A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SADA LEMBRARÁ A RICARDO FLORES CUNHA MESA REDONDA

INTERVIRÁN VARIAS PERSOAS QUE O TRATARON EN BUENOS AIRES

O pasado 24 de xullo cumpríronse 10 anos do falecemento do sadense Ricardo Flores en Buenos Aires. Comediógrafio, compilador da lírica popular, xornalista, etc., Ricardo Flores, que fora nomeado fillo predilecto do Concello de Sada, traballou intensamente ao longo da súa vida en prol da dignificación da lingua e da cultura galega. Con motivo deste aniversario, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organizou unha exposición biográfica que se pode ver na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada ata o próximo venres 27.

Coincidindo coa clausura da mesma, o día 27 ás 20:00 h., tamén na Casa da Cultura Pintor Llorens, terá lugar unha mesa redonda na que, con José Mª Monterroso Devesa como moderador, participarán varias persoas que trataron a Ricardo Flores:

-Luis Pérez: docente e avogado, ensaísta especialista en Eduardo Blanco Amor, García Lorca e na colectividade galega de Buenos Aires

-Carmen Moreno: entusiasta participante da cultura galega de Buenos Aires, especialmente en coros, agrupacións folkóricas e como actriz teatral en obras de Ricardo Flores

-Antón Santamarina Delgado: escritor e profesor de galego en Buenos Aires

-Xosé Martínez-Romero: Doutor en Sicoloxía, sicoterapeuta, docente e ensaísta fillo de galegos, nacido en Buenos Aires e establecido en Galicia hai máis de 10 anos

-Pilar Jeremías: activista cultural galega en Buenos Aires, compañeira de Martínez-Romero

No acto seguiranse a repartir exemplares do nº 12 dos Cadernos de Estudos Locais que edita esta asociación, titulado "Ricardo Flores. Sempre en Sada (1903-2002)". Nel repásase a traxectoria do sadense homenaxeado.
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE RICARDO FLORES - Publicado o 27-07-2012 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0