A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CON POLAINA E MEDIA, por M. LUGRÍS FREIRE
Na ridente parroquia de Mondego, preto da branca e limpa vila de Sada, vivía un velliño, cangado polos moitos anos e máis pola retranca, que andaba a pidir polas portas do mundo.

Nomeábase o Cazolo, e tiña un fillo, cativo e listo coma unha donosiña, a quen lle puxeron o alcume de Pucheiro, que vén sendo un cazolo pequeno.

O vello do noso conto caeu enfermo, e despois de ter recibido tódolos santos sacramentos ?pois, según facía ver, o seu fillo era moi temeroso de Deus? rompeuse o fío da súa vida, librándose deste xeito de pasar angurias, nos bretemosos días da cruda invernía, cando pelingrinaba polos lameiros mariñás chamando ás portas dos caritativos corazós.

O Cazolo deixara, en boas moedas de prata, máis de doce mil reás, cantidade que foi medrando coma o leite no lume ao ire a noticia de viciño a viciño.

Pasaron moitos días. O Pucheiro non se dispoñía a facer cirimonia algunha polo descanso de seu pai; e o señor cura da freguesía, coidando
do bon réxime das almas, mandou chamar ao desleigado fillo.

?Viacó, Pucheiro, viacó. Chegou a meu conocemento que teu pai deixouche unha boa morea de cartos. Si has de cumprir coa túa obriga de bon cristiano e bon fillo, tes que facere algo polo descanso da súa alma.

?Pensarei neso, señor, pensarei neso.

?Non, Pucheiro, non; esas sagradas obrigaciós non se pensan,cúmprense.

?Señor cura, como eu son home equitativo, teño dinantes que midir o pro e mailo contra.

?¡Home equitativo! Xuncras me non leve se non es home perdido.

Algún boletín abafado revolveuche o miolo. ¿Ti a que partido perteneces?

?A Betanzos...

?Non, ho; quero dicir que política tes.

?¿Política? Ningunha. Os homes coma min, teñen dabondo con seren equitativos.

?Pois non che se conoce.

?Aténdame e verá. Supoñamos que meu pai, polos seus pecados, si é que os tivo, está ardendo nos infernos. ¿Pode saír daquel lugar?

?Non, Pucheiro; Deus é xusto, e se o Cazolo estivera naquel lugar de castigo, xa non tería remedio.

?¡Moi ben! Agora supoñamos que está na groria: ¿mellorará de condición porque lle fagamos honras?

?Tampouco: xa che dixen que Deus é xusto e misericordioso, e na groria daríalle o seu premio. Pero xa me estás amocando coas tuas
preguntas, dinas dun mal fillo e de pior cristiano. ¿E se teu pai está no Purgatorio, que é o mais seguro?

?Daquela, señor cura, que salla polo seu turno, que a min non me gusta facer mala partida a ninguén, pois xa lle dixen que eu son home equitativo.

?Serás, home, serás.
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE LUGRÍS FREIRE - Publicado o 16-06-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0