A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RUA É DE TODOS.

Xunta cos hoxe en día desaparecidos ?autos de fe?, as touradas e os desfiles procesionais forman a triloxía de espectáculos públicos que o tempo son elementos distintivos do que chamamos España.

O mellor, o ilustre Fraga Iribarne, Deus o teña na súa gloria, na súa etapa de ministro de Información e Turismo durante franquismo, inspirouse nestes ?feitos diferenciais? para dar co coñecido slogan turístico ?Spain is different? seica ?bandeirín de enganche? para que miríadas de turistas viñeran ver coma de diferentes eramos os habitantes da pel de touro.

Quizais as novas xeracións hai que lembrarlles que antes da versión 2.0 de Fraga, a dos gaiteiros por milleiros, os ollos húmidos e o mega proxecto de?de?de?, bo da igual, do que sexa o Gaiás (ocorréseme que se podía facer un concurso público para atopar unha definición para o enxendro, ditos en acritude, que hai enriba do monte nos arrabaldes composteláns), houbo un Fraga 1.0. que o mesmo reclamaba a titularidade da rúa (xa saben o de ?la calle es mía?) que daba xeral coñecemento a inspirados reclamos turísticos, nos intres nos que non estaba a pechar xornais, ou a dinamitalos se conviña.

Perdoen vostedes a digresión, poren xa que os ?autos de fe?, aqueles espectáculos de masas producidos e realizados pola Santa Inquisición, resultaron demasiado crus para os delicados padais dos países da nosa contorna sendo finalmente prohibidos, (disque o derradeiro ?auto de fe? celebrouse en Sevilla no ano 1781, tendo coma protagonista involuntaria a María Dolores López, muller de baixa condición social, acusada de finxir revelacións divinas e de ter relacións cos seus confesores!), solo nos quedan dos manifestacións populares que nos seguen a diferenciar do mundo civilizado.

Un deles, chamado ?fiesta nacional? polos seus devotos, as touradas, son un inequívoco símbolo dunha forma de ser español, carpetovetónicamente español diría eu, que pòlo visto consiste en fumarse un puro mentres no ruedo (ibérico?) desenvolvese un espectáculo de ?sol, sangue e moscas?, coma o definiu Manuel Vicent, para xeral cabreo dos seareiros, entre os que se contan algún antigo embaixador español ante o Vaticano, inda que algún malintencionado mantén que era xusto o inrevés.

O outro, que é froito da tempada, son os desfiles procesionais. Durante toda unha semana, nalgúns sitios en sesión continua de mañá, tarde é noite, ocupan as rúas, cas súas músicas trompeteras é timbaleras, cos participantes vestidos ben de romanos, ou cunhas carrapuchas puntiagudas e portando cirios e velons, que en algún caso poden mover a equívocos, casos se deron de rapaces que ante a visión dos encapuchados do Ku Kux Klan, na película ?Arde Missisipi? preguntábanlle os proxenitores de que confraría eran. Todo iso acompañando imaxes que non aforran detalle algún dos padecementos, incluída a crucifixión, os que semella foi sometido o señor Xesucristo. Un espectáculo altamente edificante, dese xeito aprendese a ver os xudeus baixo unha luz digamos diferente, ideal para ir velo cos rapaces antes, o despois, de tomala merenda.

Art. 16.3 da Constitución de 1978.

?Ningunha relixión terá carácter estatal. (?)


Xaime Rodríguez Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría: Notas desde o meu Smartphone, de Xaime Rodríguez - Publicado o 15-04-2014 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0