A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ofrenda a Suárez Picallo e presentación do nº 13 de AREAL
A asociación cultural Irmáns Suárez Picallo celebrará hoxe a tradicional ofrenda floral a Ramón Suárez Picallo con motivo do 52 aniversario do seu pasamento no cemiterio do Fiunchedo en Sada ás 19.00 horas. A continuación, ás oito do serán, a capela de San Roque acollerá a presentación do numero 13 da revista Areal. Estará presente no acto o poeta chileno Theo Elssaca, que publica dous poemas inéditos en lembranza de Rubén Darío e Lorca. Coa actuación do grupo Os Parabéns finalizará dito acto.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-10-2016 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Theodoro Elssaca, poeta, ensaista, fotógrafo antropoloxista chileno por Galicia e tamén en Sada

O ESCRITOR CHILENO THEODORO ELSSACA NA FACULTADE DE HUMANIDADES E NA CÁTEDRA VALENTE
O escritor Theodoro Elssaca, poeta, ensaísta, artista visual e fotógrafo antropoloxista chileno que ven de participar no 82 Congreso do PEN Club internacional celebrado en Ourense pronunciou a conferencia ?Gonzalo Rojas y la poesía chilena en el centenario del nacimiento del poeta?, o luns 3 de outubro, ás 12 h., no Salón de Graos da Facultade de Humanidades do Campus Universitario de Lugo. Foi presentado polo poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer e no coloquio interveu Ana Chouciño, profesora de Literatura Hispanoamericana.
Theodoro Elssaca falou da poesía chilena dende La Araucana de Alonso de Ercilla ata os nosos días, neste caso de maneira moi próxima, pois foi gran amigo do poeta chileno e Premio Cervantes Gonzalo Rojas, así como alumno do tamén poeta chileno e Premio Cervantes Nicanor Parra. Comprometido co legado poético dos grandes poetas de Chile, Gabriela Mistral, Vicente Huidobro e Pablo Neruda, colabora coas súas fundacións e incorpora as súas voces á súa propia obra.
Despois de degustar os productos tradicionais da nosa terra, percorreu a milenaria muralla da man de Claudio Rodríguez Fer e visitou o Museo Provincial interesandose polos Torques e a historia do Carneiro Alado.
A conferencia impartida no Campus de Lugo, repetirase o mércores 5 de outubro, ás 13 h., na Aula D03 da Facultade de Filoloxía, no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela.

O martes 4 de outubro terá lugar na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, situada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e dirixida polo escritor Claudio Rodríguez Fer, un Encontro Internacional de doutores e poetas, que se suma aos xa realizados con poetas como Antonio Gamoneda ou Bernard Noël ou con filósofos como José Luís Pardo. Neles participaron filólogos de Europa, como o británico Arthur Terry; de África, como a marroquí Fatiha Benlabbah, e de América, como o estadounidense Jonathan Mayhew, todos eles estudosos de Valente, ademais de moitos outros galegos e españois.
Ás 19 horas, intervirá o investigador italiano Stefano Pradel, autor dunha tese doutoral sobre Valente na Università degli Studi di Trento, que falará de ?Avances sobre Valente en Italia?. Ás 19.30 horas intervirá a investigadora francesa Claudie Terrasson, catedrática da Université Paris-Est-Marne-La-Vallée, quen tamén se doutorou cunha tese sobre Valente, e que falará sobre ?Avances sobre Valente en Francia?. E ás 20 horas terá lugar un recital poético seguido de conversa co citado escritor Theodoro Elssaca.


O vindeiro venres, día 7 -en Sada- invitado pola A.C. Irmáns Suárez Picallo,- recitará algúns dos seus poemas e lembrará e homenaxeará a Cervantes cun texto da sua autoría no que fará intervir a consagrados poetas chilenos como Mistral, Huidobro ou Neruda.




Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 05-10-2016 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno nº 8 de Estudos Xerais dedicado a Ramón Villar Ponte
Este venres 30 de setembro, enmarcado nos actos de Centenario das Irmandades da Fala, presentouse na Capela de San roque de Sada o número 8 dos nosos Cadernos de Estudos Xerais, "A longa pós-guerra de Ramón Villar Ponte", un artigo do escritor José-Maria Monterroso, que iniciou unha interesante conversa sobre o tema tras a introdución de Luis Pérez Rodríguez.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-10-2016 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
MÁRTIRES DA LIBERDADE EN SADA

Os próximos actos que organiza a A.C. Irmáns Suárez Picallo terán lugar este xoves e venres, e neles honraremos aos mártires sadenses, que fai 80 anos deixaron a vida por defender a liberdade.

As 21 h. o xoves no paseo marítimo.
As 20 h. o venres, 12 de agosto, na Capela de San Roque.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-08-2016 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación dun monográfico sobre a TERRAZA DE SADA

Este venres, dia 29 de xullo, ás 20'30 horas na Terraza de Sada, terá lugar a presentación do número especial dos Cadernos de Estudos Locais sobre AS SETE TERRAZAS DE SADA.

Fará a introdución e levaranos ao momento histórico o noso historiador local e compañeiro da Asociación Manuel Pérez Lorenzo.

Sobre a evolución da Terraza e os aspectos artísticos intervirán o catedrático da Universidade da Coruña José Ramón Soraluce Blond e académico da R.A.G. de Belas Artes e a arquitecta Laura Bouza Romero, autores de dita publicación.

No acto repartirase o citado Caderno preparado en edición trilingüe (galego, castelán, inglés) coa colaboración do Concello de Sada.

A continuación procederase á inaguración da V Feira Modernista na Carpa Acendida.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-07-2016 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Sada do poemario Ollares, de Ricardo Seixo
Mañá, mércores 29 de xuño, estaremos presentando o fermoso libro de poesía "Ollares", de Ricardo Seixo, en Sada. Contaremos coas lecturas dalgúns dos seus poemas.
Agardámosvos na Capela de San Roque, ás 20:30, para gozar dunha tarde de música e poesía!

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-06-2016 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de NEGRUÑA de Xosé Duncan en SADA
Xosé Duncan presenta a súa novela Negruña, historia que mestura fantasía e ciencia-ficción ambientada nunha cidade que hai moito tempo deixou de ser A Coruña, nun mundo escuro e burocratizado ata límites inhumanos que por veces arrepía porque no noso presente agroman indicios do que podería ser ese futuro. Acompaña na mesa ao autor Tomás Rivera, blogueiro e crítico de literatura nunha radio comunitaria. Mais antes de entrar nesa sociedade onde, ao cabo, disque gobernan os mesmos ineptos de sempre, faremos a nosa particular homenaxe a Manuel María, xa que presentaremos un novo número do Caderno de Estudos Xerais dedicado á súa figura.


DÍA : 3 de xuño
HORA: 20'30 H.
LUGAR:Capela de San Roque (Sada)

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-06-2016 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Graciñas a Cibrán Santamarina pola súa charla sobre as orixes da materia!
O pasado venres 20 de maio, tivo lugar na Capela de San Roque unha apaixonante charla arredor das orixes da materia da man dun dos científicos que colaborou na pescuda do bosón de Higgs, o galego Cibrán Santamarina Ríos. Graciñas por todo!




Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-05-2016 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DE AREAL Nº12
Como ven sendo habitual, no mes de abril presentamos un novo exemplar da revista AREAL, e desta vez xa vai o número 12. A presentación será o próximo venres, día 22 de abril, ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Sada, e contaremos coa actuación do grupo de música e danza tradicional sadense Queiroa.
Ademais da revista, repartirase o Caderno de Estudos Locais nº19, que trata o tema das inundacións en Sada, de Rafael Carballeira Coego.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-04-2016 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
14 de abril en Sada. Ofrenda floral

Este xoves, 14 de abril, ás 20 horas da tarde, coincidindo co 85 aniversario da proclamación da II República, faremos un sinxelo acto de homenaxe ás vítimas da represión franquista no monumento dedicado a elas no paseo marítimo de Sada. No acto terá lugar a habitual ofrenda floral.

Agardamos contar coa túa presenza. Un cordial saúdo,

A.C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-04-2016 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0