Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Deputación arranxa vías que unen A Pastoriza con Meira e Riotorto |
|
O Goberno da Deputación mellora as comunicacións vitais nesta zona da Terra
Chá, que constantemente as empregan os veciños da Pastoriza, Meira e
Riotorto no o seu día a día, para traballar nas súas explotacións gandeiras ou
para momentos de xuntanza en calquera destes municipios, que son exemplo
de convivencia veciñal
Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra,
supervisaron este luns as melloras en 11 quilómetros de dúas estradas que
unen este municipio cos de Meira e Riotorto. Son actuacións que financia o
Goberno Provincial con 400.200 euros e que están a piques de rematar, pois,
logo da limpeza de cunetas e taxeas realizada, estase a acondicionar o firme
con aglomerado en quente para, posteriormente, reforzar a sinalización
horizontal e vertical. Campos e Iglesias mantiveron encontros cos veciños para
coñecer o seu parecer sobre as obras.
Trátanse da LU-P- 4404 de Riocabo por Piñeiro e Aldurfe ás Rodrigas, onde se
arranxan case 10 quilómetros, dende o punto quilométrico 0 ao 9,825. Campos
Conde e Iglesias Sierra explicaron que as melloras nesta vía benefician
directamente a un terzo dos veciños da Pastoriza que a empregan a cotío, pois
son os que viven nesta zona, que é ademais a de maior carga gandeira deste
Concello chairego.
Hai que ter en conta que esta infraestrutura parte de Paraxes, o primeiro núcleo
pastoricense nada máis saír de Meira, a onde a diario acoden os veciños da
Pastoriza; e prosegue por Fonmiñá, San Cosme de Piñeiro, Gueimonde,
Aguarda, Álvare, Bretoña e ata os límites con Aldurfe, xa en Riotorto.
A outra estrada que se está a mellorar é a LU-P- 3006 de Meira á Pastoriza.
Arránxase o treito comprendido entre o punto quilométrico 1,920 ao 2,830, que
é o único que quedaba pendente por acondicionar para culminar a mellora
integral desta vía, que rexistra moito tránsito ao unir o municipio pastoricense
co polígono industrial e o centro médico de Meira.
Campos Conde subliñou a súa ?satisfacción? polo arranxo destas estradas con
dita achega de 400.200 euros que decidiu facer o Goberno da Deputación no
marco do seu Plan Integral da rede viaria provincial. ?Melloramos
comunicacións vitais nesta zona da Terra Chá, que constantemente as
empregan os veciños da Pastoriza, Meira e Riotorto para o seu día a día, para
traballar nas súas explotacións gandeiras ou para momentos de xuntanza en
calquera destes municipios, que son exemplo de convivencia veciñal?.
Wuimer Álvarez Célix 4º ESO B. |
|
|
|
Feijoo recupera a demanda de poñer en marcha un tren rápido entre Galicia e Portugal. |
|
Anulado por Lisboa por mor da crisis O mandatario galego descartou que se poida pensar en
contar cun tren de alta velocidade como aquel a o que os dous países comprometeron no
2003.
A crise económica levou ao anterior Goberno de Portugal a anular no 2011 o proxecto de unir
Lisboa con Madrid e O Porto con Vigo mediante a alta velocidade ferroviaria. Nada apunta a
que dita idea vaia a ser recuperada, pero hai uns meses o primeiro ministro luso, Antonio
Costa, e o presidente da Xunta onte coincidiron en adiantar que a creación dun ferrocarril de
altas prestacións entre as dúas cidades do noroeste peninsular formará parte das súas
formulacións para a próxima década.Tras tomar posesión en Braga como presidente da
Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, Alberto Núñez avanzou onte a súa
intención de reclamar aos Gobernos dos dous países que prolongue o tren que une A Coruña e
Vigo ata O Porto e continúe coas mesmas características ata Lisboa. «Será un plan para partir
do ano 2020, do que temos que falar cos nosos Gobernos desde a lealdade», anunciou Feijoo.
O mandatario galego descartou que se poida pensar en contar cun tren de alta velocidade
como aquel a o que os dous países comprometeron no 2003 para enlazar no 2012 o corredor
atlántico a 300 quilómetros por hora. «Pero se ferrocarrís de 160 ou 170 para que, igual que
unen Porto con Lisboa, prosigan cara arriba e permitan unha conectividade duna hora entre
Porto e Vigo», especificou Feijoo.
Sara González Belloso 4ºESO B, |
|
|
|
La Voz ofrece un suplemento especial sobre o homenaxeado. |
|
La Voz de Galicia entregará co seu exemplar de mañá un suplemento especial sobre a figura
de Carlos Casares. Trátase dunha publicación de 24 páxinas que abrangue tanto a súa faceta
literaria -analizada por xéneros, dende a narrativa ao ensaio, do xornalismo aos libros para
lectores novos e mozos- como os seus cometidos na xestión cultural e na política, ademais dun
retrato íntimo do escritor, a través dos puntos de vista dos seus fillos Christian e Hakan, xunto
cunha reportaxe sobre as súas afeccións, como por exemplo os trens eléctricos en miniatura.
«O neno que quería xogar co mundo», a biografía do autor
La Voz ofrece aos seus lectores o vindeiro mércores a biografía Carlos Casares. O neno que
quería xogar co mundo, escrita polo tamén escritor Antón Riveiro Coello.
Aitana Lanzós Gómez, 4ºESO |
|
|
|
Dous incendios en O Incio e Rianxo arrasan máis de 100 hectáreas. |
|
Dous incendios activos este xoves nas localidades do Incio (Lugo) e Rianxo (A
Coruña) arrasaron máis de 100 hectáreas, segundo informa a Consellería do
Medio Rural. No primeiro deles resultou ferido un traballador do servizo de
extinción. Iniciado na parroquia de Trascastro, queimou máis de 50 hectáreas e
para apagalo traballaron catro axentes, 14 brigadas, cinco motobombas, dúas
pas e cinco helicópteros.
Unhas 50 hectáreas tamén leva arrasadas o lume de Rianxo, na parroquia de
Isorna, que comezou ás 14,51 horas e onde participaron oito axentes, 11
brigadas, nove motobombas, unha pa, seis helicópteros e un avión. As chamas
extinguíronse, pola súa banda, en avión (Ourense), ás 18,32 horas, tras
calcinar 40,54 hectáreas, 29 delas de monte raso e 1,54 de arboledo. Empezou
en Nieva e neste punto traballaron un técnico, oito axentes, 17 brigadas, 10
motobombas, dúas pas e catro helicópteros.
Aitana Almarcha 4º ESO B. |
|
|
|
O METEORITO QUE ILUMINOU GALICIA O DÍA DAS LETRAS DO 2016, ESTASE POR ATOPAR. |
|
Entre os municipios pontevedreses de Arbo e As Neves; nalgún lugar entre as
vides dos viños Albariño e Condado e a desembocadura do Miño, onde reina a
lamprea, a un tiro de pedra de Portugal. Aí é onde os científicos sitúan os
restos do meteorito que iluminou o ceo do sur de Galicia o 17 de maio do ano
pasado.
A bóla de luz foi vista por un home que tomaba o sol tombado nunha praia de
Vigo e por numerosas persoas máis situadas a quilómetros de distancia: no
Parque Natural do Xurés (Ourense), en localidades de Lugo e por polo menos
unha persoa sentada nunha terraza na mesma capital galega na que o poeta e
músico Xurxo Souto deixara horas antes no aire os versos de Manuel María.
Un ano despois de que aquela pedra cósmica brillante penetrase nas capas
baixas da atmosfera, investigadores do Observatorio Astronómico Ramón
María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da
Rede Española de Bólidos e Meteoritos presentaron un estudo científico que
sitúa os restos do meteorito nos municipios de Arbo e As Neves. Houbo que
afinar moito a traxectoria, porque se ía movendo na liña mesma que separa
nesa zona Galicia de Portugal, explica José Ángel Docobo, un dos
investigadores do observatorio universitario.
Comezaron a solicitar a información da que partiu o estudo ao que un veciño
incorporou unha fotografía do tramo final do bólido. ?Desprazouse desde unha
atura de 95 quilómetros a unha de 26 ao longo da fronteira con Portugal
durante uns tres segundos, explican os investigadores.
Agora exponse a procura do meteorito. Mentres os científicos propóñense xa
comezar a peitear a zona pateando e contando coa axuda de colaboradores,
recoñecen os riscos do anuncio público. En teoría o propietario dos meteoritos
é o Estado, pero na práctica calquera pode levarllo á súa casa sen que ninguén
se decate.
Non é desatinado desexar un anaco de galaxia. Hai un mercado mundial no
que o pedrusco como o que caeu en Galicia, e que os investigadores estiman
que pesará ao redor dun quilo, ten valor económico. Tamén o ten científico: o
seu estudo ofrece información sobre como é o sistema solar no momento no
que se orixinou. E ese é o ciclo que os profesores da Universidade de Santiago
queren completar.
Ester Barreira Cartelle 4ºESO B. |
|
|
|
|
|