A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

28 de XUÑO, aniversario do Plebiscito do Estatuto

O 28 de xuño do 1936 celebrábase o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Días antes, XOÁN ANTÓN SUÁREZ PICALLO, dirixente galeguista, publicaba o artigo que hoxe reproducimos pedindo o voto afirmativo.



A AUTONOMÍA PARA GALICIA SIÑIFICA...



Que a nosa Terra sexa unha Patria libre que contribuirá ao acerbo común da Cultura e do Progreso no concerto dos demáis pobos do mundo, convertíndoa nunha célula de universalidade.

* * *

Coa Autonomía, Galicia será dona dos seus destinos, e resolverá pol-o tanto os probremas e necesidades que hoxe nos teñen convertidos n-unha colonia de Madrid con senso i-emoción netamente galegos e humáns.

* * *

O esprito inmorredoiro da nosa raza, esmagado e aldraxado por catro séculos de opresión centralista e castelanizante, xurdirá novamente coma nos millores tempos en que Galicia foi un foco de Progreso e Cultura, cando nas nosas escolas primarias e superiores se ensiñe aos nenos galegos a amar a terra onde naceron, cousa que só ocurrirá cando nós coa Autonomía lexislemos as iñormas do ensiño que terá de ser feito por mestres galegos ou de probada emoción galeguizante.

* * *

Unha Galicia autónoma, será un baluarte para Repúbrica, e a máis segura arma para estirpar o caciquismo que nos fixo aparecer diante dos demáis pobos da península como seres atrasados, e que no estranxeiro o apelativo de galego fose considerado coma un aldraxe, sin ter en conta que Galicia contribuiu cecais máis que ningunha outra terra hispánica ao enriquecimento da cultura nacional.

* * *

Por todo elo ningún galego diño do pasado da nosa Terra, que desexe para mesma benestar, e queira contribuir a empresa de deixarlle aos seus fillos algo millor que o que lle deixaron a él seus pais, debe faltar o día 28 DE XUNIO DE 1936 aos seus deberes cívicos e de galego, votando na furna a papeleta que diga SI.


Sada, Xunio do 1936.

A Nosa Terra, 19/06/1936
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Tal día como hoxe... - Publicado o 28-06-2010 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0