A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN DE SUÁREZ DE CONCHA

Con gran afluencia de visitantes e parabéns, remata hoxe a exposición de Plumillas e técnica mixta que, co título Lembranzas da miña terra, Manuel Suárez de Concha mostrou na capela de San Roque, en Sada, durante este mes de setembro.
A través de vintenove cadros se nos presentan imaxes dun tempo que pasou e costumes que se perderon ou están no olvido, que nos fan lembrar o que antes era normal e agora é causa de admiración e saudade. Dende esta páxina felicitamos ao noso amigo e ilustrador habitual de AREAL e o animamos a que siga a reflectir esas escenas, situacións e vivencias que nos permiten achegarnos ao noso pasado -non tan lonxano- testemuña dunha Galicia inmorrente, dunha Galicia inmortal.






A A. C. Irmáns Suárez Picallo quere aproveitar para agradecerlle a Manuel Suárez de Concha as súas amables palabras na entrevista que realizou para o xornal Mariñán, así como a súa colaboración desinterasada coa revista Areal.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2012 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
UN ARTIGO DE MANUEL SUÁREZ SUÁREZ SOBRE SUÁREZ PICALLO
Traemos hoxe ao blogue un artigo recentemente publicado no Diario Crítico de Argentina polo galego Manuel Suárez Suárez, nacido no 1953 e moi activo na colectividade galega de Montevideo. Admirador da figura e da traxectoria e Ramón Suárez Picallo, escrebe o presente artigo dirixido a presidenta arxentina Cristina Fernandez falándolle acerca do político e intelectual de Sada.
O artigo de RSP ao que se refire, témolo publicado neste blogue e pódese ler ao pé.



Las cartas del abuelo Pascasio X

Muy querida nieta Cristina:

Te tengo que contar que en la última reunión de la agrupación "Cristina da Fonsagrada" participó como invitado especial el gran Suárez Picallo. No te acordarás ---eras una nena cuando murió en Buenos Aires--- de sus cultas notas en "La Prensa" y en "La Nación". El bueno de Ramón era de Sada y se hizo famoso entre otras cosas por su elocuente oratoria. Fue elegido diputado en las Cortes españolas de la Segunda República. Nuestro amigo nos sorprendió. No habló de su lucha política y nos asombró durante una hora y media con sus sólidos conocimientos. Sus palabras fueron dirigidas a manifestar su más incondicional adhesión a la campaña que estás promoviendo para que se consuma más pescado en la Argentina.

Nos dejó descolocados cuando dice que va a comenzar leyendo un cachito de un texto que publicó en el diario chileno "La Hora" el 14 de enero de 1947. Por favor, escuchá con atención: Chile tiene que descubrir su mar, amarlo, quererlo y cultivarlo, como una de sus más ricas fuentes de riqueza. A continuación nos pidió sustituir "Chile" por "Argentina" para luego exponer que conoció a tres familias gallegas de Fisterra [Canosa, Ínsua y Traba] a las que se debe de agradecer su labor pionero en los labores pesqueros en el patagónico Puerto de San Julián. La verdad es que aprendimos muchísimo ya que explicó los múltiples aspectos que tiene la alimentación humana según la cultura, geografía y religión. Nos hizo reparar en el aspecto antropológico de los pueblos pescadores y de los comedores de carne. Para ampliar nos recomendó la lectura de varias obras de Marvin Harris.

Al terminar lo aplaudimos como locos. Se acercó a mi y me pidió que te escriba para felicitarte por ponerte al frente de la campaña para consumir más pescado. Cree que al ser nieta mía estás legitimada para mejorar la dieta de los argentinos con las proteínas del pescado. No le dije que a mi lo que más me gustaba era aquel sabroso asado de tira que preparaba los domingos en la churrasquera del fondo. Bueno, a lo que ibamos. Quiere que invités a una emigrante gallega que hace las mejores empanadas de merluza de Buenos Aires. Se refiere a Lola Rial [Cumeiro-Vila de Cruces] que es flor de canchera. Doña Lola anda siempre con una sonrisa y tiene una chispa bárbara. Ramón prefiere que te acerqués a su casa porque así la probás recién sacada del horno pero entiende que por razones de seguridad, no puede ser.

Cuando la llamen de la secretaría se me ocurre sugerirte que le digan que la presidenta la invita a merendar pero con una condición: el morfe lo pone doña Lola y tiene que ser una empanada de pescado. Nuestra gallega se reirá mucho al recibir la llamada y se quedará pensando quien fue el lorito o lorita que le fue con el cuento a la presidenta de que sus empanadas son sabrosas. Se sentirá honrada pero también nerviosa pensando en que no le falle el horno. Te interesará escuchar sus recuerdos juveniles en Buenos Aires y su casamiento con el bueno de Fernández que era del sur de mi provincia. Te aseguro, Cristina, que con Lola en algún programa de televisión aumentamos rápidamente el consumo de pescado al mismo tiempo que le hacemos un lugarcito a nuestras empanadas en la dieta de los argentinos.

Bueno, me despido, no sin antes agradecerte el tiempo que me dedicás. Me enteré de que allá abajo andan caceroleando. Hay gente descontenta con tu gestión pero en mi tierra las ollas siempre fueron un símbolo de unión familiar, algo interior al hogar, no un artilugio para hacer ruido en el exterior. Cada uno se preparaba su caldito a su manera y no paseaba la cacerola por la aldea. Dicen que los tiempos cambian pero visto desde acá; no lo parece. Se vuelve siempre sobre los mismos errores. Te critican a vos en vez de criticar el programa político que se está llevando a cabo. Entiendo que es más fácil criticarte que pararse a leer sobre el aumento del poder adquisitivo de los argentinos al compás del incremento del Producto Bruto Interior. ¿Lo qué, loco?.

Recibí un abrazo lleno de cariño del viejo gallego que no te olvida.

Pascasio Fernández Gómez
Artigo de RSP sobre consumo de peixe en Chile
Diario Crítico de Argentina
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2012 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE MANUEL SUÁREZ DE CONCHA

Hoxe inagurase, as oito do serán, unha exposición de plumillas e técnica mixta na capela de San Roque, en Sada, que leva por título, Lembranzas da miña terra de Manuel Suárez López, maís coñecido como Manuel Suárez de Concha, ilustrador habitual da nosa revista AREAL así como de debuxos relacionados con RSP.


Exposición
de plumillas e técnica mixta
de
MANUEL SUÁREZ DE CONCHA

"Lembranzas da miña Terra"
na Capela de San Roque - Sada, dende o día 3 ao 30 de setembro de 2012
ENTRADA CEIBE

Horario:
Luns a Venres: de 10:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 20:00 h.
Sábados: de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2012 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Toma de posesión de Lito e Liss

Onte tomou posesión como concelleiro polo grupo do BNG no Concello de Sada, Manuel Pérez Lorenzo "Lito", vicepresidente da nosa Asociación Cultural, principal impulsor de moitas iniciativas da mesma e namorado de Sada e da súa historia.
Coñecemos o bo facer de Lito, pois non hai máis que ver o resultado nas nosas publicacións como son os Cadernos de Estudos Locais, a coordinación e maquetación da revista Areal, a montaxe e difusión dos vídeos no noso blogue? E tamén sabemos da súa exrtaordinaria capacidade para achegarnos todo tipo de información sobre a historia da nosa cidade. Onte xa defendeu excelentemente ante o pleno unha moción para a conservación de tres edificios modernistas en Sada, que desgraciadamente non foi considerada urxente polo goberno municipal.
Tamén tomou posesión como edil do BNG Xosé Lois Suárez Becerra, "Liss", comerciante no noso municipio e socio tamén da A. C. Irmáns Suárez Picallo. Onte se estreou presentando con moito acerto un voto particular co que o seu grupo pretendía axudar ao comercio local nestes duros momentos que atravesa, mais novamente foi desestimado polo goberno.
Ambos os novos concelleiros son ben coñecedores da realidade local, dos seus problemas e as súas necesidades, polo que non dubidamos que farán un bo traballo desde esta nova responsabilidade, procurando que a idiosincrasia que caracteriza a Sada e os seus valores culturais, patrimoniais, etnográficos e medioambientais permanezan. ¡Ánimo!, ¡Noraboa! e ¡Adiante!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE CÍVICA A AVELINO POUSA ANTELO. TEO, 21/08/2012
Unha montaxe audiovisual da A. C. Irmáns Suárez Picallo








Imaxes e audio de Estevo Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2012 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
ADEUS, AVELINO

Acabamos de coñecer a nova do falecemento de Avelino Pousa Antelo. O patriarca do galeguismo déixanos aos 98 anos, logo dunha longa vida de compromiso inquebrantable con Galicia. Desde esta Asociación queremos transmitir o noso pesar a familiares e amigos.

O seu corpo estará exposto no Concello de Teo a partires das 12:00 h. de mañán (día 21) ata as 19:00 h., cando será incinerado. Non se admiten flores.

Engadimos estas palabras sobre Avelino que nos remite Edmundo Moure:

Benqueridos compañeiros todos de Sada:

Graciñas polo honor de publicar as fotos nas que estou con ese grande galego, Avelino Pousa Antelo, artellador cultural e loitador pola dignidade da Patria Galega... Patriota da Cultura, non das fanfarrias baleiras dos que marchan en prol da opresión dos desventurados.

Coñecín a Avelino co gallo do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega, en Santiago de Compostela, no ano 1999. Mo presentou David Otero, nunha tasca de Padrón. Cada vez que fun a nosa Galiza, procurei atopalo na Fundación Castelao, que dirixiu con entusiasmo sempre baril e xoven. Trouxen, das súas mans, as publicacións sobor de Castelao.

Avelino estará agora falando de vagar con Isaac Díaz Pardo e os outros galegos da súa xeración que nos deixaran orfos, agora que Galiza necesita de homes como Avelino para que non se apague non, o facho da nosa lingua en perigo de morrer baixo a burocracia da política bastarda e a man dos oportunistas de sempre.

Repousa en paz, caro Avelino.

Edmundo Moure
Santiago de Chile



Reproducimos ademáis o seguinte artigo de Sermos Galiza:

Adeus a Avelino Pousa Antelo, o soñador da Galiza redimida

Até os últimos días, Avelino Pousa Antelo soñou cunha Galiza redimida. Quen o coñeceu e o tratou, sabe da teima dos seus 98 anos na defensa dos valores que compartiu con Castelao ou con Ánxel Casal
De Pousa Antelo quedará sempre a lembranza do seu labor incansábel por recuperar a memoria de todos aqueles galeguistas que loitaron pola liberdade e tamén a súa rexa dignidade en manter en todo momento o seu ideario.

Presidente da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro e membro da Fundación Alexandre Bóveda, Avelino Pousa Antelo foi durante os seus últimos anos a presenza viva da memoria por recuperar.

Transmitía emoción e convicción nuns idearios que compartiu con Castelao, a quen lembraba de neno dando un mítin no Teatro Principal de Compostela.

O episodio, repetido un sinfin de veces, transmitía como poucos a pegada que o autor de Sempre en Galiza deixou para sempre en Pousa Antelo.

Aquel mítin marcou a súa memoria para sempre e, tempo andado, convertiríao no maior valedor da figura de Castelao, a quen dedicou o alento dos seus últimos anos desde a Fundación Castelao que preside.

Avelino Pousa Antelo mostrouse sempre fiel ao ideario de Castelao, reivindicou o papel do galeguista na nosa historia e no recoñecemento popular e institucional pero non mostrou ningunha dúbida cando dediciu rexeitar a Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Fraga. Dicía que non podía aceptar unha medalla que devaluaba o seu nome.

Cando estaba a piques de cumprir un século de vida, Avelino Pousa Antelo pecha unha biografía ateigada de compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura e co noso país.

O seu corpo estará exposto desde mañá día 21 ás 12 e media no Concello de Teo até 19. horas no en que será incinerado. A familia prega que non se envíen flores e, no canto diso, se se quixer, que se faga unha doazón a APAMITE (Asociación de Pais de Minusválidos de Teo).


Incluimos ao pé o enlace para ler o artigo que Pablo Vaamonde -nado na Baña igual que Avelino- escribe no seu blogue.
Artigo en Sermos Galiza
Artigo de Pablo Vaamonde sobre LUCHO DO PETO
O último galeguista republicano
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-08-2012 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
OBITUARIO
Onte, 13 de agosto, faleceu D. Xosé Rivas, pai do músico e escritor Xosé Luis Rivas Cruz -Mini-. O velatorio ten lugar no tanatorio da residencia da Milagrosa, na rúa Manuel María, Lugo.

Hoxe, día 14, as 12:30 terá lugar o sepelio no cemiterio lucense de San Froilán. Acto seguido, as 13:00, celebrarase unha misa na igrexa da Milagrosa.

Desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo queremos transmitir a Mini, colaborador da revista Areal e amigo fraterno, as nosas condolencias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-08-2012 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOGRAFÍAS DE F. VARELA POSSE 2
Publicamos outro conxunto de fotografías de Francisco Varela Posse, que formaron parte da exposición organizada no pasado mes de outubro na Capela de San Roque (Sada).




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOGRAFÍAS DE F. VARELA POSSE
Publicamos hoxe un conxunto de fotografías de Francisco Varela Posse que formaron parte da exposición organizada no pasado mes de outubro na Capela de San Roque (Sada).


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2012 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
"As mazás casamenteiras"
"As mazás casamenteiras", última produción cinematográfica de Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada. Está baseada novamente nun texto de Séchu Sende. Protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme no que o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia e a casualidade ou o destino provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".

Parabéns a todos os artífices.




Édelingua
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0