A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DEDICADA A RICARDO FLORES
Onte inaugurouse na Casa da Cultura "Pintor Llorens" de Sada a exposición dedicada a Ricardo Flores. No acto estiveron presentes familiares do escritor homenaxeado e da actriz Carmen Moreno, así como o estudoso da emigración galega a Buenos Aires Luis Pérez. Por parte do Concello, asistiron representantes do grupo municipal do BNG (Abel López Soto e Calros R. Silvar).

Fixeron uso da palabra, pola entidade organizadora (A. C. Irmáns Suárez Picallo), Paco Pita e Manuel Pérez Lorenzo, que comentaron as motivacións que levaron a concebir esta exposición, as aportacións das que é debedora e o contido dos 10 paneis e da vitrina que a compoñen. A continuación, José Gerpe, afillado de Ricardo Flores, relatou as súas lembranzas acerca do seu padriño.
Por último, distribuiuse o nº 12 dos Cadernos de Estudos Locais que edita a A. C. Irmáns Suárez Picallo, e que recolle o texto dos paneis.

O acto resultou emotivo, cunha notable asistencia de público. A exposición permanecerá aberta ata o próximo venres 27, día no que -ás 20:00 h.- terá lugar unha mesa redonda na que participarán persoas que trataron a Ricardo Flores.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-07-2012 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0