Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un mural floral para Xela Arias
Un centenar de mozos de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Formación Profesional do IES Ribeira do Louro deseñan un enorme telón que colga da Casa Cultural de Porriño. Debido aos protocolos anti-COVID, o centro ten restrinxidos os traslados en autobús, polo que o deseño tívose que adaptar a esta “nova normalidade”. Houbo menos tempo para confeccionar o mural, pois o alumnado tivo que facer os desprazamentos a pé, primeiro ata a Praza do Cristo, onde se pintou o debuxo, e logo, coas teas aos ombreiros, levaron o resultado final ata o centro cultural. No mural conmemórase á homenaxeada das Letras Galegas deste ano 2021, Xela Arias.

Sabela Alonso Crespo
1º A BAC


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES DO ALUMNADO DE “A BANDEIRA”
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela acudiu o mércores pola tarde ao Centro Cultural Vista Alegre para visitar a exposición Trasdeza Pinta O Camiño.
O interese do centro en visitar a mostra ten que ver co Proxecto Documental Integrado (PDI) que desenvolve baixo o título Facendo Camiño. Unha das actividades previstas é a de percorrer, entre todo o alumnado do colexio, os 19 quilómetros que atravesan o municipio de Silleda. Para iso, dividen o Camiño en catro tramos: de Ponche Taboada a Silleda, para alumnado de 6º de Primaria; O Foxo-A Bandeira, para 3º, 4º e 5º de Primaria; capela de San Blas-CEIP Ramón de Valenzuela, para Educación Infantil; e Vilariño (Lamela)-Dornelas, para os de 1º e 2º de Primaria. As saídas comezarán a realizarse na última semana do mes de maio.

LUCÍA ALONSO FREIRE 1ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Laza rexistra un terremoto de magnitude 3,4, o segundo en dous días
O concello ourensán de Laza rexistrou esta noite un terremoto de magnitude 3,4, que sentiuse en localidades próximas como Verín, e incluso en Chaves, xa en Portugal.Trátase do segundo movemento sísmico que rexistra esta localidade en apenas dous días. O anterior tivo lugar o xoves, a las 6.45 horas, e foi de intensidad 2,8.
Nesta última ocasión, o fenómeno alcanzou a marca de 3,4 na escala de Richter, polo tanto intensidade III, e situouse a 5 quilómetros de profundidade, según os datos observados polo Instituto Xeográfico Nacional (IXN).


Miguel González Álvarez 1ºA BACH



Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Pontón reivindica o movemento neofalante como esperanza do galego
A portavoz do BNG anima aos galegos, e en especial aos mozos, a que o incorporen como lingua en todos os espazos e ámbitos da súa vida nunha campaña polo día das Letras Galegas.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou o movemento neofalante como «motivo e porta de esperanza» para o galego, e unha oportunidade para «poder reverter vos datos tan preocupantes» que lanza a situación da lingua «á que conduciu a política lingüística» desenvolvida polo Goberno do PP ao longo da última década.
«É moi importante poñer en valor a todas estas persoas que están a dar este paso, porque ou galego é a lingua que nos une e que nos fai máis fortes como sociedade», recalcou nun encontro no que estivo acompañada pola portavoz parlamentaria de Lingua e cultura, Mercedes Queixas, e que se celebrou no marco da campaña que desenvolve o BNG con motivo do 17- M baixo o lema Suma co galego, a lingua que nos une, centrada precisamente nas persoas que se incorporan ao galego.



CANDELA RODRIGUEZ
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Duque leva aos militares ás rúas de Colombia e alimenta o malestar das protestas

O presidente de Colombia, Iván Duque, levou aos militares ás rúas das principais cidades para controlar manifestacións e disturbios que rexeitan a súa reforma fiscal. Pero a decisión provoca medo nun país agredido por máis de medio século de conflitos armados.
Acompañado do comandante do exército, anunciou o sábado que utilizará a figura da "asistencia militar" para combater "a aqueles que, a través da violencia, o vandalismo e o terrorismo, buscan intimidar á sociedade".
Os xornalistas da AFP observaron a presenza de soldados durante as manifestacións que comezaron en todo o país o mércores.
Para "a cidadanía, esta medida recibiuse negativamente como militarización", e incluso como "represión", advirte Eduardo Bechara, profesor de goberno e políticas públicas da Universidade Externado.
E é que despois de seis décadas dun conflito armado que persiste a pesar da sinatura da paz coa guerrilla das FARC en 2016, os gobernos están máis acostumados a tratar a guerra no campo que as protestas urbanas, coinciden os expertos entrevistados.
Segundo o Valedor do Pobo, os disturbios e as manifestacións deixan polo menos 19 mortos. O Ministerio de Defensa, pola súa banda, conta con máis de 800 feridos e centos de establecementos destruídos.
O venres, Cali foi a primeira cidade militarizada, entre excesos ocorridos xunto a protestas pacíficas.
O ministro de Defensa, Diego Molano, anunciou o despregue de 700 soldados na capital do Valle do Cauca (suroeste) para enfrontarse ás "organizacións criminais" que orquestan os disturbios.
Para o subdirector da Fundación Paz e Reconciliación, Ariel Ávila, trátase dun intento de amedrentar a protesta social.
"Creo que é a vella estratexia de sempre, que no momento da represión enterran á xente. É unha mensaxe para extinguir as protestas", di o investigador.

LUCIA SUAREZ
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA DE XELA
Este luns 17 de maio, celebranse as Letras Galegas 2021 e este ano a premiada é a poetisa lucense Xela Arias, a súa elección supón a da quinta muller na historia do día ao cal adicaselle a unha muller. Os actos serán moitos por todos os recunchos de Galicia mais non poderá haber moitas aglomeracións pola situación de pandemia, polo que moitos destes actos faranse de maneira telemática coma o ano pasado, en pleno confinamento total.

Alejandro Santás
1ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
A Laracha entrará este venres no nivel alto de restricións

O comité clínico da Xunta anunciou a última hora deste martes o paso ao nivel alto da Laracha, que mantén a súa tendencia á alza. Así, o concello contabiliza 29 casos, tras subir tres. Con esa cifra, a incidencia acumulada (IA) actual dispárase por amais dos 250 casos por 100.000 habitantes, e a catorce días o indicador é de 238.
Ademais, preocupa especialmente a situación do CEIP de Caión , con oito positivos. Precisamente, os estudantes do centro foron citados o domingo para someterse ás probas PCR no autocovid da Coruña. Igualmente, estudantes do IES Agra de Leborís, con tres contaxios, realizáronse o test a semana pasada.
Co paso ao grupo alto, os locais hostaleiros só poderán servir nas terrazas e para un aforamento máximo do 50 % da capacidade. As medidas entrarán en vigor o venres ás 00.00 horas, tras ser publicadas no DOG. En canto a Carballo , que baixa en tres os positivos, cun total de 53, non hai cambios, Sanidade decidiu manter ao concello no grupo medio de medidas. Tampouco hai novidades en Coristanco que seguirá, polo menos ata o luns, no chanzo alto.
O resto de municipios da Costa da Morte continúan no chanzo de restricións máis laxas.

CLAUDIA FERNÁNDEZ BLANCO
1ºA BACH Nº4
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Mais de duas centas mil persoas pendentes da segunda dose de Astrazeneca
Preto de dous millóns de profesores , militares e bombeiros menores de 60 se fará con esas persoas. anos a os que o ministerio de sanidade mantén en vilo dende fai mais de dous meses , van ter por fin unha resposta. A Comisión de Salud Pública por fin comunicará que

Lucia Ferreiro
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2021 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Carral dá a coñecer a Xela Arias con paneis informativos
Os departamentos de Cultura e o de Normalización Lingüística do Concello de Carral instalaron en varios puntos do municipio paneis que ofrecen datos biográficos e da obra literaria de Xela Arias, a autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Con esta iniciativa, que xa se fixo en anos anteriores, preténdese difundir a figura da autora e o seu papel na literatura e na defensa da lingua galega. Os paneis inclúen tamén o poema Intempériome.

- Celia Varela Losada 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2021 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Española lamentou o "dano" que fixo no seu día á escritora, Emilia Pardo Bazán
A Real Academia Española (RAE) lamentou este xoves o "dano" que fixo no seu día á escritora, xornalista e feminista Emilia Pardo Bazán ao non permitirlle ser académica polo feito de ser muller, nun acto de homenaxe celebrada nesta institución na que a sentaron "" na súa inexistente cadeira 47.

Un día despois de cumprirse o centenario da súa morte, o director da RAE, Santiago Muñoz Machado, recoñeceu que Pardo Bazán (A Coruña, 1851- Madrid, 1921) "sufriu moito" polo rexeitamento da Real Academia e indicou que, aínda que non se pode "emendar a historia", a escritora debería sentar na súa simbólica cadeira 47 (só hai 46 académicos de número).
Mariángel Toledo López 1º B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2021 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0