A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HOXE, OFRENDA ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-04-2015 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Neira Vilas en Sada
O xoves 09 de abril deste 2015, Xosé Neira Vilas presentou en Sada o seu libro "Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade". Durante o emotivo acto, o autor recibiu tamén a Sardiña de Sada de mans do alcalde, Ernesto Anido, e o I Premio Ramón Suárez Picallo, concedido pola A.C. Irmáns Suárez Picallo, cuxo galardón foi deseñado polo artista Xosé Val Díaz, coñecido como Valdi, presente tamén no evento.









Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-04-2015 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
XOSÉ NEIRA VILAS presenta en Sada: ISAAC DÍAZ PARDO, crónica dunha fecunda amizade.

No seguinte enlace pódese ler a primeira parte da entrevista que con tal motivo lle fai Lucía Pita no portal de información cultural VIVIR NA CORUÑA

http://vivirnacoruna.es/eventos-literatura/xose-neira-vilas-sobre-isaac-diaz-pardo-tivemos-unha-relacion-moi-profunda-de-verdadeiros-irmans/
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-04-2015 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DA PRESENTACIÓN DO LIBRO DE XURXO SOUTO EN SADA
O venres 6 de marzo de 2015, Xurxo Souto achegouse ata Sada para falarnos do seu libro "Contos do Mar de Irlanda" e cativarnos coas súas historias do Gran Sol e coas cancións que naceron do mar.




Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 09-03-2015 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DE CONTOS DO MAR DE IRLANDA, DE XURXO SOUTO

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-03-2015 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA DA A.C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
Hoxe día 5 de febreiro terá lugar na Casa da Xuventude de Sada ás 19'30h. en 1ª convocatoria e as 20'00h. en segunda convocatoria, a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA coa seguinte


ORDE DO DIA:


- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.

- Memoria de actividades realizadas no ano 2014

- Informe do Tesoureiro (contas e balance do año 2014).

- Presuposto de ingresos e gastos para o o ano 2015. Cotas dos socios.

-Colaboracións coa Casa Museo Emilia Pardo Bazán e con entidades culturais (Academia Real Isaac Díaz Pardo) e outras sociedades ou asociacións sadenses e da bisbarra.

- Publicacións previstas para o 2015 e outros proxectos.

- Avance do contido de AREAL Nº10, que sae en abril.

- Rogos e preguntas.

De seguido, celebrarase Sesión Extraordinaria para por os cargos a disposición da Asemblea e confirmar -si así se estima procedente- nos seus postos á Directiva actual, ao tempo que se anima a incluir novos vocais colaboradores na citada Xunta Directiva da A.C. Irmáns Suárez Picallo.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-02-2015 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTOUSE EN SADA "A PEGADA DOS AVÓS"
Como xa anunciaramos, este pasado domingo presentouse na Casa da Cultura de Sada "A pegada dos avós".
Antes da proxección do documental, interviron Rexina Basadre, en nome da asociación, o director do traballo, Xosé Abad, e unha das protagonistas do mesmo, Julia Lago. Un pracer contar con eles e coas súas impresións sobre a experiencia.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-02-2015 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
DOCUMENTAL DE XOSÉ ABAD "A PEGADA DOS AVÓS"
Hoxe domingo, 1 de febreiro, ás 20 horas na Casa da Cultura, teremos en Sada a Xosé Abad para presentar o seu traballo:
A PEGADA DOS AVÓS, un documental da memoria histórica protagonizado por sete alumnos de secundaria que investigan pola súa conta o golpe de estado do 36, e no que participan entre outros Baltasar Garzón e Manolo Rivas.
Ademáis, acompañaranos Xulia Lago, unha das protagonistas do film.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-02-2015 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA A.C. IRMÁNS SUAREZ PICALLO
ASEMBLEA XERAL o día 5 de febreiro

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar o vindeiro día 5 de febreiro -xoves- ás 19:30 h. en 1ª convocatoria e ás 20:00 h. en 2ª convocatoria, e que terá lugar no local (Casa da Xuventude de Sada) e coa seguinte ORDE DO DIA:


- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.

- Memoria de actividades realizadas no ano 2014

- Informe do Tesoureiro (contas e balance do año 2014).

- Presuposto de ingresos e gastos para o o ano 2015. Cotas dos socios.

-Colaboracións coa Casa Museo Emilia Pardo Bazán e con entidades culturais (Academia Real Isaac Díaz Pardo) e outras sociedades ou asociacións sadenses e da bisbarra.

- Publicacións previstas para o 2015 e outros proxectos

- Avance do contido de AREAL Nº10, que sae en abril.

- Rogos e preguntas.


De seguido, celebrarase Sesión Extraordinaria para por os cargos a disposición da Asemblea e confirmar -si así se estima procedente- nos seus postos á Directiva actual, ao tempo que se anima a incluir novos vocais colaboradores na citada Xunta Directiva da A.C. Irmáns Suárez Picallo.


Sada, 2o de xaneiro de 2015
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-01-2015 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
A EXPOSICIÓN DOS IRMÁNS SUÁREZ PICALLO VISITA CABANAS
A Residencia de Persoas Maiores de Laraxe (Cabanas) está a acoller estes días a nosa exposición sobre os Irmáns Suárez Picallo. Con tal motivo, unha delegación da nosa asociación desprazouse onte ata alí para presentarlla a un grupo de residentes, que puideron escoitar ao noso socio, o historiador Manuel Pérez Lorenzo, falarlles das vidas dos dous irmáns, Ramón e Xohán Antón. Dende este blog, aproveitamos para dar as grazas pola magnífica recepción que nos dispensaron.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-01-2015 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [23]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0