A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Asociación Cultural IRMÁNS SUAREZ PICALLO, seis anos na rede
Este blogue iniciou a sua andadura o día 17 de outubro de 2009. Cumplimos pois SEIS anos.
Neste tempo, publicamos 1579 entradas relacionadas coas distintas categorías ou seccións nas que está configurado e alcanzamos as 241.400 visitas.

Ainda que nos ocupamos de difundir textos e informacións relacionados con Sada, tratamos ademais de divulgar os escritos de Ramón Suárez Picallo. Os 893 artigos que -ata hoxe- publicamos de RSP,corresponden case na sua totalidade ao período de permanencia en Chile como exiliado(1942-1956)ainda que tamén publicamos artigos correspondentes a sua etapa como emigrante en Bos Aires(1912-1931) ou como deputado nas Cortes da II República e da sua última etapa na Arxentina(1956-1964)


OUTRAS PUBLICACIÓNS:

Está no prelo o nº 11 da revista semestral AREAL (sae en outubro e abril)

CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS: 17 títulos editados ademáis de catro extraordinarios (estos dedicados a Isaac Díaz Pardo) e un nº especial sobre a revista Mariñana.

CADERNOS DE ESTUDOS XERAIS: 4 tìtulos publicados.

LIBROS:

Ramón Suárez Picallo, a voz esquecida do galeguismo (octubro 2009)

O penedo do crime, de Lugrís Freire (2013)

A idea na palabra, textos e documentos de Manuel Lugrís Freire (abril 2014)
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 18-10-2015 02:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0