A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA REUNIÓN COA CRMH
No día de onte, socios da A. C. Irmáns Suárez Picallo mantiveron unha reunión con representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Históritca da Coruña co obxecto de organizar un acto reivindicativo para o mes de outubro.

Neste acto esixirase a devolución do pazo de Meirás e o cumprimento da lexislación por parte da Xunta de Galicia no que toca ao seu réxime de visitas como Ben de Interese Cultural, figura de protección que lle foi adxudicada ao inmoble como resultado das xestións do anterior goberno municipal. No pasado mes de agosto -cando maior é a afluencia de visitantes a Sada- a Xunta decidiu pechar o edificio ao público, argumentando que a estancia da familia Franco no mesmo suporía un incremento nos gastos de seguridade, o que é rotundamente falso, dado que ao goberno galego non lle corresponde facer fronte a eses gastos.

O acto, que terá lugar a finais de outubro, será convocado tanto pola CRMH como pola A. C. Irmáns Suárez Picallo, que fai un chamamento a toda a cidadanía de Sada para que se involucre no mesmo.

O regalo do pazo a Franco foi resultado dun verdadeiro expolio a veciños e propietarios dos terreos colindantes, a todos aqueles que houberon achegar cartos baixo coacción e a todos os traballadores públicos que viron reducido o seu salario para engrosar as arcas da Junta pro Pazo del Caudillo. É de xustiza e de lóxica a súa recuperación para o patrimonio público. Ademais, o inmoble conta con innumerables atractivos -foi construído por Emilia Pardo Bazán- que o converterían, de seguro, en punto de visita obrigada de milleiros de persoas, o que contribuiría a dinamizar a economía local.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-09-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0