A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA DAS ARTES GALEGAS
1 de ABRIL ?DÍA DAS ARTES GALEGAS?  Ampliar imaxe Ampliar imaxe Ampliar imaxe  A Real Academia Galeg
1 de ABRIL ?DÍA DAS ARTES GALEGAS?


A Real Academia Galega de Belas Artes, creada no 1849 para fomentar a práctica, o estudo, contribuír á salvagarda, á sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego, na súa Asemblea de 31 de Xaneiro de 2015, decidiu instituír o ?Día das Artes Galegas?. Motivo para a exaltación, divulgación e promoción da creación en Galicia. E arredor da xornada un sólido argumento: confín habitado dende a Prehistoria, de antolóxicos monumentos megalíticos, emporio na Idade dos Metais, de sobranceiros ourives, de incontables e estratéxicos castros, arrodeados de lendas; Gallaecia de portos, faros, de enclaves romanos e suevos, que deron paso á humanización do territorio en ribeiras sacras, encrucillada de camiños a Compostela, para o nacemento do Románico e de Europa. Obradoiro de mestres construtores do Gótico. Escola de humanistas e mecenas renacentistas que fan qué Galicia brille. Confíns do contraste, do Barroco, de ilustrados que dan paso ó Neoclasicismo e a un Romanticismo de inquedos precursores, algúns deles ideólogos desta Real Academia, a súa vez creadora de escolas de arte e museos, para culminar nun singular Modernismo que abre á Contemporaneidade. País de creadores, artesáns, músicos, teóricos, profesores, mecenas, marchantes que merecen a celebración dunha xornada para reivindicar a orixe, a orixinalidade, como contribución particular á universalidade. Sirvan as limeiras da Historia das Artes Galegas como pórtico de futuro.


?A 1 DE ABRIL ASENTÁRONSE AS LIMIEIRAS DO PÓRTICO DA GLORIA POR MATEO?

Para celebrar o "Día das Artes Galegas" a Real Academia Galega de Belas Artes escolle o 1 de abril de cada ano, en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo. Cima da Arte Románica, arte europea por excelencia, pórtico que abre a camiños, que fan de Galicia encrucillada de culturas, e que mesmo sintetiza todas as artes. Da cultura, das tradicións, dos saberes dos canteiros e das relacións foi posible o Pórtico da Gloria.

Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 31-03-2015 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0