A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EMILIA PARDO BAZÁN E SADA

Reproducimos este artigo publicado por Manuel Pérez Lorenzo, no blogue A SADA QUE FOI.HISTORIA DE SADA
(http://www.blogoteca.com/asadaquefoi/index.php?cod=136646). O historiador Pérez Lorenzo é socio fundador da nosa Asociación, colaborador habitual e coordinador da revista AREAL.

A figura da escritora Emilia Pardo Bazán está intimamente ligada ao municipio de Sada. En primeiro lugar, polo feito de se ter desenvolvido aquí boa parte da súa vida, pero tamén porque Sada, Meirás, Mondego? serían escenarios nos que ambientaría moitas das súas obras narrativas.


Meirás, de Granxa a Torre

Na parroquia de Meirás posuíu, como herdanza da familia paterna, procedente da fidalguía local, a súa casa matriz. Era este o seu lugar de residencia habitual nas primaveras e nos veráns e, de feito, durante anos estivo empadroada no concello de Sada.

Desde a súa infancia, dona Emilia vive intensamente as paisaxes mariñás na vetusta Granxa de Meirás, un pazo que, en realidade, era o vestixio da fortaleza que destruíran as tropas napoleónicas e á que o seu avó, por coherencia coa súa militancia liberal, privara de escudos de armas, arrincados da fachada. É aquí onde atopa inspiración para escribir, mesmo para describir a propia casa:

en donde me hallo mejor para sentir esta grata fiebre de la creación artística es aquí, en la vieja Granja de Meirás, en este rincón apacible de las risueñas Mariñas. [?] La celda en que escribo no da a los jardines, sino a la era: a la izquierda veo el hórreo inmenso y el palomar [?]; a la derecha, el muro y la higuera [?]; enfrente la puerta por donde sale el rebaño del ganado para ir a pastar al monte; y en el centro el pajar de paja triga, un inmenso montón de oro blando [?].
Por las tardes ofrece dilatado horizonte la ancha calle de camelias, que domina toda la extensión del valle y el mar de Sada, caído entre dos montañas como un fragmento de espejo roto [?].
La Granja es toda rústica [?]. A la casa, baja e irregular aunque extensa, se la come la vegetación cubriéndola por todas partes.

(?Apuntes autobiográficos?, Los Pazos de Ulloa, Cátedra, 1997)

A carón da vella casa familiar, dona Emilia construirá, entre 1896 e 1906, o que virá a ser outra máis das súas obras: as Torres de Meirás, un maxestoso edificio de estilo historicista. A nova mansión, na que instala a súa pródiga biblioteca, axiña se converterá en paso obrigado de intelectuais e figuras da política e a alta sociedade. Un deses visitantes, Luís Antón del Olmet, relataba a súa impresión ante a mansión de inspiración románica:

Figuraos un enorme edificio de piedra, con dos torres airosas, gráciles, que perfilan sus almenas en el cielo azul. Todo en la mole es simbólico, elegante, ajustado a un estilo encantador. Las gárgolas, los ventanales, el balcón de «Las Musas», la capilla, la puerta de honor [?]... En lo alto ondea la bandera señorial. Luego, en torno de las Torres, una campiña verde y azul, en la que bullen los pinares, y allá en el fondo, la pincelada del mar, salpicando de gaviotas que pasan lentas, blancas, como un sueño...
(?Los grandes literatos, íntimos. Dª Emilia Pardo Bazán?, Por esos mundos, 01/11/1910).


Sada como escenario literario

Dada esa relación vital de dona Emilia cos espazos que circundan Meirás, e dada a súa predisposición a tomar localizacións reais para a ambientación das súas obras, non é de estrañar que sexan numerosos os textos narrativos da súa autoría onde estas paraxes están presentes. Iso si, como é habitual nela, cos seus nomes transformados, total ou parcialmente, para dar lugar a unha toponimia ficticia: Sada será Areal, Mondego e Soñeiro defórmanse en Monegro e Soñedo, e a residencia señorial da escritora converterase en Alborada ou Blancas Torres.

Ademais dun bo número de contos, son dúas as novelas que transcorren en Sada, La Quimera e Finafrol. No primeiro caso, son varias as ocasións nas que a autora recrea a súa pluma en descricións da paisaxe de Areal, como xa fai no propio inicio da novela:

Los últimos tules desgarrados de la niebla habían sido barridos por el sol: era de cristal la mañana. [?] El seno arealense, inmenso, color de turquesa a tales horas, ondeaba imperceptiblemente, estremecido al retozo del aire. La playa se extendía lisa, rubia, polvillada de partículas brilladoras, cuadriculada a techos por la telaraña sombría de las redes puestas a secar, y festoneada al borde por maraña ligera de algas. A la parte de tierra la limitaba el parapeto granítico del muelle, conteniendo el apretado caserío, encaperuzado de cinabrio.
(La Quimera, Cátedra, 1991)

Mais o escenario principal de La Quimera son as propias Torres de Meirás, presentes ao longo da obra nunha reprodución extremadamente fiel da realidade:

A una revuelta de la carretera empezó a emerger, de la ramazón tupida del castañal, el alminar de las torres de Alborada. Poco a poco, la mole del edificio entero: parecía ascender, todo blanco, de piedra granítica [?].
La Torre de Levante se había terminado; y con ella quedaba completo el vasto edificio del Pazo de Alborada. Cierta mañana apareció izado sobre la almena central un pino joven, entero, que a tal altura sólo parecía una rama frondosa. Era el xeste, signo del fin de la obra de cantería. Aquel ramo pedía un refresco para los trabajadores. Parecióle poco a la baronesa el habitual obsequio de aguardiente y pan, y dispuso un convite en forma. Obras como la de Alborada quieren repique.

(Op. cit)

Por outra parte, entre as localizacións principais de Finafrol atópase unha fábrica de salga das moitas que salpicaban a costa de Sada e Fontán:

La fábrica de salazón se asentaba al borde de la playa, la extensa playa orgullo de Areal, que rodean malecones de mampostería y sillería, formando un paseo frecuentado por marineros, chiquillería oliente a saín, y pescadoras con cestos de sardina en equilibrio sobre la cabeza. Álamos blancos corpulentos, de argentino follaje color de luna, sombrean desde afuera el patio, ante el cual (a pesar de las exhortaciones del único guardia de orden público que en Areal existe) se hacinan despojos de sardinas y calamares, el residuo de las conservas, apestando el aire que la brisa del mar purifica.
(Obras completas, VI., Fundación José Antonio de Castro, 1999)

A beleza da paisaxe mariña de Areal é tamén en Finafrol obxecto de atención da autora:

nadie andaba por allí, sino algunos chicuelos recogiendo caracoles y formando montones de arena, y allá, muy, muy lejos ?la playa es enorme?, unos marineros recosiendo y remendando redes. Por la carretera, a la cual formaba parapeto el malecón, pasaba algún trajinero en su borrico, sin detenerse a admirar la hermosura del playal extenso, igual, magnífico, hecho de polvillo ocre delicado, que al sol parecía limadura de latón, y la de aquella mar verdosa [?].
(Op. cit)


* * *


Sada, escenario do transcurso vital, deixou unha pegada fonda en Emilia Pardo Bazán. E dona Emilia deixou tamén memoria nas xentes. Unha memoria hoxe desdebuxada polo paso das décadas pero fundamental para coñecer as súas facetas máis persoais e as motivacións que a levaron a confeccionar algúns dos principais textos literarios da Europa do momento.


Publicado en Mariñán Xornal, 04/2015
Comentarios (0) - Categoría: Colaboración de Manuel Pérez Lorenzo - Publicado o 31-05-2015 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0