A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN ARTIGO DE SUÁREZ PICALLO NO 75 ANIVERSARIO DO ESTATUTO DE GALICIA

Cúmprense hoxe os 75 anos do plebiscito no que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia, no transcurso da terceira lexislatura da II República. Un dos seus máis firmes defensores e propagandistas foi o Ramón Suárez Picallo, a principal figura do Partido Galeguista nos mitins da campaña en favor da autonomía. Non obstante, como ven sendo habitual, o seu nome está moi pouco presente nos artigos que está a publicar a prensa estes días.
Nós publicamos o seguinte texto, que viu luz no diario
El Pueblo Gallego de Vigo tal día como hoxe hai 75 anos.



SI quer decir que Galicia -o esprito sensíbel das suas criaturas- recolle o mandato dos precursores mortos, pra facelo realidade n?unha vida digna, decorosa con fartura pr?os corpos e de pan pr?os espritos. As ánimas benditas de aqueles mortos, dend?o reino da Inmortalidade donde moran pronunciarán connosco a afirmación:
SI.


SI é a verba alumeada, que ven das cinco partes do mundo, por todol-os camiños do mar e do ceo, nacida en corazóns galegos, que levan dentro a lus acesa da Terra Nai, alumeando a noite escura da emigración; e que ven a decirlles aos galegos: Irmáns, pra que endexamais, vos nin os vosos fillos, in os vosos netos teñan que emprender este duro camiño, pra moitos de nós sin retorno, votade:
SI.


SI é a chave de ouro milagrosa que abre a Galicia as portas do porvir. Pra que sea unha Democracia Social, Campesina e Mariñeira rexida por si mesma nun réximen de cibdadanía civil e civilizada. Pra que sea unha Democracia económica en que cada traballador perciba o producto íntegro do seu traballo. Pra que sea unha Democracia cultural aberta a todos os cerebros e a todos os espritos aptos pra gozala, agachados nas capas máis homildes do Noso pobo. Pra que en Galicia frolezan estes bens, que son aspiración eterna da Humanidade, hay que votar:
SI.


SI dirán as mulleres galegas que non queiran parir fillos pra guerra e pra emigración; dirán-no os mozos que queiran emprear os seus brazos i-o seu cerebro, na groriosa empresa de crear unha patria; e os vellos que queiran pr?os seus fillo se pr?os seus netos unha vida millor que a súa probe vida triste por escrava; os campesinos que lle contan ao suco aberto o segredo estremecido da súa fame; os mariñeiros que lle arrincan ao mar, pai e verdugo, berce e sepulcro, o pan das súas criaturas, agardando como premio ao seu esforzo, ser un día sobor das súas augas corpos boiantes, cos brazos abertos para unha aperta sin dono; i-os artistas e intelectuales, condenados oxe a unha vida escura, se non queren corromper o seu esprito e a sua sensibilidade, e venderlla a estranas xentes, en ves de ofrendarlla como agasallo supremo a un pobo culto. Todos a unha, un solo pensamento, unha sola voluntade:
SI.


Afirmación de concencia de ser, Si. Ilusión optimista de crear, SI. Cantiga de esperanza, SI.


El Pueblo Gallego, 28-VI-1936.
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Galicia - Publicado o 28-06-2011 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0