A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

75 ANOS DO ATENEO DE CULTURA POLÍTICA Y SOCIAL DE SADA
Onte a A. C. Irmáns Suárez Picallo conmemorou o 75 aniversario da constitución do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada. Para iso, nada podía ser máis axeitado que contar coa presenza do recoñecido historiador Xoan Carlos Pereira Martínez nun acto no que tamén participou o tamén xoven historiador sadense e membro desta Asociación Cultural Manuel Pérez Lorenzo.

No local da Casa Municipal da Xuventude, recentemente rehabilitado polo Concello de Sada con gran funcionalidade, fixo a presentación Paco Pita, que tivo en primeiro lugar unha lembranza para Juan Carlos Medal. Posteriormente, e tras realizar un percorrido pola actividade e a obra de Carlos Pereira, deulle paso a este último.

Carlos Pereira disertou sobre A alternativa cultural obreira na comarca coruñesa na II República. Realizou unha ilustrativa e documentada introdución acerca do asociacionismo cultural vinculado co movemento obreiro, os seus porqués e formas de organizarse, para logo achegarse a exemplos máis concretos, cos casos locais da Coruña, Culleredo e Oleiros, estudados por el.

Rexina Basadre realizou a presentación do seu compañeiro e dilixente membro da Asociación, Manuel Pérez Lorenzo,"Lito" que falou sobre O Ateneo de Cultura Política y Social: unha experiencia societaria na Sada da II República, describindo o contexto da Sada dos anos 30, as organizacións culturais existentes e centrándose por último no Ateneo.

No acto, presentouse o primeiro número de "Cadernos de Estudos Locais" editado pola A.C. Irmáns Suárez Picallo adicado precisamente ao Ateneo de Sada e do que é autor o citado Manuel Pérez. Anunciouse ademáis, a intención de sacar adiante por parte desta Asociación, a publicación dunha revista sobre a historia e patrimonio sadenses, dos seus persoeiros, movementos e asociacións culturais, e o primeiro número sairá coincidindo coa celebración do pasamento de Ramón Suárez Picallo e segundo cabodano da traída das suas cinzas, o vindeiro 14 de outubro.

Ao remate de ámbalas dúas exposicións, deixouse un espazo para o coloquio, no que interviron algúns dos asistentes.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-07-2010 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0