun de ben pra coleitividade onde se actúa. ¿Estamos?

O Socialismo hespañol non nos entende

Denantes de pasar mais adiante decraremos que somos socialistas. Si señor, socialistas. E temos de engadir ?somentes pra atallar a inculpación que poidera facersenos de non saber o que decimos, que non por vanidade? que, ademais de quince anos de actuación nas loitas xornaleiras, temos pasado moitas noites estudiando as doutrinas socialistas dende Campanella a Fourrier,(4) desde este a Marx e de Marx a Lenin. Pero, antidogmáticos por enriba de todo, mais que a doutrina escrita pol-os teóricos, estimamos a doutrina que emana dos feitos a cotío, de acordo co medio social donde actuamos. Mais ainda: para nosoutros unha doutrina somentes pode interesar cando conta con unha ventaxosa suma de posibilidades de aplicación. A doutrina, de por si, coma cousa abstracta, non nos interesa senon como curiosidade intelectual.
Hoxe en Galicia ?parafraseando aquel sabidente ?hoy y aquí?, d?un diputado socialista arxentino? o partido socialista hespañol non pode resolver os problemas que afectan á vida de Galicia. Proba d?elo e a súa escasa, cuase nula, influencia no noso pais, a pesar de canto se ten feito pra axudalo. Si quitamos Vigo e Ferrol, as duas cibdades, racial, morfolóxica e espritoalmente, menos galegas de Galicia, non conta pra nada. ¿Incultura da nosa xente? Mais culta que a xente onde ten moita influencia o socialismo. ¿Sometimentos ao clero? Lénda pura, coma outras moitas lendas. ¿O caciquismo? Outro sambenito que nos colgaron desde Madrí, onde se fomentou e se sostuvo o noso caciquismo. Tópico manido de enciclopedistas parvos. ¿Qué foi logo? Incomprensión do noso ambente, dos nosos problemas, da nosa psicoloxía. Cousa allea, importada, que quixo apricarse tal como naceu e viviu n?outros paises, con problemas distintos e con distinta mentalidade. O socialismo hespañol, pol-a súa mentalidade de anteguerra, pol-o seu xunguimento á ideoloxía centralista, pol-o seu practicismo cego a iste rexurdir do idealismo impulsado pol-o sentimento, pol-o seu industrialismo ?tipo ?Trade Unions? inglesas?(5) n?un pais pouco industrializado, e pol-a súa indiferencia frente aos problemas que van da periferia ao centro, ten que dar un forte pulo se quer seguir exercendo a suas funciós, ainda nos centros mais industriales, pra canto mais en Galicia, onde non existe un proletario, na verdadeira aceición do vocable. Somentes unha pequena minoría entende, en parte, o problema. Foi a que fixo triunfar n?un congreso memorable unha moción de Pérez de Solís en col do reconocimento das nacionalidades ibéricas(6). Pol-o demais a sua tradición antiintelectual ?en contraposición co socialismo francés que foi sempre un movimento intelectual? o seu economismo, consecuencia do pacto coa U.G.T.,(7) non deixan xurdir a tendencia humanista que pugna en vano por darlle á agrupación un soplo idealista.
Estas cousas no-as ven os dirixentes antigos. E tratan en vano ?sin darse conta de que se trata d?un esprito post-guerreiro? de atraer aos movimentos de fonda inquedanza, d?esprito esencialmente liberal, que está producindose nas artes e nas letras das rexións, cada unha de por si. D?eiquí que El Socialista (8) ?con moito respeto e coa outura adoitada? recollese e comentase os nomeados artigos de Correa Calderón e o escrito eiquí por Guerrero, chamando a atención en col da laboura que o P.S.O. ven realizando, deixándo entrever que él podía abordar os problemas de Galicia. Nos reconocemos a sua boa intención; decraramos que no panorama da política hespañola e o mais interesante, o mais honesto, e decraramos mais, que na falta de un partido galego, os galeguistas poden e deben apoial-o con condiciós: Unha d?elas sería o reconocimento explicito d?un movimento socialista galego, netamente galego, d?acordo coa modalidade do noso esprito, dos nosos problemas agrarios, políticos i-económicos. Non faria nada novo. A Internacional reconocía no seu seo as minorías socialistas do centro de Europa, de Polonia, de Irlanda e de outras partes, por riba dos centralismos.

A nosa actitude

¿Podemos agardar esto do socialismo hespañol? ¿Se esto non fose posible, que faremos os galeguistas que creemos que e deber de todo home culto actuar en política, e que ademais creemos que chegou a hora de que o problema galego sexa un problema de política liberal activa? ¿Seguiremos tirando uns pra unha banda e outros pra outra? ¿Seguiremos confiando nas promesas personales ?non ouxetamos ás personas, nin xusgamos intencios, senon que falamos de sistemas? que en visperas d?eleiciós soliciten o apoyo galeguista? ¿Os galeguistas, que han de ter todos un concepto politico uniforme, seguirán votando por don Pepe en Sant-Yago, por don Xacinto en Ourense, e por don Pedro na Cruña, pertenecendo don Pepe, don Xacinto e don Pedro, a tres partidos distintos?
¡Canto nos gustaria que estas preguntas fosen respostadas! Respostadas franca e lealmente, excluindo por inócuo o ?anti? ou o ?apoliticismo?, posición vulgar que, nos tempos que corren, non concebimos n?unha persona culta. Fai unhas horas limos, por terceira vegada, un artigo do doctor Marañón9 publicado en La Nación de Bos Aires, no que dí que dentro de pouco gabarse de anti ou de apolitico equivalera a gabarse de ?ser un mal educado, un incivil o un ignorante?. As verbas do doctor Marañón, párcennos lumiosas, sabidentes. ¡Qué caros pagan algús pobos a sua indiferencia frente aos problemas politicos que o son oxe todol-os problemas do mundo! ¡E como van conquerindo a sua libertade moitos pobos asoballados mediante unha acción política intelixente e sistemática!

Conclusión

Descartamos, por sabidas, algunhas ouxeciós: Que o galeguismo conta na súa causa homes de todal-as ideoloxías; que ao lado de liberales probados hay relixiosos ?sacerdotes moitos? cuia sabidencia necesita Galicia. De acordo. Que ao lado do esforzo xornaleiro, necesitamos da axuda de alguns capitalistas xenerosos ?desgraciadamente estos contanse cos dedos d?unha man e ainda sobran dedos? que chocarían cos que temos conceptos avanzados sociolóxicos i-económicos.
Coidamos lealmente que pra un galeguista integral, estas cuestiós son de orden secundario, de orden mediato. O primeiro, o inmediato pra un verdadeiro galeguista ten de ser o reconquerimento pra Galicia da sua condición de pobo ceibe. Pro conquerimento inmediato d?este ideal eu daríalle a man a un sacerdote, con unha lixeira modificación: que en vez de decirse católico, apostólico, romano, se nomease católico, apostólico, galego. O programa de Lugo, con algunhas modificaciós de senso liberal e social, condicionado por unha ampria tolerancia pode ser ainda oxe un programa político, ampriado con unha liña de táctica e de acción, con posibilidade de chegar ao pobo, sobre todo ao pobo rural, sin cuios azos e noso movimento non tera o vehículo pra toda eispresión do esprito: O corpo físico que lle sirva de instrumento.
O corpo físico que lle sirva de instrumento.
Sant-Yago do 28
RAMÓN SUÁREZ PICALLO


NOTAS DE HERNÁN DÍAZ (para o lector arxentino)

1. Céltiga, n° 85-86, 25 de julio de 1928. Como en todos los textos en gallego, hemos reproducido literalmente el texto impreso, a pesar de las evidentes erratas tipográficas.
2. Evaristo Correa Calderón (1899-1986) dirigió desde 1924 el diario El Pueblo Gallego. Escritor y poeta galleguista, adhirió a las Irmandades da Fala. Pero durante los años 30 se fue alejando de esa ideología, dejó de escribir en gallego y con la guerra civil se incorporó al falangismo.
3. Sebastián Guerrero tuvo una corta pero agitada presencia en la colectividad emigrada. Militante de la Sociedade Nazonalista Pondal (galleguistas separatistas), fue miembro también de la Federación de Sociedades Gallegas y director de su periódico, El Despertar Gallego, en el año 1928. En 1930 volvió a ocupar ese cargo fugazmente y más adelante fue expulsado de la Pondal. Se integró entonces al Correo de Galicia, de José R. Lence, de orientación derechista. El ?órgano más liberal? al que se refiere Suárez Picallo es El Despertar Gallego, donde Guerrero desarrolla una polémica con los republicanos.
4. Suárez Picallo da cuenta de su formación en el seno del naciente comunismo argentino. Ha estudiado allí tanto a Marx y a Lenin como al utopista del siglo XVII Tommaso Campanella y al socialista francés Charles Fourier (mal escrito en el original).
5. Las trade unions son los sindicatos ingleses, reacios a la lucha política y favorables a la obtención de mejoras paulatinas por parte de la clase obrera. La izquierda socialista, y sobre todo Lenin, los vio siempre como el ejemplo de la esterilidad del reformismo.
6. Oscar Pérez Solís, nacido en 1882, fue un militar español que abandonó la carrera por sus ideas socialistas. Estuvo en la izquierda del PSOE y a comienzos de los años 20 fue tercerista (partidario del ingreso a la Internacional Comunista). Fundó y dirigió el Partido Comunista español hasta que en 1927 retomó su fe católica. Giró a la derecha cada vez más hasta integrar la falange en 1936, participando de la sublevación en Oviedo. Como miembro del socialismo, en 1920 fue favorable a las nacientes posturas autonomistas de los catalanes.
7. Unión General de Trabajadores, central sindical española dirigida por el socialismo.
8. Órgano oficial del Partido Socialista Obrero Español publicado en Madrid.
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Galicia - Publicado o 25-07-2010 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0