A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¡NENIÑO GALEGO!, por Ramón Suárez Picallo
RSP leva xa doce anos como emigrante na Arxentina e neste momento entra de cheo en contacto coa colectividade galega e imprégnase dun galeguismo comprometido, colabora e dirixe Céltiga; as súas vivencias como rapaz que emigra buscando un mundo e situación mellor agroman neste precioso artigo publicado en Céltiga en novembro de 1925.


¡Ou retoño da vella raza baruda!
¡Irmán dos toxos, dos pinos outos, e das silvardas punzantes!
¡Irmán do maínzo en frol, e do trigo louro i espigado!
¡Suprema espranza da Patria galega!
Cariña churrusqueira e doce, que han de queimar os soles candentes dos trópicos, ou que han de escartillar as neves xélidas dos polos, ou que han de chapuzar os salseiros de tódolos mares do mundo. ¡Que pra todo has de servir, retoño da Raza!
Eses teus peíños, acariñados polas froles do noso chan galego, e hastra polas espiñas feras e irtas, que non se estreven a rabuñalos, santificados como están polos terróns da terra fecundada, han de hollar tódolos camiños, no teu futuro pelegrinaxe de emigrante.
¡E coido que xa pensas neso!
Debaixo da tua pucha aldeán xa bolen e rebolen os pensamentos da fuxida pra terras estensas, fiel á tradición aventureira da túa estirpe nómade.
Tua probe nai −¡ou traxedia imensa das mulleres galegas!− aínda reza tódalas noites por teu pai emigrado, e xa logo rezará tamén por ti a oración angustiosa dos alinxados. Presínteo cando polas noites vixía o teu sono; un sono donde non hay fadas, nin princesas encantadas, nin enanos, como nos sonos dos nenos da vila.
No teu sono hai mares fabulosos, piñeirales imensos desvaídos en brétema, no lonxán hourizonte.
Presínteo na mirada fixa que pos no mar e nas estrelas arelando descobrir os misterios do Infinito.
E nos paliques que tes cos bois teus amigos, e cos paxaros, teus compañeiros. Sabe que ese é o teu destino. E críate pra eso. E dáche consellos e leicións de bencrianza.
¡E prégache coa alma que cando eso suceda, te lembres dela, que xa será velliña, e morrerá amargurada levando pró outro mundo o teu nome nos beizos, i o teu lembro na alma!
¡E ti, tamén, xa estás neso! ¡Non esquencerás, non, as duas cousas santas de toda santidade, as dúas deidades que teñen un altar en cada corazón galego: A Nai e a Terra!
¡Ó conxuro desdes dous grandes amores, trunfarás no mundo! Serás poeta, ou Músico; serás Apóstol, ou Nauta. ¡Serás o que queiras ser, a troques de que seas sempre galego, sólo galego!
Garda pra daquela na tua retina a visión saúdo deses eidos queridos, que che bican os pés. Garda a música armoniosa dos nosos paxariños ledos, dos nosos regachos cantareiros i o rouco queixume do mar e dos pinos. Garda os máxicos ecos do alalá e do aturuxo baril. Fecha na ucha do corazón o rico tesouro dos bicos de tua nai i os agoiros de boa fada que che din teus abós cando lles bicas a man.
Todo pra daquela, pra cando te alonxes, e te queimen os raios do trópico, ou te escartillen as neves do Polo, ou te chapucen os salseiros de tódolos mares do mundo. ¡Que daquela eses recordos hanche de parescer o máis preciado tesouro! I han de che servir pra trunfares no mundo: ¡Pra ser o que queiras ser, neniño galego! ¡Retoño da Raza!
¡Suprema espranza da Patria Galega! ¡Deus te benzoe, e te críe pra boa fada, irmán dos toxos e dos paxaros!
¡Neniño galego!



Céltiga, 25-XI-1925.
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Infancia - Publicado o 02-06-2010 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0