A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ONDAS DE IRMANDADE
Desde hai unha semana, a exposición Ondas de Irmandade, realizada por 8mares e organizada pola Confraría de Pescadores, pódese visitar na capela de San Roque.

A mostra, elaborada de xeito que resulta didáctica, componse dunha serie de paneis nos que, mediante textos e imaxes, se explica o desenvolvemento do asociacionismo mariñeiro en Sada, desde as súas orixes no 1909, coa Sociedad de Vigilancia de la Ría. Ademais, realízase un percorrido pola evolución tecnolóxica da flota e achégase documentación gráfica sobre a Sada da época.

A exposición acompáñase dun documental de 45 min. de duración no que se combinan entrevistas realizadas a homes e mulleres de Sada que, dun ou doutro xeito, viviron do mar. Proxéctase os domingos ás 12:30 h.

Recomendamos a veciños e visitantes que non deixen de visitar esta exposición, pois é todo un homenaxe aos nosos maiores, que decidiron, desde hai un século, asociarse para conseguir melloras colectivas e avanzar cara un mundo máis xusto. Ao mesmo tempo, damos a nosa noraboa a 8mares polo excelente traballo realizado.
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 23-07-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0