Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galego+internet. |
|
Hoxe en día a internet forma parte das nosas vidas, e unha manifestación clara da súa influencia son as redes sociais. Vista a gran influencia deste medio, resulta unha ferramenta moi proveitosa para o coñecemento e difusión do galego, vehículo de comunicación que continuamos empregando máis da metade dos galegos. Consonte ó anterior temos unha boa nova para o galego, Twitter en galego! Aparecía hoxe no xornal gratuíto ? De Luns a Venres?, onde se informaba do debut da interface na nosa lingua. Todo isto grazas a que moita xente no seu día a día, independentemente de que a interface estivera noutra lingua, decidía empregar a súa lingua e deixar un chisquiño de Galicia en cada tweet, conseguindo deste xeito que xa en 2009 o galego estivera entre as 25 linguas máis empregadas en Twitter. Grazas a esta constancia dos galegos xurdiu a iniciativa dunha recollida de sinaturas entre os usuarios para acadar esta meta.
Mais a importancia de todo isto non debe residir na creación de interfaces, senón que se xorden este tipo de iniciativas é grazas a cada persoa que decide empregar o galego, ben sexa en Twitter, ou nas dispoñibles versións en galego de Facebook ou Tuenti. E é que o galego chegará alá onde nós decidamos levalo.
Noticia: http://www.galiciae.com/nova/198971.html
Alba Muñoz López (estudante de Grao en Lingua e literatura galegas) |
|
|
|
Ano Roberto Vidal Bolaño |
|
BENVIDOS AO NOVO BLOG EDLg!
Comeza un Novo curso e pomos en funcionamento desde o departamento de lingua galega e literatura o noso blog dedicado ao fomento da lingua e literatura galega.
Este ano teremos novos colaboradores e coordinadores aos que de antemán saudamos e damos a benvida. Ducias de alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense que navegaran pola rede e polos vieiros da noticia a procura de calquera infor ación de interese feita en galego.
Este ano lembraremos a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, no tempo da súa merecida homenaxe como un dos piares onde se cimenta o teatro profesional galego moderno.
Longa vida ao teatro e salutem plurinam, don Roberto.
Para máis información, velaí vai a URL recomendada.
|
|
|
|
|
|