A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XANTAR DE HOMENAXE A MANUEL COUZO
O próximo domingo 25 terá lugar un xantar de homenaxe a Manuel Couzo, organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo con motivo do seu regreso a Buenos Aires ao finalizar o mes de agosto, logo dunha estadía de dous meses en Sada.

Manuel Couzo, fillo predilecto do noso municipio, foi fundador e presidente do C. E. Sada y su Contornos de Buenos Aires, unha institución que agrupa aos sadenses emigrados na capital porteña. Couzo destacouse, ao longo da súa vida, polo seu amor á nosa vila e polo seu traballo na procura de reunir aos emigrantes sadenses para preservar a nosa cultura alén do Atlántico. Colaborou activamente, ademais, no traslado dos restos de Ramón Suárez Picallo, no ano 2008, e no ano 2010 foi nomeado Socio de Honra da A. C. Irmáns Suárez Picallo.

O xantar terá lugar no restaurante Don Chuletón,e a asistencia é aberta a todos e todas os que queiran participar. A data límite de inscrición é o sábado pola mañán, podéndose facer no correo electrónico: comisionsuarezpicallo@gmail.com ou contactando con calquera dos membros da Asociación.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-08-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0