A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EMIGRANTES, por Ramón Suárez Picallo

Dende entón cando vexo que un galego
as praias deixa onde, infeliz, nasceu,
i achego busca noutras praias, digo:
¡Guíete Dios, tamén!
Curros


A derradeira pitada do vapor semella un salaio saído da lama doorida de Galicia que ven amargurar máis a nosa alma. I o renixer das cadeas das áncoras bourannos no corazón coma cen martelos xuntos. ¡Ímonos! ¡Deixamos novamente a Terra Nosa, cuios airiños benzoados, ían xa sanándonos a alma, doente de lonxedade!
O ?aleve e negreiro vapor? xa botou a andar. Lonxe, no peirao, mans ben amadas axitan os panos brancos decíndonos adiós. ¡Quen sabe até cando! ¡Cicais até máis nunca! Os panos brancos somellánsenos pombiñas brancas que queren vir bicarnos cos petelos; pro non poden voar.
Ouvimos os agoiros de ?bon viaxe?, ?saúde e sorte?, ?Deus vos acompañe, ¡filliños!?.
¡Nosas nais! ¡Nosos fogares!
¡O Pasaxe! ¡Santa Cruz! ¡Mera! ¡A Cruña! Todo voa e vai quedando atrás. I as bágoas deixan aos ollos nosos facer un esforzo supremo pra manter sempre, alén mar, esta visión sagra na nosa retina. E morrer con ela nas meixelas, pra que o noso esprito torne a estes eidos e lles dea os bicos que cicais non poidan darlle os nosos beizos carnaes que comerá terra estena.
¡Marola! ¡Torre de Hércules! ¡Orzán! ¡Derradeiros senlleiros da Nosa Terra! ¡Até a volta! ¡En corpo ou en esprito! ¡Vivos ou mortos!
Agora: Mar, Ceo, e gueivotas galegas que quérennos acompañar un anaquiño mar adentro. Estas boas gueivotas, que aniñan na Costa Brava e que son o derradeiro sopro de vida galega, han ser, tamén, as pirmeiras en vir a darnos a benvida cando retornemos.
Gueivotas amigas, levade no petelo o noso derradeiro bico á Terra que xa non ollamos?


* * *


O esprito aventureiro da Estirpe, atópase na cuberta do vapor que marcha cara América. El, un fondo amor á Terra Nai, e o desexo de voltar pronto a ela, son o úneco caudal destes anacos de Galicia.
Homes e mulleres; viriles mozos e mozas garridas, velliños que levan o tráxico presentimento de que os seus ósos durmían o sono derradeiro en terras estranas, lonxe do cimiterio aldeán onde descansan seus maores; neniños a meio criar que van xa compartir con seus pais o amargurado pan do desterro. − ¡O fillos infortunados da Galicia escravizada, que, como os fillos de Israel, percorren tódolos vieiros do mundo, unha peregrinaxe eterna?! No chan benzoado da América, ceibe e xenerosa, acharán moitos piadosa sepultura; das súas entranas fecundas arrincarán outros a fortuna cobizada; nas súas leises xusticieiras conquerirán azos pra ser apóstolos da Libertade; na grandeza dos seus ríos e das súas alongadas sementeiras buscarán a ispiración pra ser poetas; no amor das súas mulleres sentarán os cimentos dun fogar novo que lle dará a América barudos retoños da Raza de Breogán. ¡Que todo eso pode saír deste feixe de carne emigrante, deste anaco de alma galega, que vai sobor da cuberta do vapor! ¡Piñusco de ilusicóns! ¡Proieitos aloumiñados de grandeza prós seres queridos! ¡Sonos de día venturosos despois de duras xornadas de traballo! ¿Faranse realidade?? ¡Quén o sabe! Mais aínda que así sexa, non serán felices nunca máis.
Levarán sempre metido na alma pra torturala o meiguizo das nosas campías verdescentes; a lembranza torturante dos alalás, da gaita e dos aturuxos; o arrecendo suave dos nosos vales frorecidos; a visión do derradeiro ?lusco e fusco? i o toque da oración da campá parroquial.
Ese lembro ?música, alma e paisaxe galegos− será seu compañeiro permaente de pelegrinaxe por tódolos vieiros do mundo, martirizándolles o esprito até non voltar aos eidos nativos. E despois que se tornen, terán arelas das terras, que aínda non sendo suas terras, acocháronos, agarimosas no seu seo. I así a sua vida será xa pra sempre arela eterna de mundos lonxáns?


* * *


Tódolos días, na hora en que o Pai Sol deitase no leito azul do mar, un rapaz emigrante toca na sua frauta de pau de buxo canzóns saudosas do Val de Barcia. E a sua frauta de pau de buxo canzóns señaba aos melros a subiar a riveirana ¡E cousa miragrosa a frauta de buxo deste rapaz! A o conxuro dos seus saloucos, tódolos emigrantes soben a coberta e vanse acercando a o rapaz até facer un corro silenciosos ó seu arredor?
Un vaho de Saudade envolve nas suas azas invisibres e misteriosas aos emigrantes galegos. Apodéranse deles unha tristura doce que fai insensibremente caer as bágoas.
O rapaz frautista deporcatase deso e rompe a tocar unha muiñeira. Saen a bailar una parexa que a puntea lediciosamente.
Un aturuxo roda sobor das augas e vaise a esnaquizar nos penedos da Costa Nosa, tales bríos leva a tal esforzo anímico o impulsa.


* * *


Entre todos hai algúns que levan enriba da alma unha traxedia.
Dous neniños ?unha parexiña− que aínda non suma vinte anos entre os dous e que, orfos de nai, mándaos chamar seu pai desde Buenos Aires. Van soliños sen amparo de ninguén. El maréase, e a nena facendosa como unha nai galega, como unha nai que queda durmindo no Camposanto de Carnoedo, lévalle tisanas, acóchao garimosamente. Non falan con ninguén. Somentes o médico-ispector de emigrantes puido entrar nas suas almas. O médico, é un nobre rapaz, fillo inteleitual i espritual da ilustre Compostela, que lles fala en galego que os aloumiña en galego, porque el sabe da traxedia da nosa Terra.
Un vello que por mor dun pleito (que perdeu gracias á intervención dun cacique) quedóu polas portas do mundo. Pásase horas longas debruzado no barandal cos ollos encravados na estela escumosa que deixa o barco, longo ?vía crucis? do seu calvario. Este non se afacerá. ¡Vello pino galego que morrerá murchadiño a o sere trasprantado noutras terras!
Un rapaz peixeiro da Costa da Morte que víu unha noite malfadada, morrer a seu pai afogado envolto nos outos salseiros. No probe fogar mariñeiro queda a nai tolleita e dous irmanciños agardando polo que el gane en América como polo Santo Advenimento. Cos brazos cruzados i os cabelos a o ar, mirar o mar con fonda xenreira. Emporeso de noite soña e oiselle decir: ?couce?, ?Asimán?, ?Orza?, ?Duro de babor?, ¡Soña que é peixeiro na Costa Finisterrán!


* * *


¡Soio traballo lle piden a América! E América, xenerosa e nobre, daralles traballo, Libertade e Amor a presas cheas.
Polas xélidas e soberbas costas patogónicas; pola inmensidade verde das Pampas arxentinas; polo Chaco abraxado do Sol tropical e polas ruas da grande cidade arxentina, esparéxase un novo anaco da alma galega, aterecida de door e de saudade.
¡Deus a guíe?!



Céltiga, 10-XI-1926.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2011 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
UN MANIFESTO DO CENTRO CULTURAL OBRERO DE SADA
O porto de refuxio foi unha das reivindicacións históricas dos mariñeiros de Sada, desde finais do século XIX ata o ano 1935, cando se colocou a primeira pedra, se ben as obras se demoraron por mor da Guerra Civil.
O Centro Cultural Obrero foi unha organización que, entre 1930 1931, agrupaba a xente de diversas ideoloxías (anarquistas, socialistas, galeguistas...) co fin de realizar actividades solidarias, de difusión cultural, etc. Neste caso presentamos un manifesto no que se reivindica a construción do porto.




LO QUE PIDEN LOS PUEBLOS
EL PUERTO DE REFUGIO DE SADA



El Centro Cultural Obrero de Sada al exponer las demandas de los "hijos del mar", no pide a ciegas, ni aspira a conseguir tales o cuales cosas en nombre de la colectividad. Nos duele que el Estado los tenga en abandono, para cuya industria no se legisló jamás de manera metódica: legislación ordenada y comprensiva de los mil y mil pormenores que se ofrecen.

El mar es el que todo lo da al hogar marinero y el que todo se lo lleva, y el calvario es el mar para sus hijos valientes y mártires para quienes tiene el invierno días amargos, sin pan y sin pesca.

Hay muchos pueblos pesqueros galicianos que como en este de Sada no existen ni muelles ni un pequeño espigón en donde en mareas bajas se pueden realizar directamente la faenas de la pesca. Al regreso de estas faenas los hombres, con agua hasta la rodilla no les queda otra resolución que empujar el bote hasta encallarlo en la arena.

Cuando el mal tiempo sorprende una embarcación en el mal llamado puerto sadense tiene que huir en busca del refugio de La Coruña o río arriba por el Mandeo o el Eume, buscando amparo en la ensenada hospitalaria de Puentedeume o de otros pueblos, o quedar en el mar a merced de la suerte, estrellándose unas contra otras o contra los acantilados de la costa, por falta de una pequeña dársena donde refugiarlas.

Sada vive del mar, de la pesca que da vida a sus diez fábricas de salazón y conservas y a sus 200 motoras pesqueras y otras tantas de remo y vela.
So celebra en la villa diariamente un importante mercado en donde la pesca es adquirida por ?tratantes" e intermediarios que a su vez se valen de numerosos camiones, grandes ómnibus de línea y del tranvía eléctrico coruñés para exportarlo a Betanzos, Órdenes, La Coruña y otros pueblos. Y no hablemos del comercio de cabotaje con La Coruña y puertos del Cantábrico, a los cuales se exporta grandes cantidades de madera y pinos con destino a las minas de Asturias. Ello justifica 1a existencia de la Ayudantía de Marina, estafeta de Correos, servicio de Telégrafos y Teléfonos, etcétera con que cuenta Sada.

Y pese a todo este tráfico, Sada tiene un puerto tan inútil que en la marea baja deja al aire su pradera de algas y fondos fangosos en una extensión de mil metros aproximadamente.

El Centro Cultural Obrero de Sada se cree en la obligación de velar por la vida de sus camaradas marineros, haciendo que su voz se eleve por encima de las de aquellos a quienes no les preocupa otra cosa más que su medro personal.

El Estado debiera evitar que el mar siga siendo el calvario y el sudario del pescador, de ese mar que en las noches tenebrosas de invierno todo lo arrasa, todo lo destroza bajo sus negras y rugientes montañas do agua. ¡Bárbaro espectáculo apocalíptico del enfurecido elemento! que mantiene la congoja en centenares de hogares sadenses.

Sada fue el primer puertecito pesquero que ha solicitado la construcción de un puerto do refugio para barcos pesqueros y hasta tenemos entendido que está hecho el proyecto y estudio, pero todavía no ha visto realizadas sus aspiraciones legítimas.

Pero la culpa de este abandono alcanza en gran parte a los pueblos que no se unen para exigir virilmente el cumplimiento de las eternas promesas que siempre son anuncio de unas elecciones.

¡Es inicuo que se hubiese engañado tantas veces al pueblo con "promesas" que nunca ha visto realizadas!

Cada vez que el mar se encrespa y "hace de las suyas" es cuando nos acordamos de ?Santa Bárbara" y todas las tragedias de otras invernadas desfilan por la mente de nuestros camaradas "los hijos del mar".

Y esto no puede continuar así. Nuestras industrias pesqueras y marineras están abandonadas a sus esfuerzos.

El Centro Cultural Obrero de Sada, haciéndose eco del sentir popular y recogiendo los angustiosos clamores de los pescadores sadenses, no puede por menos de llamar la atención del Gobierno sobre esta postergación, abandono o lo que sea. Este Municipio contribuye como cualquier otro dentro de sus posibilidades y riquezas a las cargas del Estado.

La idea de celebrar una Asamblea nos parece bien y habremos de prestarle el calor necesario. Y en esas magnas reuniones, y en esos acuerdos, en esos actos, en esos telegramas, en esas cartas y esas comisiones que irían a Madrid, debe exponerse respetuosa pero enérgicamente las aspiraciones de una clase y de un pueblo de diez mil habitantes que desea un puerto de refugio para sus barcos pesqueros.

No hace mucho se ha pedido al municipio el arreglo del pavimento de la rampla del Cargadoiro, única en medianas condiciones de utilización para las faenas de la pesca y ello no es aún lo peor, sino que la parte colindante con el mar no cuenta ni con una mala valla o muro que hiciese las veces de pasamano, de defensa de las personas y vehículos que por aquel lugar transitasen; también se pedía se dotase al citado lugar de un cobertizo en que pudiesen guarecerse en las noches crudas de invierno nuestras trabajadoras y camaradas "tratantas" que en aquel lugar hacen las partidas y tasaciones de la pesca. Y todo esto tiene que hacerse a la intemperie de las heladas e interminables noches de invierno con el agua hasta la rodilla.

Pocos de cuantos gustan del fruto del mar se dan cuenta de lo que cuesta.

Rara es la faena de la pesca que no tenga que realizarse, arrostrando todos los peligros, sorteando todos los vientos, a pecho descubierto y jugando con la muerte. No hay pan que más cueste que el ganado en el mar.

El Centro Cultural Obrero sadense, pide al Gobierno se digne tomar las medidas contundentes a que en el plazo más breve se dote a Sada de un puerto de refugio para barcos de pesca. El presidente, José Monzo. ?Vicepresidente, Francisco Vales. ?El secretario, M. L. Freire-Calvelo. ?El tesorero, Avelino Flórez- Y vocales, José Flórez y Lisardo Abruñedo.



La Voz de Galicia, 28/11/1930
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2011 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS - Nº 7
Colgamos hoxe o número 7 dos nosos Cadernos de Estudos Locais, que comprende unha serie de artigos de Ramón Suárez Picallo sobre o Nadal e o Aninovo, e que publicamos con motivo do pasado Nadal.





Cumplidos quince meses de andaina na rede, este blogue da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, alcanzou hoxe os cincocentos artigos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2011 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS · Nº 6
A SOCIEDADE SADA Y SUS CONTORNOS, DE MIGUEL GAYOSO BARREIRO.



Colgamos hoxe neste blogue o nº 6 dos Cadernos de Estudos Locais que edita esta Asocación. Nesta ocasión corresponde ao artigo elaborado por Miguel Gayoso sobre a historia da sociedade Sada y sus Contornos, de Nova York, unha asociación de sadenses que concebiron a feliz idea de edificar unha moderna escola na súa vila, inaugurada no 1927.

O caderno foi presentado no acto que tivo lugar o pasado 19 de novembro coa participación, ademais do autor, do exalumno Jesús Castro Vidal e do investigador Ernesto López Naveiras, que pronunciou unha didáctica e interesante charla sobre a labor educativa dos nosos emigrantes. Aos tres reiterámoslles o noso agradecemento.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2011 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS · Nº 5
Colgamos hoxe o texto íntegro do nº 5 dos nosos Cadernos de Estudos Locais, coincidindo coa presentación do nº 6, que tivo lugar onte, 19 de novembro. En breve colgarémolo tamén en pdf.


A REPRESIÓN FRANQUISTA EN SADA. AS VÍTIMAS MORTAIS

Manuel Pérez Lorenzo



I. Introdución

A sublevación militar de xullo do 1936 veu truncar en Sada un intenso proceso de construción e consolidación dunha cidadanía activa, organizada en sindicatos, sociedades agrarias, partidos de todas as cores, asociacións culturais, etc. e baixo unha estrutura democrática e un Estado de dereito como o era a II República, con todas as eivas e limitacións propias do seu tempo.
Para conseguir o obxectivo primordial dos sublevados, desarticular a sociedade civil e toda forma de pluralismo ideolóxico co fin de neutralizar o proceso modernizador en varios campos acelerado nos anos anteriores, púxose en marcha un aparello represivo sen precedentes, co asasinato sistemático de dirixentes sindicais e políticos, activistas culturais ou simplemente disidentes co modelo de pensamento único imposto, ademais do encarceramento e tortura de moitos outros, sometidos a procesos xudiciais, e a fuxida doutros ao exilio. A isto sumáronse outras formas de represión non menos efectivas: a económica, mediante multas, expropiacións e inhabilitacións laborais; a cultural e ideolóxica, co control da educación, o ascenso do poder da Igrexa e os diversos instrumentos de censura; ademais das modalidades específicas de represión da muller.
Neste breve traballo centrarémonos unicamente nas vítimas mortais da represión, apuntando os datos máis relevantes de cada caso co fin de achegarnos un pouco máis a esta cara menos agradable do noso pasado.


II. Sada baixo control dos sublevados

As primeiras noticias da sublevación militar chegan a Sada o 18 de xullo da man do dirixente anarquista José Monzo, que viña de participar nun acto na Coruña. Ao momento organizarase un convoi de varios camións que partirán cara a cidade herculina na procura de armas para se defenderen, regresando coas mans baleiras (testemuños de Rey Balbís e Elisardo Abruñedo en Neira Vilas: Guerrilleiros, 1991, e A Ponte, nº 1, 1999). A partires do día 20 procederase, por orde do alcalde Antonio Fernández Pita, á requisa das armas de particulares, para evitar así alteracións (Arquivo do Tribunal Territorial IV, sumario nº 721). Eses días transcorren en aparente normalidade e sen incidentes resaltables no municipio. Mais o 23 á mañá chegan a Sada, procedentes de Betanzos ?que acababa de ser tomado o día anterior polas tropas do capitán Roger Oliete?, tres falanxistas e un soldado, aos que se enfronta verbalmente Xohán Antón Suárez Picallo, sendo retidos canto tentaban disparar contra os presentes. Xa ás poucas horas chegará a columna de Oliete, que controla a vila non sen algunha resistencia veciñal, cando menos ata o día 25 (La Voz de Galicia, 26/07/1936).
Procederase axiña á instauración dos novos poderes, coa designación do tenente da Garda Civil retirado Eustaquio de Diego como Delegado de Orden Público, substituído a mediados de agosto polo comandante Emilio Molina Carreño. A partires de decembro existirá xa unha corporación municipal presidida polo alcalde Toribio Pollán Nieto (Arquivo Municipal de Sada, Libros de Actas, 1936).


III. Unha relación de vítimas mortais

Unha vez controlada a situación, coas institucións dominadas por adeptos aos sublevados, o ascenso do poder da Igrexa e a creación de Falange como partido único ?que non existía antes da Guerra?, na segunda decena de agosto comezarán a producirse os asasinatos de veciños, case sempre mediante ?paseos?, é dicir, de forma irregular, sen xuízo previo. Exporemos cada caso por orde cronolóxica, cos datos sobre as filiacións extraídos do Fondo do Goberno Civil (G-2552 e G-2563) e de La Voz de Galicia e El Pueblo Gallego.

12/08/1936: Xohán Antón Suárez Picallo, Antonio Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chas
Xohán Antón Suárez Picallo (Sada, 1907), labrego, fundador e vicepresidente do Grupo Local do Partido Galeguista en Sada, membro do Consello Nacional do mesmo partido como conselleiro comarcal, secretario xeral da Fronte Popular en Sada, delegado da Misión Biológica de Galicia na comarca, secretario da Artística Sadense, presidente do Ateneo de Cultura Política y Social e xornalista en A Nosa Terra, El Pueblo Gallego, etc.
Antonio Carballeira Muñiz (Meirás, 1910), albanel, foi directivo da Asociación Agraria de Meirás, do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás (da CNT), do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada e do Radio Comunista de Sada, participando na campaña en prol do Estatuto de Autonomía de Galicia no 1936. Estaba casado e tiña tres fillas.
Manuel Prego Chas (Meirás, 1907), activo sindicalista, foi presidente do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás no 1933 e un dos artelladores do Radio Comunista de Sada.
Picallo, Carballeira e Prego foxen de Sada nos primeiros días após a chegada dos sublevados, poida que agochándose nun primeiro momento pola zona de Souto (Carnoedo), logo en Meirás, xunto a José Mosquera e a Gumersindo Montero, dirixente do PCE coruñés. Decidiron ir á A Coruña, co obxecto de colaboraren na defensa da cidade, salvo Mosquera e Montero. Na mañá do 11 de agosto Xohán Antón Suárez Picallo vai visitar á súa madriña, ingresada no hospital, e un veciño de Sada, que fora tamén onda ela, soubo do seu paradoiro, dando aviso aos falanxistas de Sada. Esa mesma noite foron por eles, torturándoos e asasinándoos. Os seus corpos apareceron ao día seguinte no monte de Abeleira, en Veigue.

20/08/1936 ? Rafael Fernández Casas
Nado en Buenos Aires no 1901 ?de pais galegos? criouse nun hospicio de Santiago de Compostela. Destacou como xornalista e escritor. Como mestre, impartiría aulas en escolas de Ortigueira e, a partir do 1934 en Souto (Carnoedo), presidindo o Ateneo de Cultura Política y Social de Sada no 1936. Foi detido pola Garda Civil na súa casa de Souto e paseado en Trasanquelos (Cesures) o 20 de agosto do 1936. Estaba casado e cun fillo.

01/09/1936 ? José Cadaveira Guimarey e José Neira Torrado
José Cadaveira Guimarey (Sada, 1895), pintor de profesión, afiliado ao Sindicato de Oficios Varios de Sada (CNT). Estaba casado e tiña tres fillos.
José Neira Torrado (Sada, 1913), foi fundador e directivo do Sindicato de Oficios Varios de Sada (CNT). Estaba casado e cun fillo.
Ambos foron paseados en Crendes (Abegondo) o 1 de setembro.

05/09/1936 ? Gil González Mosquera
Nado en Sada no 1903, axudante do secretario do Xulgado de Sada, deseñador de cartaces e debuxante, foi fundador e presidente da sociedade Artística Sadense e un dos principais dirixentes do Grupo Galeguista de Sada. Tras participar na identificación dos cadáveres de Picallo, Prego e Carballeira decidiu o 5 de setembro quitarse a vida na súa casa de Riobao antes de rematar igual.

11/09/1936 ? José Antonio García García
Aínda que nado en Sada no 1882, afincárase en Ferrol, onde exercía de funcionario e estaba afiliado a Unión Republicana. Sería paseado en Ferrol o 11 de setembro, rexistrándose a súa morte como resultado de ?heridas producidas por arma de fuego? (Proxecto Nomes e Voces).
04/10/1936 ? José Gerpe Romero
Natural de Noia, onde nacera no ano 1900, era zapateiro e vivía en Sada de Arriba. Estaba afiliado ao PSOE. Foi torturado e asasinado o 3 de outubro, aparecendo o seu corpo o día 4 en Dorneda (Oleiros). Fora paseado semella que por ter impedido unha manipulación nas eleccións de febreiro. Casado e con catro fillos.

19/10/1936 ? Juan Seijo Espino
Nado en Meirás no 1886, labrador acomodado, estaba afiliado ao Sindicato da súa parroquia no 1933, intervindo nun conflito co propietario José Gayoso e co párroco Benigno Mayo e resultando encausado e detido polo mesmo. Suicidouse feríndose cunha navalla de barbear no pescozo o 19 de outubro. Fora acusado por algúns veciños de ter participado nun asalto á casa do cura, e o medo a sufrir represalias teríao levado ao suicidio.

?/?/1936 ? Isidro Santos Burruel
Nado en Sada no 1900, era carabineiro. Desapareceu sen deixar rastro nos primeiros meses da guerra. Segundo as testemuñas familiares, foi asasinado por negarse a cumprir as ordes dos seus superiores, que o obrigaban a participar nas tarefas represivas, nunha data indeterminada do 1936. Estaba casado e con fillos.

27/11/1936 ? Antonio Fernández Pita
Nado en Fontán no 1888, emigrou aos EEUU, onde participou na fundación da Sociedad Sada y sus Contornos. Electo concelleiro pola ORGA o 12 de abril do 1931, un ano máis tarde será nomeado alcalde de Sada. Coa toma de Sada polos sublevados foi nomeado alcalde en funcións, se ben sería destituído aos poucos días, detido e trasladado a Betanzos. Posto en liberdade, retornou a Sada. O 3 de setembro do 1936 era detido novamente polo sarxento da Garda Civil José Vicente Casas, abríndoselle un consello de guerra celebrado no cuartel de Atocha, na Coruña, que o condenou á pena capital e o sancionou cunha multa de 100.000 pts., acusándoo de ?rebelión?. Segundo testemuñas, durante un tempo estivo preso no castelo de San Felipe, en Ferrol. O 27 de novembro ás 7 h. da mañá, Fernández Pita era fusilado nas inmediacións do polvorín de Adormideras, na Coruña (Arquivo do Tribunal Territorial IV, sumario nº 721).

05/03/1937 ? Luis Pita da Veiga Mojón
Nado en Mondego no 1913, foi dirixente de Izquierda Republicana en Sada, integrante do Comité Electoral da Alianza de Esquerdas de Sada no 1935, e secretario do Ateneo de Cultura Política y Social. Foi chamado a filas en agosto do 1936 e ?pasado por las armas? en Adormideras, A Coruña, o 5 de marzo do 1937, ao ser capturado na frustrada fuga do Portiño (Lamela García: Estampas de injusticia, 2005).

09/07/1937 ? Andrés García Castro
Natural de Sada, nado no ano 1907, estivera afincado en New York. Afiliado á FAI, durante a Guerra traballou como mariñeiro no mercante republicano ?Mar Cantábrico?, que sería interceptado 100 km. ao noroeste do cabo Fisterra polo cruceiro ?Canarias?, grazas á información cedida pola Mariña da Alemaña nazi. Os seus tripulantes serían capturados e trasladados a Ferrol, practicándoselles un consello de guerra sumarísimo no cal, entre moitos, sería sentenciado a morte Andrés García, executado o 9 de xullo na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol (Arquivo do Tribunal Territorial IV, causa nº 50/37).

04/07/1938 ? José Monzo Ríos
Nado en Sada no 1906 no seo dunha familia mariñeira, emigrou nos anos 20 aos EEUU, onde entrou en contacto co movemento ácrata. Unha vez retornado, fundou e presidiu o Centro Cultural Obrero, o Sindicato de Oficios Varios de Sada (CNT) e os grupos Luz e Nueva Vida, integrados na FAI, constituíndose nun dos sindicalistas de máis peso da comarca. Entre o 1932 e o 1934 estivo na cadea en varias ocasións por mor do seu activismo sindical. Destacou coma orador en numerosos mitins e representou ao Sindicato en plenos da CRG ?Santiago, 1933? e da CNT ?Zaragoza, 1936? (Fernández e Pereira: O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia, 2004). Organizador da resistencia en Sada, coa chegada dos sublevados agocharase en varias casas da vila, fuxindo posteriormente a Miño e permanecendo algún tempo nos illotes Carbón e Carboeira. A comezos de xullo do 1938, cando se agochaba nunha serreira abandonada da estrada de Sada a Fontán, enfermo e sen máis alternativa, decidirá pór fin á súa vida. O seu cadáver será atopado o día 17. Deixaba muller e dous fillos.

14/07/1939 ? Arturo Amador Rey Reguera
Natural de Sada, nado no 1907, residía en Cangas de Narcea (Asturias), onde traballaba como mecánico de automóbiles. No 1934 sería detido por participar nos sucesos revolucionarios de outubro, recuperando a liberdade coa amnistía de febreiro do 1936. Logo da sublevación militar formará parte do Comité de Guerra da súa localidade de residencia. Dominada Asturias polos rebeldes, será sometido a un consello de guerra o 19 de agosto do 1938 que o condenará á pena de morte, executada o 14 de xullo do 1939 (Laruelo Roa: La libertad es un bien muy preciado, 1999).

Aparte de todos estes nomes, que corresponden a naturais ou veciños do noso municipio, varios individuos que non gardaban relación con el foron paseados en Sada. Son os casos de Jesús López Candal, de 24 anos e veciño da Coruña (31/08/1936); un descoñecido duns 20 a 22 anos (20/09/1936); Manuel Vázquez Gómez, de 19 anos e veciño de Betanzos (30/09/1936); e outro descoñecido duns 60 anos (05/10/1936). Figuran todos eles no Rexistro Civil de Sada.


IV. Os campos de batalla

Foron moitos os veciños que morreron nos campos de batalla loitando no bando dos sublevados, na maior parte dos casos por obriga e non por afinidade ideolóxica: entre tantos, Manuel Arévalo Sánchez, do sindicato de Carnoedo (CNT) e secretario da Sociedad Recreativa Cultural da mesma parroquia; ou Isidro Barcia Lorenzo, directivo de Izquierda Republicana de Sada.
Outros sadenses enrolaríanse no exército republicano na defensa da legalidade democrática, dos cales desapareceron na fronte, que saibamos ata o momento, Eduardo Suárez Picallo, irmán de Ramón e Xohán Antón, e Ricardo Castro Vidal, piloto dun avión modelo katiuska, adestrado na URSS, que faleceu en combate aos 20 anos. Ademais, foron moitos os que, mobilizados polos sublevados, tentaron, con éxito ou sen el, pasarse ao bando republicano. É o caso de Manuel Rodríguez Varela, fillo do ex-alcalde Justo Rodríguez, que non o conseguiu, desaparecendo na fronte.

* * *


A actividade represiva foi en Sada bastante acusada e incisiva, e cumpriu plenamente cos seus obxectivos. Neste traballo limitámonos a ordenar os datos máis salientables das vítimas mortais, sen entrar en análises e nin outra pretensión que a de sacalos á luz para tornarlles un pouco da dignidade que lles roubaron.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNO DE ESTUDOS LOCAIS Nº 4
Desde hoxe está colgado no noso blogue, no apartado pertinente e na seguinte ligazón, o caderno dedicado a "Manuel Couzo e o C. E. Sada y sus Contornos".



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 ANO DE BLOGUE: DESCARGA O LIBRO RAMÓN SUÁREZ PICALLO. A VOZ ESQUECIDA DO GALEGUISMO
Esta páxina que hoxe cumple un ano de andaina na rede, ten publicadas 405 entradas (das que 340 son artigos de Ramón Suárez Picallo) e acadou xa as 2.450 consultas.

Hoxe poñemos a disposición do lector o libro Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo, que viu luz hai un ano. Preme na seguinte ligazón e descárgao en pdf


http://www.gigasize.com/get.php?d=tw8phlnp3qd

Presentación do libro o 16 de outubro de 2009
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0