A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O NADAL NA SADA DE 1934
Reproducimos hoxe unha noticia publicada no diario La Voz de Galicia un 28 de decembro de 1934, na que se describe a celebración da Noiteboa e do Nadal en Sada. Como se pode comprobar, o carácter animado e festivo da nosa vila ven de lonxe.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2011 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Escolas Sada y sus Contornos
Publicamos hoxe outra fotografía de Francisco Varela Posse. Nesta ocasión, o fotógrafo retrata o grupo escolar Sada y sus Contornos, construído pola sociedade do mesmo nome integrada polos sadenses residentes nos EEUU. Foi inaugurado no ano 1927.

Fotografía cedida por Fina Varela Turnes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Na oficina de obxectos perdidos
Traemos hoxe ao noso blogue a curta Na oficina de obxectos perdidos, de Édelingua producións audiovisuais (Equipo de Dinamización Lingüística do IES Mosteirón), realizada por Javier González Garrido e interpretada por Miriam Gudiña Esmorís e Damián España Vieito. Desde aquí enviamos os nosos parabéns aos responsables do filme polo seu excelente traballo



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2011 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
HÓRREOS NO CONCELLO DE SADA (EDLG IES MOSTEIRÓN)
Reproducimos hoxe este interesante artigo publicado no blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Mosteirón (http://edelingua.blogspot.com/2011/11/horreos-no-concello-de-sada.html). Desde aquí enviamos os nosos parabéns pola iniciativa.



HÓRREOS NO CONCELLO DE SADA


O sábado 19 de novembro, Katherine, Pamela e Héctor, estudantes de 4ºPDC, xunto co seu profesor Xosé Seoane, iniciaron o traballo de campo Hórreos no concello de Sada. Nesta primeira saída localizaron os primeiros hórreos nos lugares de Samoedo, O Tarabelo, Mosteirón e Meirás. Velaquí tedes unha mostra.



HÓRREO DA CASA DOS BARBEITO


Hórreo de corpo de madeira sobre tres pares de pés graníticos, con cuberta de tella do país e sen remates. Está situado na casa dos Barbeito, no lugar de Souto Vello, parroquia de Mosteirón.

Quizais un dos máis antigos e peculiares hórreos do concello. Probablemente fora construído no século XIX (en torno ao 1810-1812). Soamente o tellado foi reformado na actualidade.

A súa peculiaridade está nos seus pés graníticos, xa que non son característicos nos hórreos mariñáns. Os pés, chantados directamente sobre o chan, teñen tornarratos en forma de disco. Accédese á súa única cámara por unha porta situada no centro dun dos seus laterais.

A casa actual dos Barbeito conserva a porta de entrada orixinal, rematada nunha sinxela cruz, e un reloxo de sol coa inscrición ?1810?. Foi posiblemente a casa grande do lugar e a que lle deu nome á parroquia, pois semella que puido ser en tempos da Inquisición española (séculos XV-XIX) un pequeno mosteiro.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2011 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Vista do castelo de Fontán

Na fotografía, tomada por Francisco Varela Posse no 1927, podemos ver as ruínas da batería de Fontán, cando aínda se conservaba o arco de entrada.

Fotografía cedida por Fina Varela Turnes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2011 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Vista de Sada desde Corbeiroa

Publicamos hoxe unha nova fotografía de Francisco Varela Posse. Trátase, nesta ocasión, dunha vista de Sada tomada nos anos 50 desde Corbeiroa.


Fotografía cedida por Fina Varela Turnes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-12-2011 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
O TRANVÍA E A TERRAZA (F. VARELA POSSE)

A fotografía de Francisco Varela Posse, de comezos do 1923, retrata a saída do tranvía cara A Coruña. Á esquerda pódese ver o edificio da Terraza, aínda en construción.


Fotografía cedida por Fina Varela Turnes
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
O CARGADOIRO

Na imaxe pódese ver a rampa do Cargadoiro no 1930 desde a curva da Barrosa, coas embarcacións amarradas e as redes a secar no muro. A fotografía, de Francisco Varela Posse, foi publicada orixinalmente na revisa de Vigo Vida Gallega, no 1930.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2011 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLADORAS DUNHA FÁBRICA DE SALGA, por F. Varela Posse

A presente fotografía de Francisco Varela Posse, retrata a un grupo de mulleres traballando nunha das moitas fábricas de salga que existiron en Sada. A imaxe publicouse orixinalmente na revista Eco de Galicia, La Habana, 01/04/1928.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
AS LETRAS E AS FESTAS II
Hoxe, unha vez rematadas as festas patronais, colgamos o nº 10 dos nosos Cadernos de Estudos Locais, "As letras e as festas II", distribuído durante estes días.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0