A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Theodoro Elssaca, poeta, ensaista, fotógrafo antropoloxista chileno por Galicia e tamén en Sada

O ESCRITOR CHILENO THEODORO ELSSACA NA FACULTADE DE HUMANIDADES E NA CÁTEDRA VALENTE
O escritor Theodoro Elssaca, poeta, ensaísta, artista visual e fotógrafo antropoloxista chileno que ven de participar no 82 Congreso do PEN Club internacional celebrado en Ourense pronunciou a conferencia ?Gonzalo Rojas y la poesía chilena en el centenario del nacimiento del poeta?, o luns 3 de outubro, ás 12 h., no Salón de Graos da Facultade de Humanidades do Campus Universitario de Lugo. Foi presentado polo poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer e no coloquio interveu Ana Chouciño, profesora de Literatura Hispanoamericana.
Theodoro Elssaca falou da poesía chilena dende La Araucana de Alonso de Ercilla ata os nosos días, neste caso de maneira moi próxima, pois foi gran amigo do poeta chileno e Premio Cervantes Gonzalo Rojas, así como alumno do tamén poeta chileno e Premio Cervantes Nicanor Parra. Comprometido co legado poético dos grandes poetas de Chile, Gabriela Mistral, Vicente Huidobro e Pablo Neruda, colabora coas súas fundacións e incorpora as súas voces á súa propia obra.
Despois de degustar os productos tradicionais da nosa terra, percorreu a milenaria muralla da man de Claudio Rodríguez Fer e visitou o Museo Provincial interesandose polos Torques e a historia do Carneiro Alado.
A conferencia impartida no Campus de Lugo, repetirase o mércores 5 de outubro, ás 13 h., na Aula D03 da Facultade de Filoloxía, no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela.

O martes 4 de outubro terá lugar na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, situada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e dirixida polo escritor Claudio Rodríguez Fer, un Encontro Internacional de doutores e poetas, que se suma aos xa realizados con poetas como Antonio Gamoneda ou Bernard Noël ou con filósofos como José Luís Pardo. Neles participaron filólogos de Europa, como o británico Arthur Terry; de África, como a marroquí Fatiha Benlabbah, e de América, como o estadounidense Jonathan Mayhew, todos eles estudosos de Valente, ademais de moitos outros galegos e españois.
Ás 19 horas, intervirá o investigador italiano Stefano Pradel, autor dunha tese doutoral sobre Valente na Università degli Studi di Trento, que falará de ?Avances sobre Valente en Italia?. Ás 19.30 horas intervirá a investigadora francesa Claudie Terrasson, catedrática da Université Paris-Est-Marne-La-Vallée, quen tamén se doutorou cunha tese sobre Valente, e que falará sobre ?Avances sobre Valente en Francia?. E ás 20 horas terá lugar un recital poético seguido de conversa co citado escritor Theodoro Elssaca.


O vindeiro venres, día 7 -en Sada- invitado pola A.C. Irmáns Suárez Picallo,- recitará algúns dos seus poemas e lembrará e homenaxeará a Cervantes cun texto da sua autoría no que fará intervir a consagrados poetas chilenos como Mistral, Huidobro ou Neruda.




Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-10-2016 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0