A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O VERBO, por Manuel Lugrís Freire
No tempo en que Zoroastro recibía no ceo do deus Ormuzd "a palabra de vida" -seis mil anos dinantes do nascimento de Noso Señor Xesucristo-, había unha comarca fermosa e farturenta, nomeada Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio. En ningures, non sendo no occidente de Iberia, podia hacharse terra máis deleitosa.
As saudades palas eidos nativos comenzaron a xurdir nas almas dos anthorqueses, que vagaban polo paradiso dos persas.
-Señor -dixéronlle unha vez a Ormuzd-, o ceo que nos donáchedes non pode ser mellor; mais nós temos lembranzas feridoras pala doce e doada terra de Anthorque. ¿Por qué, oh deus, non nos facedes a mercede de axeitar un curruncho deste ceo de maneira que teña os arboredos vizosos, as campiñas ridentes, as augas espellantes e quedas daquelas meigas terras nas que quedaron os nosos corpos mortás?
E Ormuzd viu que aquela era bo. Mandóu chamar ao arquitecto celeste, e fixo un ceo aparte pra os anthorqueses.

-Oh, meus deus Ormuzd -díxolle o porteiro maor-; podente é a vosa voluntade, que comprida será. Mais polo que toca a min, terá! unha grave dificultade. Como ese lugar é tan feiticeiro, todas as almas que entren no ceo cobizaránno. "De qué xeito hei de compoñerme pra que non entren nel máis que as almas dos anthorqueses?
E Ormuzd respondéulle:
-Unha sinal divina teñen as almas: o verbo, palabra de vida e de actividade que eisistía antes da auga, do ceo, da terra e de todos os animás. El distingue ás criaturas. Quen non fale o anthorqués non entrará no seu paradiso .
Quedóu convencido o porteiro. Un dia petaron na porta do ceo ...
-"Quén chama?
-Un anthorqués que quer entrar na parte do ceo que lle corresponde.
-Ti non és anthorqués, porque falas o zendo.
-Eu son nado en Anthorque.
-Pois fala entón na túa língua.
-A non adeprendin, porque era fala de sudras.
-Pois daquela non entrarás. A sinal divina do verbo nativo non brila no teu espritu.
-¿E a dónde teño de ir entón?
-Ao inferno, que no ceo non poden ser ademitidos os desleigados que faltan á lei de Ormuzd.
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE LUGRÍS FREIRE - Publicado o 21-05-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0