A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia nai e señora, por Ramón Suárez Picallo
Unha vegada máis, pasou, cobrindo os espritos i os corazóns dos seus fillos, o nome sagro de Galicia, co seu esprito, coa súa lembranza, co sortilexio máxico da saudade, e coa forza invencíbel do que ela ten, pra nós, de fe, de esforzo e de espranza.
Unha vegada máis pasou sobor de nós, o conxuro da lenda estrelecida na terra e no mar, onde ten vieiros e ronseles imborrábeles. E nós, os seus fillos fideles sentimos e presentimos o seu paso fugaz, coma unha invisíbel benzón de boandanza.
Porque, cada ano que pasa é máis forte entre nós a súa omnipresencia integral; no culto do idioma, no fomento da cultura, na fraternal convivencia, civil e civilizada, de todos os galegos, e das súas istitucións representativas da emigración.
E xa que alá dentro dos seus lindeiros xeográficos, o seu corpo i o seu esprito, están submetidos i opresos polos ferrollos da tiranía, sirva de lenitivo á súa door, ista nosa fidelidade de sempre.
E sírvalles, tamén ós que alí agardan e traballan por días millores, de xusticia, de libertade e de dinidade, individual e coleitiva, como estímulo e solidaridade, na súa garda e nos seus traballos.
Até que todos, eles e nós, poidamos cantar xuntos, nunha alborada de groria, a profecía augural do bardo ilustre:
?Os tempos son chegados dos bardos das edades
E as vosas vaguedades comprido fin terán?.

Buenos Aires
Lugo, 07/1959.
Comentarios (0) - Categoría: RSP-Galicia - Publicado o 18-05-2011 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0