A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RICARDO FLORES, PROTAGONISTA DUNHA MESA REDONDA EN SADA
O pasado venres 27, tivo lugar, na Casa da Cultura Pintor Llorens, a anunciada mesa redonda en torno á figura de Ricardo Flores. Programouse no marco da exposición dedicada ao escritor sadense, nacido en Sada de Arriba e emigrado a Buenos Aires no 1929, cidade na que faleceu no 2002.

O acto abriuse cun breve video que combinaba fotografías de Ricardo e portadas das súas obras coa súa voz. A continuación, interviñeron persoas que o trataron en Buenos Aires. Abriu a mesa, presentando aos demais integrantes, José Mª. Monterroso Devesa. Falaron logo Antón Santamarina, Xosé Martínez-Romero, Pilar Jeremías, Luis Pérez e Carmen Moreno. Todos eles describiron a un Ricardo Flores fielmente comprometido con Galicia, coa lingua e coa cultura galega, ao longo de toda a súa vida.

Todos os participantes, desde cadansúa perspectiva, conseguiron trasladar ao auditorio ao Buenos Aires de Flores, de Abraira, de Seoane ou de Suárez Picallo. Ofrecéronnos testemuños desa parte da historia tan difícil de localizar na bibliografía: a que fala das relacións humanas, do carácter e da forma de ser dunha persoa, do quefacer cotián.

Ao acto asistiron, por parte do Concello de Sada, representantes dos grupos municipais do PSOE e do BNG.
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE RICARDO FLORES - Publicado o 28-07-2012 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0