A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOSA SEÑORA DA ROCA, R. Suárez Picallo
A xeito de atalaya xigante ollando pr?o mar onde viven seus devotos, érguese no curuto do outísimo penedo, a imáxen pédrea de Nosa Señora da Roca. Ten por capela toda a eistensión do mar azul n?un belido recuncho da costa galega, i-as terras verdecentes e mimosas da ribeira sen igoal, sempre frolecidas. Ten por mantelo o ceo estrelecido, e ten un altar sempre alumeado pol-as fachas do máis sinxelo amor, en cada corazón de cada mariñeiro da bisbarra.
Cando as barcas peixeiras pasan cabo d?ela, os homes quitan a pucha reverentes, i-os rapaces fan a sinal da cruz, namentras os remos deixan de choupar metidos de couce nos estrobos da bancada. A primeira vés qu?eu fun a o mar e pasei por idante da imáxen de pedra, aínda sen saber do que se trataba, santigüéime tamén, coma se alguén mo mandase.
O tío Traíñas o máis velliño dos meus compañeiros, e cecáis o máis vello peixeiro da comarca, contóume a hestoria d?a milagreira Virxen mariñeira; unha hestoria vella herdada de séculos, trasmitida dos abôs aos netos como unha sagra obriga.
Foi unha noite de treboada arrepiante. Os peixeiros das aldeias ribeiráns saíran todos en percura do pan pr?os seus fogares e alonxáranse mar afora porque na costa facía moito tempo que non se vira peixe d?ollos. A posta da lúa, na hora de pleamar, aparesceron no ceo mouros nubarróns. O con de Coitelada escomenzou a bruar ceibando agoiros de traxedia. O bourar dos tronos crebóu de súpeto o silenzo maxestoso da noite i-os lóstregos alumearon o mar, como se quixeran amostrar aos homes o camiño do outro mundo. Descargóuse a temida nordesía. Embravecéuse o mar facéndose mareira. As barcas sen goberno voavan nas ás do huracán cara a costa, a esnaquizarse nos baixos sen que ningún esforzo humán poidera detel-as.

* * *
As mulleres i-os meniños dos peixeiros da comarca despertaron en outas horas da noite, ao sentiren os bruídos da treboada temíbel e arremuiñánronse na punta máis saída da costa ao pé d?un penedo outísimo. Ollaban n?un supremo esoforzo por ver os seus, car?o mar. Somentes os lóstregos alumeaban de cando en cando un anaco de mar preto da costa, bourando e rebourando, ao esnaquizarse nos penedos irtos. Un mouro mantelo d?anguria envolvía o mar i-a terra. Os pregos d?agunía eran un sôo prego, loitando por rachar o veo dos elementos ceibos, pra chegar deica o trono de El Señor en demanda da súa piedade. E foi d?aquela que sucedeu o milagre. D?entre o bourar dos tronos, o bruído das ardentias i-o asubiar tráxido do huracán, escoitóuse unha vella cantiga feita oración, crara, nítida, cristaiña que espallóu seus ecos trementes d?emoción por toda a cormarca mariñeira. Parece que viñera do outro mundo coma unha verba d?espranza.

Nosa Señora do Carme
Nosa Señora ¡Váléime!
Qu?estou perdido no mar
E n-hai barqueiro que reme.

As mulleres i-os meniños caeron de xionllos. O mar, o vento i-os tronos, coma se quixeran escoitar ledamente os ecos da cantiga fixeron un silenzo. O vello i-outísimo penedo fíxose un facho aceso que alumeou o mar. Finóu a treboada tráxica. As mulleres viron as barcas peixeiras navegar cara ó porto impulsadas por un lixeiro sotavento. Os mariñeiros, en troques, viron outra cousa. Viron a vella roca trasformada en forma de muller, estendendo os brazos ao mar n?un tenro ademán de bendizoar, envolta nunha aureola lumiosa.
Dixérase que o penedo, tocado de miragre, conmovéuse c?os pregos das nais mariñeiras, e tomóu sua mesma forma física, e mandóu seus pregos deica o ceo.
Pol-a mañán do outro día as xentes da comarca fixeron xuntanza ao pé da pena milagreira, i-os mariñeiros espricaban a un fato de canteiros as formas de muller e de santa, en que, a noite derradeira, viran trasformada a vella roca. I-así foi como a arte rústica dos canteiros inspirara pol-a fé dos mariñeiros trocou aquel irto penedo, na ?Nosa Señora da Roca? que foi tida dend?entón por nosa patrona e quen como vés ?terminou o tío Traíñas− reverenciamos aínda oxe?

* * *
Moitos anos despois, cando pol-os áridos camiños do mundo deixara anacos da miña fé primeira, visitéi o vello penedo en cuio picoto érguese, solene a maxestosa, a pétrea imáxen, no seu eterno ademán de bendizoar ô mar noso i-as criaturas que n-el viven e traballan.
Era o día en que os peixeiros da comarca fan festa na sua loubanza.
Pol-os vieiros que conducen â roca miragrosa, caravanas endomingadas de homes, mulleres e nenos chegaban lediciosas de todal-as aldeias da costa. A ría maina i-azul coma unha esmeralda. Os vales cubertos de froles, coaroadas de doas d?orballo. Festa xocunda e ridente na primadeira galega. Festa de veiramar con arumes de xebras e marmulos. Brisa mariñeira que agarima as testas i-os cabelos louros.
O pé do outo penedo cubriuse de frores, ofrenda sinxela a do amor mariñeiro, da fé pura e limpa com?as augas da ría. Un fato de mozo e mozas, rodean a roca. E voa coma unha pomba branca a leda cantiga d?oxe:

?Nosa Señora da Roca
Nosa Reina, Nosa Nai,
Frores a traguerche veñen
Os peixeiros do lugar?.

I-a miña vós sumóuse âs outras voces pra entonal-a cantiga, porque foime doada a dita infinda de me sentir tan neno, coma cano o tío Traíñas me contar a hestoria vella d?esta Nosa Señora da Roca que se ergue, sempre bendizoando ao mar n?un outo penedo da costa galega.



Céltiga, 25-VII-1927.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 26-05-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0