A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XOSÉ NEIRA VILAS NO IES ISAAC DÍAZ PARDO
Co gallo da inauguración da exposición "Querido Balbino",o pasado 27 de novembro, Xosé Neira Vilas visitou o IES Isaac Díaz Pardo. Os rapaces do instituto quixeron gardar o recordo para sempre e o gravaron en vídeo. Aquí nos deixan a gravación realizada polo cámara Adrián Riveiro, de 4ºB.


Información da exposición
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2013 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
A AC Irmáns Suárez Picallo deséxavos Boas Festas e Feliz Ano Lugrís Freire!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2012 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Isabel Risco interpreta un fragmento da obra de Lugrís
E aquí lembramos a actuación da nosa socia Isabel Risco no Serán no Castelo de Fontán. Comeza coa interpretación dun fragmento da obra "A Ponte", de Manuel Lugrís Freire para rematar facendo unha queimada. Aproveitamos para anunciar que no vindeiro ano 2013 conmemoraremos o 150 aniversario do nacemento do ilustre sadense Manuel Lugrís Freire.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2012 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
A FILLA DA RÍA DE PRATA
Compartimos hoxe un fermoso documental sobre o concello de Sada. É un proxecto didáctico desenvolvido no IES O Mosteirón con alumnos de 4º de PDC.
Na actualidade, alumnos do IES Isaac Díaz Pardo están a traballar nun documental Fontes e lavadoiros no concello de Sada, que de seguro será moi interesante e didáctico.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Documental dos anos 80 sobre Sada
Deixamos hoxe un enlace a un curioso documental sobre Sada gravado nos anos 80. Pódense ver claramente os cambios que desde entón sufriu a nosa vila.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-12-2012 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Suárez Picallo no cine
Neste fragmento, que corresponde á película emitida por televisión española "Clara Campoamor, la mujer olvidada", podedes ver a Suárez Picallo apoiando o voto da muller. A caracterización en xeral é bastante desafortunada (non só polo que toca ao personaxe de Suárez Picallo) mais é curioso.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2012 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
UN ADEUS A CARMEN

Hoxe tocaba falar de Xosé Neira Vilas, de Memorias dun neno labrego e da exposición itinerante -"Querido Balbino"- que aglutina autor e obra e que se pode visitar estes días no IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Mais, por esixilo as circunstancias, cambiaremos de tema, co permiso que don Xosé de seguro nos concede de bo grao.

E é que vimos de despedir no cemiterio do Fiunchedo a unha muller de vida excepcional, non so pola extensión da mesma -98 anos-, senón polos trances e condicións tan dramáticas que houbo aturar na súa existencia. Falamos de Carmen Castro, que morreu onte 76 anos despois do asasinato salvaxe do seu marido en mans dos sublevados naquel verán de 1936.

Carmen Castro era unha rapaza de Mondego que casara en Sada cun home culto e lúcido, José Neira Torrado. Con so 18 anos, Neira era xa no 1931 un recoñecido dirixente sindical na vila, e formaba parte da directiva do Sindicato de Oficios Varios, da CNT, desde a súa fundación. No 1933 sería designado secretario da entidade obreira. Hoxe recoñecemos a súa caligrafía elegante e impecable nos escritos que se conservan do Sindicato. Un deles corresponde ao texto que encabeza unha recollida de sinaturas coas que, en outubro de 1932, se reclamaba a destitución da Corporación Municipal pola súa ineficacia a hora de xestionar unha partida de cartos para paliar o paro obreiro. Entre aquelas máis de 600 sinaturas figura tamén a de Carmen Castro.

José e Carmen eran un matrimonio novo con 2 fillos e a esperanza posta nun futuro máis xusto para eles cando o golpe militar de xullo do 36 rachou con todos os soños e con todos os proxectos. Un día -1 de setembro- José Neira desapareceu canda outro veciño seu, o seu compañeiro da CNT José Cadaveira. Os seus corpos sen vida aparecerían na parroquia de Crendes, en Abegondo, onde recibiron sepultura para sempre. O resto da historia é facilmente imaxinable. Carmen, da noite para a mañá, convertíase nunha viúva de 22 anos con 2 fillos ao cargo. O silenzo, a vexación e a indefensión serían os seus acompañantes naqueles anos grises de miseria. Vivir o drama sen poder contalo. Padecer sen consolo posible a traxedia de perder a home bo que non cometera máis delito que procurar o ben común, o avance colectivo cara realidades mellores en correspondencia ao seu pensamento libertario.

Hai cinco anos, Carmen coñeceu unha cativa reparación ao ver por vez primeira dignificada a memoria do seu marido: o nome de José Neira figuraba xa no bronce dun monumento as vítimas da represión franquista en Sada, obra do escultor Valdi e produto da iniciativa e do empeño de Jesús Castro (que pese a condicidencia no apelido non garda parentesco con Carmen) e das aportacións económicas xenerosas de veciños e veciñas. Desde aquela, cada 14 de abril a A. C. Irmáns Suárez Picallo realizamos alí unha ofrenda floral, ofrenda na que Carmen, cos seus noventa e moitos anos, participou varias veces, o que para nós era toda unha honra. O ano que ven xa non estará, pero prevalecerá o recordo daquela muller e da súa enorme dignidade.

Carmen, compañeira, que a terra che sexa leve.


M. Pérez Lorenzo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2012 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
ALGUNHAS CIFRAS

A A. C. Irmáns Suárez Picallo acadou os 700 amigos no perfil de Facebook (en menos de dúas semanas). Grazas a todos por interesarvos pola A. C. Irmáns Suárez Picallo a través do Facebook. Desde as redes sociais e este blogue procuramos informar de todos os nosos actos, así como de outros que organizan outras asociacións en Sada.

Tamén temos que destacar que o vídeo que realizamos desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo do Porco Teixo en Arnela acadou as 500 visitas! Aquí deixamos o enlace, por se alguén aínda non o viu. Deixamos tamén o enlace ao video "Espazos Naturais de Sada", montaxe fotográfica realizada pola A. C. Irmáns Suárez Picallo para inaugurar a sección de Natureza e Medio Ambiente do blogue.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2012 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
XA SE PODE DESCARGAR O CADERNO DEDICADO AO FOTÓGRAFO VARELA POSSE

O pasado mes de outubro realizabamos unha exposición na Capela de San Roque de fotografías tomadas por Francisco Varela Posse da Sada dos anos 20-50. En paralelo, publicabamos un nº dedicado a el dos nosos Cadernos de Estudos Locais. Hoxe subímolo ao blogue en formato dixital:

PUBLICACIÓNS DA A. C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2012 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecemento aos que fixeron que o nº 5 de Areal fose posible
Grazas aos establecementos:
Río da Ponte, Café Bar Riobao, Charcutería Las Delicias IV, Floristería Zona Verde, Panadería Carnoedo, Clínica Dental Alident, El Chiringuito, Ciclos Paco, El Rincón del Abuelo, Lencería Marichelo, Centro Veterinario del Noroeste Sada, Galerna, Axencia de Viaxes Voar, Óptica José M. Muíño, Don Chuletón, Peluquería Abad, Frutas Sánchez, Tita Chas, Discoteca Grecos, Centro de Fisioterapia Ines Calaza Cal, Mecánica Dominsada, Libraría Brañas, Mar de Lira, Cafetería Marfil e Cafetería Bahía de Sada.
Sen a axuda dos comerciantes que se publicitan en Areal, a revista non podería existir. Moitísimas grazas a tod@s!!

E moitísimas grazas aos colaboradores deste nº 5 de Areal, por compartir con nós os vosos traballos!
E son: Edmundo Moure, Ana Luisa Bouza Santiago, Mª do Carme Ríos Panisse, Xosé Anxo Seoane Cao, Manuel Pérez Lorenzo, Manuel Lugrís Rodríguez, Antón Santamarina Delgado, José Mª Monterroso Devesa, Xaime Rodríguez Rodríguez, Ricardo Seixo, Vanesa Santiago Vázquez, Marisa Naveiro López, Francisco Arturo Pita Fernández.

No seguinte enlace podedes descargar as anteriores publicacións da AC Irmáns Suárez Picallo, tanto revistas, como cadernos de estudos locais e libros.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0