A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A OBRA DOS IMPERIALISMOS ASOBALLADORES - Xohán Antón Suárez Picallo
N-ista hora en que todol-os anceios debesen camiñar cara o Progreso e a Libertade do home, sobor da vella Europa, volven a soar, coma fai 21 anos, os cañóns destructoes que deixan tras d-eles, door, miseria e odio. A Italia ou mellor dito Mussolini, acendeu a fogueira que cecais se extenda da milenaria Abisini, a toda Europa e logo ao resto do mundo. Todo por un cacho de terra máis para o vulgo. Por un desexo imperialista de impoñerse pol-a forza para nós. Porque terra sobra cando se travalla ben, i-en todo caso cando non chega, pol-a razón pídese máis, alí onde hai tanta virxen agardando que o brazo do home a faga producir a cotío. Mais nada d-esto é a causa. A causa é o orgulo da forza, cando ésta, non está frenada pola razón. Esa forza que apricada a defensa d-unha causa xusta poidese ser disculpabel.

Que os patrioteiros canten agora himnos aos pobos grandes en quilómetros e baionetas. Ahí teñen a mostra dos ventos que traen agora, e os que traerán logo. Porque a guerra non só, con ser d-abondo xá, é a loita no campo de bat6alla. A guerra, son os orfos, os inútiles, e os centos de miles de mortos que caen na loita. A guerra é a crisis que trae como consecuencia do despilfarro que se fai no tempo que dura. A guerra será tamén as comocións sociaes, políticas i-económicas que irremisiblemente, han producirse como resultado d-ela, e que os patrioteiros achacan sempre a marxistas, antipatriotas, etc., etc. Para eles un <> ten sempre razón, aínda que éste sexa como Mussolini. E un pobo non é grande, aínda que sexa berce de sabios, e disfroite d-un outo nivel de vida, se non ten moitos barcos de guerra, soldados e cañóns, ademais d-un <>. Checoeslovaquia, Suiza, Suecia, Holanda, Dinamarca e outras nacións pequenas en eistensión, para eles non valen rén. Pol-o visto n-unha Patria moi longa estase mellor pasando fame, que n-unha pequena comendo e vivindo relativamente ben. Claro que os feitos encarréganse de amostrarlles todol-os días a falla de senso dos seus argumentos; eles, porque nós, estamos de volta do que buscan coas súas teorías. Para nós un dictador, un imperio e moitos cañóns, camiñan sempre ao mesmo: opresión e guerra. E por eso estaremos sempre contra eles, non por esprito de contradición, senón por lei natural, de que o home non pode ser nemigo do home, serán o irmán e o amigo e proteitor. Que temos razón, vémolo todos os días, e agora n-ista hora de anguria en que se quebran as máis fondas espranzas de paz entre os homes máis que nunca. Por elo con máis afinco, seguiremos o noso camiño federalista, humán, frente aos imperialismos asoballadores que levan detrás d-eles a guerra, o odio entre uns e outros, e a máis desesperante miseria enxendradora das loitas fraticidas na humanidade.


Sada, Outono 1935.

(A Nosa Terra, 05/10/1935)
Comentarios (0) - Categoría: Textos históricos - Publicado o 18-10-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0