Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pecorrido a piques de rematar |
|
Despois deste longo ano cargado de sorpresas, esforzo, intentando construír unha casiña de pedra e non de palla no ámbito do galego, pareceume unha grata experiencia participar neste blog polo fomento da nosa lingua.
Estou convencida de que para o vindeiro curso vou volver participar e quería agradecer a coordinadora de 1º de bacharelato e 4º da ESO por aguantar as nosas tardanzas e os nosos erros, e tamén a Xián por darnos a coñecer a lingua dun modo máis próximo.
Seica o tempo camiña demasiado rápido, aínda me lembro cando entrei con 3 anos neste colexio, ou máis ben, na miña segunda familia, correteando polas aulas con plastilinas e vestidos de cor verde. Hoxe atópome escribindo unhas liñas a piques de rematar ?quinto da ESO? e a un ano de deixar esta escola que tanto me ensinou e me seguirá ensinando, con grandes compañeiros e mestres que non só me están a formar académicamente, senón, como persoa.
Xa dicía Castelao, ?se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma?, por iso remato aconsellando este blog aos cursos que veñen tras nosa, e agradecendo de novo a todos os que están levando a cabo esta labor. Deica o ano!
Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
A FIN DUN CURSO MÁIS |
|
Un ano máis remata o curso e con el o meu labor no blog que durante todo o curso me axudou a mellorar a miña expresión galega e ademais en moitas ocasións mentres buscaba novas que poder contar no blog enterábame de diferentes casos que sucedían na mesma Galicia ou fóra dela nos que podiamos percibir os diferentes aspectos galegos que chegan actualmente ó noso mundo. Non só iso senón que ademais de novas galegas tamén descubrimos outros aspectos que nos poderán axudar na nosa vida, como información sobre becas ou diferentes actividades que se levan a cabo na nosa terra e nas que podemos participar para beneficiarnos ou tamén para colaborar con organizacións que pretenden cumprir certos obxectivos. Polo que creo que visitar este blog axuda a moita xente a enterarse de todo o que pasa por Galicia e tamén poder comentar nas diferentes entradas ante calquera dúbida. Anímovos a todos a participar nel e desta forma remato a miña colaboración neste curso, con moito ánimo para seguir o vindeiro curso.
Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
O eucalipto xa supón o 28% da superficie arborada de Galiza, o duplo que hai dúas décadas |
|
 Case un terzo da superficie arborada de Galiza é eucaliptal. Unha porcentaxe que abonda na ?elevada eucaliptización? do país, en definición de Greenpeace, e que a organización vén de reiterar esta semana no seu informe ?Radiografía social do medio-ambiente en España?, afirmando que por volta do 28% da superficie arborada galega é eucalipto. A propia Comisión de Agricultura do Parlamento de Galiza aprobou en febreiro unha iniciativa para instar a Xunta a ?regulamentar as novas plantacións? desta especie, polo seu grande poder de estensión. Foi aprobada cos votos en solitario do PP, pois a oposición considerou a proposta un ?brinde ao sol?, unha iniciativa ?ineficaz? e que non tiña intención de abordar o problema de raíz.
O eucalipto ocupa, segundo dados do Inventario nacional forestal de 2008/10 unhas 288.000 hectáreas, cando no inventario de 1996 eran 138.500 Has. Mais, como indican técnicos e ambientalistas, esas 288.000 hectáreas refírense só a aquelas plantacións ou bosques de eucaliptos, sen contabilizar eucalipto que hai en plantacións ou bosques onde non é a especie maioritaria. De telo en conta, a cifra superaría, din, as 370.000 Has.
Nunha análise publicada hai uns anos por Greenpeace, estimábase que de 600.000 propietarios forestais que hai en Galiza máis de 120.000 céntranse no eucalipto; apuntando ás responsabilidades das administracións públicas, ?quer por acción, quer por omosión?, en que o eucalipto vaia camiño de ser monocultivo en grandes áreas do país en prexuízo das especies frondosas autóctonas, que perden terreo ano tras ano.
Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Cabo de Cruz revalida en augas arousás a bandeira de campión galego de traiñeiriñas |
|
Cabo de Cruz non quere que ninguén lle tusa. Nin en traiñeiras (13 remeiros + patrón) nin en traiñeiriñas (6 remeiros + patrón). O clube barbanzán síntese forte e disposto a facer fronte a calquera reto que lle poñan por diante. Esta fin de semana xogaba en casa e non deixou pasar a oportunidade de revalidar o título de campión galego de traiñeiriñas en categoría absoluta que conquistou en Meira (Moaña) en 2014. Non deu tregua nin pausa. A tripulación crucense impúxose na regata cun tempo de 13:31:81, meténdolle 17 segundos de diferenza aos segundos, Tirán (13:49:23). De terceiros, os veciños -compartindo concello- do Náutico de Boiro, e de cuartos Amegrove.
Mais non foi esta categoría senior absoluta a única que se disputou en augas de Cabo de Cruz esta fin de semana. Aí estiveron tamén as tripulacións femininas a baterse no Barbanza, unha competición na que a campioa foi a traiñeiriña de Chapela, fincando as de Mecos en segundo lugar, as de Meira en terceiro posto e de cuartas, San Martiño (barco composto por remeiras de Vilaxoán e Coruxo). Na categoría xuvenil impúxose Robaleira, seguida de Mecos, Tirán, Cabo de Cruz e A Pobra.
Na primeira fin de semana de xuño Santander acollerá ó campionato estatal de traiñeiriñas, unha cita na que a armada galega aspira a meter no peto o maior número de títulos posíbeis.
Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
ADESTRANDO Ó NOSO CEREBRO |
|
 A Coruña conta dende esta semana cun espazo pioneiro en España para o adestramento integral do cerebro dirixido polo experto en neurociencia Leandro Fernández, que asegura que "traballar sobre as capacidades do cerebro é como montar en bicicleta" unha vez que se aprendeu a facelo.
O novo centro coruñés Neurozona, no que traballan catro expertos en adestramento cerebral, desenvolve técnicas como o neurofeedback, mindfulness, neuroalimentación, neurogym e coaching profesional, coas que o cerebro se volve máis estable, flexible e elástico grazas ao adestramento para aproveitar ao máximo o seu potencial de desenvolvemento, resistencia e rendemento.
Coa posta en práctica de sistemas innovadores da neurociencia aplicada melloran as capacidades mentais, emocionais e mesmo físicas do cerebro, aseguran en Neurozona.
Estámonos a acostumar a adestrar o noso corpo para soster niveis óptimos de rendemento e benestar, pero non lle prestamos especial atención ao cerebro, precisamente nun dos momentos de maior esixencia para el, tal e como nos mostran os incrementos de patoloxías asociadas" "ao estrés e ao desgaste neurolóxico", explica Leandro Fernández.
Fernández é Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Wolverhampton University e o Tompkins Cortland Community College de Nova York, ademais de Máster en Dirección de Recursos Humanos por ICADE e membro do Neuroleadership Institute, a rede de expertos en neurociencias aplicadas ao desenvolvemento de habilidades directivas.
Entre outros beneficios destas técnicas aplicadas ao cerebro cita a resolución das alteracións do sono, como o insomnio, o aumento do rendemento e a produtividade, favorecendo a axilidade mental, a atención e a concentración, así como do control do estrés e a depresión, e a mitigación de patoloxías como a xaquecas, alzheimer ou o parkinson.
Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
O Barcelona conquista a súa quinta Champions League. |
|
 A hexemonía europa do Barcelona no século XXI sobe un banzo máis coa quinta Champions League dos azul-grana. A cuarta Copa de Europa en 9 anos do equipo azulgrana pon a guinda a outro histórico triplete, esta vez baixo o comando do outrora discutido Luis Enrique. O Barça superou con moitas dificultades a unha dignísima Juventus, que fincou o xeonllo ante os goles de Rakitic, Luis Suárez e Neymar. O tanto do uruguaio aos 68 minutos, ao aproveitar un rexeite de Buffon tras disparo de Leo Messi, resultou vital para a sorte do partido, despois de que Morata empatase para a Juve e o partido puxésese ameazante para os intereses azulgrana. Pero ao final, a calidade do tridente do Barça impúxose para coroar o triplete que emula ao logrado por Guardiola. O Barcelona triunfou nunha sufrida final que parecía ter controlada, que se lle complicou na segunda metade e que resolveu, unha vez máis, grazas ao talento de Messi,Neymar e Luis Suárez, que acaban a tempada con 122 goles.
Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Movistar, a unha clienta galega: ??No atendemos en gallego?? |
|
 Unha traballadora do 1004 de Movistar negouse a atender a chamada dunha cidadá porque esta se expresaba en galego. Así o denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), en referencia a un feito que decorreu o 26 de maio. ?Unha clienta chamou por teléfono ao 1004, liña de atención telefónica de Movistar A Coruña, porque o seu teléfono móbil non se ouvía ben. Despois de varias opcións, na de Reparar e substituír tiña que dicir Terminal. A continuación atendeuna unha persoa que cando a clienta comezou a falar en galego colgoulle o teléfono despois de dicirlle: ?En este departamento no atendemos en gallego?.
A Mesa salientou que o feito de non ser atendida só polo feito de se expresar no seu idioma supón ?un grave prexuízo e unha inadmisíbel discriminación para esta cidadá. É unha falta de atención grave, unha agresión persoal e un maltrato polo feito de empregar o galego?.
Esta situación vulnera, afirma A Mesa, claramente a lexislación vixente sobre os dereitos lingüísticos da cidadanía. A Mesa dirixirase a Movistar para denunciar estes feitos e exixir que cumpra a lexislación e se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía galega.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, dixo que este tipo de actitudes por parte das empresas que ofrecen servizos de atención teléfonica á súa clientela, están ademais a repercutir gravemente na economía galega. O sector da teleatención ocupa agora mesmo a cerca de 5000 persoas en Galiza, só entre o ano 2010 e 2012 (último ano do que se dispoñen datos), 2040 persoas perderon o seu emprego vítimas da deslocalización, á que contribúe o feito de só 5% destas empresas ofertaren opción de atención en galego.
Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Novos métodos chineses para vixiar os exames. |
|
 As autoridades chinesas decidiron poñer en marcha unha frota de dróns que se encargan de vixiar aos estudantes durante a selectividade.
Os estudantes chineses encóntranse sometidos a unha gran presión xa que conseguir unha praza na universidade pode ser unha das poucas maneiras de sacar a súa familia enteira da pobreza. O non pasar estas probas pode levar aos novos ao suicidio, como se demostrou en 2014 con 79 chinos mortos.
Estarán despregados por unha superficie de 500 metros e captaran frecuencias dun radio de 498 km. Polo que será bastante complicado copiar con estes aparatos. Os alumnos que sucumban á tentación de copiar e sexan cazados podrán ser enxuiciados e multados. Ademáis, serán apartados da selectividade durante 3 anos.
Selena González Rodríguez, 4º ESO B. |
|
|
|
Os hospitais pechan este verán 1.015 camas |
|
 Este verán os hospitais públicos de Galicia manterán inoperativas case o 14 % das súas camas de media. A cifra non só varía por centro sanitario senón por quincena. É dicir, en agosto esta porcentaxe sobe mentres que en setembro a porcentaxe de cuartos pechados é máis baixo.
Esta reorganización asistencial faise todos os anos antes do verán. Haberá unha media de 1.015 camas clausuradas temporalmente, dun total de 7.315 coas que contan os centros hospitalarios do Sergas. Son 80 menos que o ano pasado, pero desde o 2009 a cifra subiu exponencialmente. Segundo os propios datos que o Servizo Galego de Saúde publica anualmente, no 2009 foron 454, e a partir de aí o número creceu todos os anos ata o 2014, cando se alcanzou a cifra máxima de 1.095 leitos inoperativos.
¿E por que se pechan camas no verán? Segundo o Sergas, por dous motivos. O primeiro é que nos meses estivais redúcese o número de patoloxías, no inverno as enfermidades respiratorias saturan moitas veces os servizos de urxencias, e polo tanto hai menos ingresos. E como é menor a porcentaxe de ocupación dos cuartos aprovéitase tamén para facer obras de mantemento nos centros.
Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A. |
|
|
|
AC/DC, longa vida ao rock and roll |
|
 Madrid converteuse «na cidade do pecado» durante uns días ao acoller dous dos tres concertos que AC/DC ofreceu en España, despois do celebrado no estadio olímpico de Barcelona o pasado venres. Creáronse moitas expectativas ante o 'non hai billetes' colgado en tempo récord en toda a súa xira europea. O día 2, as portas do Calderón abríronse temperán, liberando un tanto ao público da asfixia dunha cola ao sol a máis de 30 graos de temperatura. Os entrantes, Vintage Trouble, souberon preparar o ambiente cun son efectivo que fusiona blues, soul, funk e rock, aínda que lonxe da enerxía roqueira que precisaba a reunión. Pasadas as dez chegaba o prato forte. Cun dispendio de amplificación, luces e efectos coas pantallas á altura dos mellores espectáculos no campo visual e sónico, os miles de persoas que abarrotaban o estadio -cornos brillando na escuridade- achegaban o resto de maxia precisa para a noite AC/DC.
Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
|
|
|
|
|