A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS SUÁREZ PICALLO TEN QUE RENUNCIAR A UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA
HAI UNS DÍAS ENVIAMOS UNHA CARTA DE RENUNCIA A UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA QUE NOS PERMITIRÍA FACER MOITAS ACTIVIDADES DE INTERESE...
A CONTINUACIÓN REPRODUCIMOS A CARTA ONDE SE INDICAN OS MOTIVOS QUE NOS LEVARON A FACER ISTO.


***


En relación a axuda concedida a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo para o programa (nº expediente 2013/000245-0) de Actividades Culturais do Ano Lugrís Freire e outras pola que se nos concede una subvención de 1.277'79 ? e se nos pide xustificar a totalidade do presupostado, que ascende a 7.456'36 ?, esta Asociación que presido, reunida en Xunta directiva, acordou rexeitar por unanimidade dita concesión.

Como se indicou na memoria xustificativa das actuacións previstas para o presente ano, os ingresos previstos ascendían a 3.084? máis outros 500? concedidos en subvención nominativa polo Concello de Sada. É evidente que non dispoñemos de máis ingresos, e por iso solicitabamos unha subvención para levar adiante outros ambiciosos proxectos, pero aínda sumando a subvención concedida pola Consellería de Cultura acadariamos uns ingresos duns 5.800?. Polo tanto, non podemos asumir de ningún xeito unha xustificación de gastos de máis de 7.000?, pois isto suporía hipotecar economicamente o futuro da nosa entidade.

Desde logo, non entendemos que se nos esixa xustificar todo o proxecto previsto cando os ingresos para levalo adiante quedan moi por debaixo da nosa capacidade de autofinanciamento. O total a inverter dependerá da contía da axuda, e os proxectos previstos deberán acomodarse a esa contía; o que non ten sentido é que a Xunta de Galicia aporte o 25% da cantidade solicitada (cantidade solicitada que xa supuña só un 60% do orzamento total do proxecto) e esixa que se manteña o total presupostado.

Non podemos comprender esta política de axudas da Consellería, que aboca a moitas asociacións culturais do país -que xa veñen traballando en condicións bastante precarias- a ter que renunciar as subvencións. Ou quizais sexa precisamente iso o que se pretende. Así que só levaremos adiante honradamente o que nos permita a nosa capacidade de autofinanciamento, como, por outra parte, vimos facendo de cotío, dado o importante respaldo que atopamos na sociedade e no comercio local.

Sen máis, agardando que dea curso a esta renuncia, imposta polas propias condicións establecidas por vostedes, aproveito para saudalo cordialmente.

En Sada, a 23 de setembro de 2013

Asdo. Francisco A. Pita Fernández
Presidente da A. C. Irmáns Suárez Picallo

Sr. Secretario Xeral de Cultura · Xunta de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-09-2013 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Semella que todo está planificado para poder sacar titulares na prensa, ou argumentar no Parlamento que se destinan tantos cartos á cultura..., que se apoian as iniciativas da cidadanía... Mira que demócratas e progresistas somos!
Porén, a realidade é outra ben distinta, como o demostra este caso. No fondo non lles interesa a cultura, nin a educación; o único que interes#blgtk08#a é o continuísmo. Habería que investigar a realidade das subvencións concedidas a partidos políticos e outras institucións para sabermos se o nivel de esixencia é tan grande ou se, pola contra, son a fondo perdido.
En definitiva, paréceme un caso lamentable e unha demostración de que non interesan as asociacións culturais. Non vaia ser que se lle abran os ollos ao pobo!
Comentario por xoanseca (29-09-2013 10:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0