A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MIMINA, FILLA ADOPTIVA DE SADA a título póstumo
Mimina, Carmen Arias de Castro Montero, esposa de Isaac Díaz Pardo, e que falaceu o pasado mes de novembro será nomeada Filla Adpotiva de Sada a título póstumo.
O Pleno da Corporación do Concello de Sada, aprobou por unanimidade, na sesión celebrada onte día 19 a moción que presentou o grupo do BNG.
Celebramos dito acordo e felicitámonos por elo xa que,no ano 2011, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo homenaxeábaa e designábaa Socia de Honra "en recoñecemento a unha vida exemplar de dedicación a Galicia e polo seu contributo ao progreso material e cultural de Sada".


De seguido incluímos o contido da moción presentada.

MOCIÓN RELATIVA AO INICIO DA TRAMITACIÓN DO NOMEAMENTO DE CARMEN ARIAS DE CASTRO MONTERO COMO FILLA ADOPTIVA DE SADA


O pasado 1 de novembro falecía na súa casa do Castro de Samoedo Carmen Arias de Castro Montero, coñecida por Mimina. Nacida na Coruña no ano 1921, Carmen Arias pertencía a unha familia de fonda raigame en Sada, os Arias de Castro, e no pazo familiar transcorrería parte da súa infancia.

Muller de gran habilidade e capacidade para a creación artística, iniciaría os seus estudos de debuxo e acuarela con Lolita Díaz Baliño, ingresando posteriormente na Academia de Bellas Artes de San Fernando.

No ano 1945 contrae matrimonio no Castro de Samoedo con Isaac Díaz Pardo, establecéndose ambos en Madrid, onde Isaac, xa reputado pintor, exercía de retratista. Tres anos despois, instálanse ambos na casa do Castro, creando, nos terreos da familia de Mimina, a factoría de Cerámicas do Castro, que, andando o tempo, habíase converter nun dos símbolos da identidade galega e nun dos principais elementos de proxección da nosa imaxe no exterior.

A labor de Mimina á fronte, canda Isaac, da empresa será crucial ao longo da súa traxectoria. Neses anos iniciais, se Díaz Pardo vai ser quen asuma as labores de deseño, será Mimina quen se encargue de coordinar a decoración, debido ás súas habilidades para as artes pictóricas. Exercerá tamén un papel fundamental como mestra de decoradoras. Posteriormente, será ela quen idee e leve á práctica a produción de xoias en porcelana, deseñando e decorando.

Máis alá da súa faceta artística e empresarial, Mimina exerceu de forma profusa e xenerosa o mecenado e, ao igual que Isaac, xogou un rol fundamental na conexión de Galicia co seu exilio, mantendo unha intensa relación con personalidades como Luís Seoane, Rafael Dieste ou Lorenzo Varela.

No transcorrer da súa longa vida, Carmen Arias, Mimina, fíxose acredora do recoñecemento dos galegos e galegas, pero, sobre todo, dos seus veciños e veciñas de Sada, dada a súa implicación esencial no desenvolvemento de Cerámicas do Castro e do Grupo Sargadelos e dada a súa relación vital permamente co noso Concello; precisamente, no ano 2011, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo homenaxeábaa e designábaa Socia de Honra "en recoñecemento a unha vida exemplar de dedicación a Galicia e polo seu contributo ao progreso material e cultural de Sada".

En atención a todos estes méritos, e a moitos outros innumerables, constituiría un acto de xustiza para coa súa memoria o seu nomeamento, por parte do Concello de Sada, como Filla Adoptiva do mesmo, entendendo ademais este recoñecemento institucional como unha oportunidade para difundir o seu legado material e inmaterial e para trasladar o seu exemplo as novas xeracións.

O Pleno desta Corporación ten aprobado un Regulamento Especial de Honras e Distincións (REHD) que establece no seu capítulo VIII o procedemetno a seguir para a concesión desta honra.

Por todo elo o Grupo Municipal do BNG, propón ao Pleno a adopción do seguinte

ACORDO

1.- O Pleno da Corporación, ao abeiro do art. 18.2 do REHD do Concello de Sada acorda requerir do Alcalde-Presidente que decrete o inicio do procedemento para a concesión do recoñecemento a título póstumo de filla adoptiva de Sada a Dona Carmen Arias de Castro Montero.

2.- Nomeado o Instructor e unha vez finalizado o expediente, inclúase o asunto na orde do día do seguinte pleno Ordinario que se celebre, co fin de proceder á concesión deste recoñecemento a título póstumo, consote ao establecido no art. 7 do citado Regulamento.

Sada, a 7 de decembro de 2013.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 20-12-2013 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0