A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
ACTO DE QUEREMOS GALEGO EN SADA

A Plataforma cidadá Queremos Galego, integrada por case 700 entidades sociais da máis diversa tipoloxía e apoiada por máis de 5.000 a título individual, convoca para este 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha mobilización de carácter expansivo coa idea de facer chegar a reivindicación en defensa da nosa lingua propia a todos os recantos de Galiza e mesmo do Planeta.

Un dos case sesenta actos que mañá se celebrarán por toda a xeografía mundial terá lugar en Sada, impulsado co traballo decisivo e sempre necesario das e dos compañeiros da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, parte integrante da plataforma: será ás 12 da mañá, precisamente, na Praza dos Irmáns Xohán Antón e Ramón Suárez Picallo.

Nesta acción reivindicativa, na que chamamos a participar a toda a cidadanía sadense, haberá unha lectura colectiva de textos de Daniel Castelao relacionados coa lingua (cando se fan os 125 anos do seu nacemento), de Lois Pereiro e doutros autores. Tamén se dará lectura ao manifesto común elaborado pola plataforma -o mesmo que nos demais actos esparexidos por toda a xeografía mundial. Todo isto con acompañamento musical, para non perdermos a perspectiva do que queremos do 17 de maio: unha xornada de reivindicación mais tamén de festa.

Acude e participa!

(fonte: Plataforma Queremos Galego)




ORACIÓN A FALA


Manuel Lugrís Freire


Fala, bendita fala,
que foi da forte Iberia
fermento que deu vida
ás españolas letras;
da Luxitania nobre
foi máxica cadencia
que tivo nos Lusiadas
a nota altiva y-épica
que de Tirteo y Homero
a musa nos relembra...

Fala, dos nobres fala
na idade en qu'esta terra
falou d'amor, cando outras
das artes non tiveran
mais que a cubiza branda
das almas qué se queixan.

Fala, na que un Rei sabio,
que deu honra á Castela,
á nai do Nazareno
cántigas lle fixera,
porque solo na língua
d'esta ridente terra
de Dios co'a nai amante
falar podía nela...

¡esa e a fala qu'Eibron deixou en herdo
na que Galicia a redención espera!

Queixume dôce e brando
da escura carballeira
en que de noite dormen
as solermiñas meigas;
armonías das hondas
que bican as ribeiras
entoando as cantigas
de groria á natureza;
agarimante música
saudosa e sempre tenra
que fala d' un pasado
y-un gran porvir espera,
e ten pra as saudades
que á nosa y-alma aqueixan
o bálsamo meiguiño
de fada milagreira...

¡esa é a fala garrida e querendosa
onde da patria a redención latexa!

A santa Rosalía
cantou a nosa terra
na melosiña fala
enfeiizada e meiga.

Aos pobres desterrados
que aló na libre América
sentían as saudades
d'unha nativa veigá;
da viuda sin achego,
do Infertunado as queixas,
da terra qu?inda.vive
de libertá sedenta...
de toda a vida nosa
falou de tal maneira
¡que a yalma de Galicia
sinteu a labareda
d'unba nova alborada
de groria e d?enxebrezal

Esa e a fala do escravo
que nos eidos trafega
sufrindo alcume e mofa
das xentes estranxeiras!

¡Ese é o canto docísimo
no que as madres gallegas
no morno berce aos fillos
seu sono protexeran!

iFala da nai quirida!
fala da miña terra...
que por ser d'ela e miña
O sangue meu lle dera!

¡Ouh, Amigos da Fala, irmans quiridos
qu'este verbo nos xunte e nos protexa!


Esta páxina que hoxe cumple DEZANOVE MESES de andaina na rede, ten publicadas 613 entradas (das que 487 son artigos de Ramón Suárez Picallo) e acadou xa as 5.420 consultas.
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS DE LUGRÍS FREIRE - Publicado o 17-05-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0