Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O legado de Fontán: Cultura e ciencia urxen a protexer o patrimonio documental da Galiza. |
|
Na mañá da sexta feira Nós Diario publicou na súa edición electrónica unha reportaxe na que se daba noticia da posta á venda dun exemplar da carta xeométrica de Domingo Fontán, datada en 1845, por un prezo de 65.000 euros. Unha información que volveu pór no foco a desprotección do patrimonio cultural e, nomeadamente, documental da Galiza e a necesidade de artellar mecanismos e ferramentas institucionais que velen pola súa conservación e favorezan o seu estudo e investigación.
O coñecido como mapa de Fontán viviu un proceso de elaboración, exhaustivo, que se prolongou durante 17 anos. Tomou como punto de partida, ou quilómetro cero, a posición xeométrica e astronómica da torre da Berenguela da catedral compostelá e, desde alí Domingo Fontán percorreu a pé e a cabalo toda Galiza para recoller os principais accidentes xeográficos e 4.000 igrexas.
A carta xeométrica, que consta de 12 follas que miden unidas 251x232 centímetros, contén "información tan valiosa e tan singular para a historia da cartografía, xa non só da Galiza ou de España, senón posibelmente de Europa, e tamén da nosa propia historia nos últimos 200 anos, que debera estar gardado por institucións públicas que traballen no seu mantemento, na súa conservación e, sobre todo, que permitan que as persoas investigadoras que estudamos a obra de Fontán teñamos acceso directo a esa información", explica o profesor e responsábel do Laboratorio Cartográfico da Universidade da Coruña (CartoLab), Alberto Valera.
Xunto á decana de Matemáticas da Universidade de Compostela, Elena Vázquez, Varela é da opinión de que "nun caso como este, do que hai moitos exemplares en circulación, entendo que algúns poidan estar en mans privadas que tenten tirarlle beneficio económico", mais si consideran que é necesario protexer o legado do xeógrafo.
Na mesma liña pronúncianse o arqueólogo Felipe Senén e o historiador Cesáreo Sánchez. O primeiro considera que "as administracións deberan controlar e incluso adquirir este tipo de valores que teñen unha gran significación cultural e histórica". E sinala que hai ferramentas políticas de control, "non só hai que facer escavacións arqueolóxicas, senón tamén investigación e documentación".
Cesáreo Sánchez apunta a necesidade de que se declare o mapa de Fontán Ben de Interese Cultural (BIC). "Isto implicaría, con obras como esta, que saísen á luz, a Administración galega tería a capacidade de comparecer para que non se vendese a alguén que non fose a propia institución", explica Sánchez.
O estudoso tamén sinala que "é importante que, dalgún modo, a Administración se responsabilice de que aquel patrimonio que estea fóra da Galiza e sexa posíbel recuperar se retorne, e o que non se poida recuperar que sexa dixitalizado e posto a disposición das investigadoras e dos investigadores galegos".
"Creo que este caso debe petar nas nosas conciencias e na responsabilidade da Administración sobre o patrimonio. O documental é o máis fráxil e o que esta máis exposto a estas vulneracións", recalca. Unha responsabilidade que Felipe Senén fai extensíbel a oficios como os dos teares ou da cantaría, que non dispón dun museo de iniciativa pública, "alén do Museo do Pobo Galego, que partiu do privado".
Alén do mapa de Fontán, o arqueólogo Felipe Senén quere pór o foto noutro patrimonio documental, pois "mapas de Fontán abundan moitos, edicións moi diferentes e a prezos moi, moi desorbitados", pero sinala, en portais como o que agora o ten á venda, tamén se ofrecía "por un prezo semellante un manuscrito de Xosé Cornide co estudo orixinal sobre a Torre de Hércules".
Tamén Cesáreo Sánchez se referiu á documentación de Cornide para engadir que "o caso de Fontán debe servirnos para chamar a atención sobre o acceso ao patrimonio documental, que estea protexido para que poida ser investigado, traballado e transmitido ás xeración futuras".
O portal de compra-venda 'Todo colección' recolle un exemplar datado en 1845
A carta xeométrica da Galiza elaborada, no século XIX, por Domingo Fontán imprimiuse en París en 1845 e dous anos despois as 550 copias chegaron ao Estado español. Delas, 450 foron remitidas ao Goberno, 50 foron distribuídas entre deputados, senadores e gobernadores civís da Galiza, e os 50 restantes foron remitidos con posteridade e entregados ao Executivo galego.
Reproducións deste mapa están no Parlamento galego, no Pazo de Trasalba ou na sede da Real Academia Galega e agora, tamén á venda en Internet pola cantidade de 65.000 euros. O exemplar pono no mercado un residente en Madrid que fala do "bo estado de conservación” do mesmo, “tendo en conta que nunca foi restaurado”. "Estamos ante algo único polo seu valor histórico", afirma.
Pablo Estévez Taboada - 2º BACH A |
|
|
|
«Este ano dobraremos o persoal, ata preto dos 2.000 traballadores» |
|
Raúl López López (Sarria, 22 de agosto de 1950) é un galego orgulloso de selo, e exerce. Non é de si ou de non, aproxímase máis ao depende. O presidente do grupo Monbus ten a arte de desenmarañar unha discusión áspera.
-Canto factura o seu grupo?
-Son moitas empresas... as UTE [unións temporais de empresas], nas que nunhas temos maioría, e noutras non; unhas consolidan e outras non... Uns 140 millóns de euros.
-E persoal?
-Pasa de mil traballadores, e coas adxudicacións que poñeremos en marcha este ano chegaremos a preto dos 2.000.
-O seu pai díxolle un día: mellor compras Renfe.
-O meu pai era un home moi diplomático. Morreu moi novo, aos 65 anos. Se debía algo, queríao pagar. Chegou a primeira operación de compra da compañía Monforte, que lla adquirimos aos Botas, de Ferrol. Aos socios o meu pai non os coñecía. Cando lle tiven que informar, no canto de dicirlle compramos díxenlle: véndese Monforte e podiamos ter a oportunidade... E como el era como era díxome: «Eu creo que o primeiro que tes que facer é comprar Renfe».
-E vostede vai comprar Renfe? Van a liberalizar o transporte.
-Non, que vai, que vai. O transporte ferroviario vive de subvencións. Se se privatiza, deixa de ter apoios estatais; entón... é competencia entre comiñas.
Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A |
|
|
|
O Concerto das Letras Galegas terá ritmo de hip hop |
|
O Consello da Cultura Galega celebrará o vindeiro 16 de maio no auditorio Mar de Vigo o seu tradicional Concerto das Letras Galegas. O Concello de Vigo colabora na realización deste proxecto que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas. O concerto, que comezará ás 20.00 horas, será presencial, pero poderá seguirse en directo desde o web do CCG e da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda canle da TVG. As entradas do concerto serán de balde e pódense retirar desde hoxe a través da plataforma Teuticket.
O Concerto das Letras Galegas é unha aposta consolidada do CCG para celebrar dunha maneira festiva o Día das Letras Galegas, e este ano pretende ser tamén unha homenaxe ás vangardas e aos novos creadores. «Quixemos darlle o protagonismo aos máis novos, facendo que Xela Arias sexa coma unha ponte entre diferentes xeracións» asegurou a presidenta Rosario Álvarez na presentación desta cita. Canda ela, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o carácter transgresor da figura homenaxeada e conectouno co «momento de fervedoiro que viviu Vigo en diferentes eidos como o sindical, laboral, cultural e musical e que marcou unha época».
A undécima edición do Concerto das Letras Galegas afastarase de rexistros anteriores para amoldarse ao universo plástico ideado por Xela Arias. «Queríamos un concerto ao que pensamos que asistiría a propia Xela», asegurou a presidenta do CCG ao tempo que explicou que foi en Vigo onde «se fixo a poeta que todos celebramos, aquí se conformou a súa personalidade e a súa obra, e Vigo, en toda a súa extensión, está presente na súa obra».
Laura LaMontagne e PicoAmperio ofrecerán un concerto de ambiente hip hop, con DJ set no que haberá un gran protagonismo audiovisual a cargo do videocreador Borja Bernárdez, coa axuda do deseñador Raul Silva que executará as luces creadas especificamente para este concerto. O cartel do concerto é obra da deseñadora Uqui Permui.
Paula Rey-Stolle González, nº 20
|
|
|
|
A cuarta onda contense en Galicia a pesar do aumento sostido de casos activos. |
|
2.977 casos activos en Galicia, 38 máis nas últimas 24 horas, nun novo día de ascenso contido. A comunidade leva semanas debuxando esa liña de incremento constante, pero moi afastado ao vivido nas tres ondas anteriores. Entre as seis da tarde do xoves e a mesma hora do venres detectáronse outros 204 contaxios -fronte aos 253 e os 220 dos dous balances anteriores-. A pesar dos aumentos, Galicia conta coa taxa de positividad máis baixa do país, isto indica, en última instancia, que a transmisión está baixo control. O 2,4 % de todas as probas realizadas guindan un resultado positivo, lonxe do 5 % que marca a OMS para considerar que o brote está contido e tamén a moita distancia do 7,4 % da media estatal.
A situación cambia en función das áreas sanitarias, con Vigo acumulando o 35 % dos positivos galegos no último reconto e á cabeza de casos activos con 843. A Coruña ten 729 pacientes (1 máis), Pontevedra 469 (3 máis), Santiago 346 (7 máis), Ourense 265 (2 máis), Lugo 205 (5 menos) e Ferrol 120 (10 máis).
O número de pacientes hospitalizados descendeu ata os 189 -dez menos-, segundo os últimos datos facilitados polo Sergas. As ucis mantéñense con 43 ingresados e outros 146 atópanse no resto de unidades. A área sanitaria de Ourense é a que ten un maior número de enfermos en críticos, son 10 pacientes, mentres que A Coruña atende a 9 e Vigo a 8.
Juan García Ocampo - 2º BACH A |
|
|
|
O PSdeG apoia Villarino fronte o “pacto letal” de Feixoo, Baltar e Jácome |
|
“Non queremos que o PP asuma actitudes antidemocráticas en Galicia que noutras comunidades asume Vox”, censurou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, após o choque entre as formacións desta semana pola figura de Rafael Villarino nas institucións ourensás.
Após participar nunha reunión da executiva socialista en Ourense, Caballero amosou o seu apoio ao deputado e portavoz do grupo municipal socialista na cidade, Rafael Villarino, ao que o Partido Popular quería fóra de todos os seus cargos políticos a cambio de asinar unha moción de censura para provocar o cambio de Goberno local.
O representante do PSOE explicou que sacaron unha declaración institucional “pola calidade democrática e o respecto á cidadanía de Ourense”.
"A cidadanía non pode ser rectificada polos tics antidemocráticos do PP. O que sucedeu ao longo das últimas xornadas é moi grave e non se pode admitir nin consentir", afirmou, lembrando que Villarino foi elixido nunhas eleccións democráticas.
Así pediu unha rectificación pública ao presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, ao entender que é o máximo responsábel de que o seu partido tivera un “intento de converter as institucións en propiedades” e tentase “decidir quen pode e quen debe estar nelas e quen non”.
"Vítima de acoso"
O propio Villarino denunciou que esta feira foi “vítima do acoso e os insultos” dos populares na presentación dunha idea sobre a memoria histórica no pleno da Deputación.
"A democracia está as portas de Ourense e tena que traer o Partido Socialista porque co Partido Popular estamos nunha espiral de ataques que o único que demostra é que o que o PP tiña de democracia era o discurso e agora ata o discurso perdeu", subliñou.
Pola súa banda, o PP ourensán criticou que o PSOE deixase rematar o prazo que ofreceran para sentar a “falar dun futuro Goberno de coalición” -coa condición de apartar a Villarino, que xa dera un paso atrás- que apease Democracia Ourensá e goberno en minoría de Pérez Jácome do Consistorio. Pero para o PSdeG xa é tarde tamén para acabar co "pacto letal" que no seu día acordaron Feixoo, Baltar e Jácome.
Bruno Antonio Ortiz López - 2º BACH A |
|
|
|
Un veleiro de luxo a mil euros diarios |
|
Navegar neste cruceiro ultraprémium costa un mínimo de mil euros ao día. Cando se poida gozar del, porque, por agora, os barcos da navieira hibernan en Canarias, como moito do seu compatriotas alemáns. O estaleiro vigués Metalships & Docks, a división de aceiro do grupo Rodman, entregou a Sexa Cloud Cruises do grupo armador Hansa o buque Sexa Cloud Spirit, un dos máis luxosos e o segundo veleiro máis grande do mundo. Tras a entrega, o estaleiro especializado na construción e reparación de todo tipo de embarcacións en aceiro e aluminio, finaliza este mes de abril os últimos detalles antes de que o Sexa Cloud Spirit poida partir da ría de Vigo.
Este cruceiro , que se destinará a viaxes de luxo ao redor do mundo, ten capacidade para 138 pasaxeiros e 90 tripulantes, contando con 69 camarotes, 25 deles con terraza privada de sete metros, e 49 cabinas para a tripulación. Unha travesía nos camarotes máis caro custará 17.000 euros, segundo Jorge Ramos, director de produción do estaleiro.
María Laforga Pérez 2 BACH A
|
|
|
|
Rouba o móbil dun coñecido co que estaba tomando un café nun bar da cidade. |
|
Un ourensán foi detido este xoves por roubar o teléfono móbil
dun amigo co que estivera tomando algo nun bar de Ourense.
A vítima do roubo explica que o pasado 25 de agosto estivera
tomando algo nun bar da zona centro e que esquecérase de
levar o seu teléfono móbil, valorado en 900€. Sinala que unha
semana despois volver ao local e pregúntale ó propietario do
establecemento polo teléfono. O dono do local explícale que llo
levara a persona coa que estivera o día do suceso.O
reclamante ponse en contacto coa persoa que colleu o
teléfono pero non o devolve, polo que presenta a denuncia. A
Policía Nacional logra identificar e deter o autor do roubo este
xoves. Trátase dun ourensan de 35 anos que ten 3 arrestos previose que foi liberado tras
aprobar a disposición xudicial.
Lucía Mugüerza García - 2º BACH A |
|
|
|
O recibo da luz rexistrou en abril unha subida histórica do 46 % |
|
Mentres as compañas comercializadoras e distribuidoras de enerxía traballan xa na reprogramación dos contadores para o gran cambio que experimentará a factura da luz a partir do 1 de xuño -cos novos tramos horarios?, os recibos correspondentes ao mes de abril que recibirán os consumidores farán un roto nas súas contas. Non é para menos. A factura media de electricidade encareceuse nas últimas catro semanas un 15 % con respecto a marzo e disparouse case un 46 %, unha cifra histórica, se se compara co mesmo mes pero do 2020, mantendo así as subidas que iniciou o mes pasado, despois da tregua dada en febreiro polo impacto da borrasca Filomena e a onda de frío.
Para un usuario doméstico, o recibo medio ascende a 73,17 euros, fronte aos 63,59 euros de marzo, segundo os datos recompilados a partir do simulador da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), informa Europa Press. Se se compara co mesmo mes do 2020, o aumento dese case 46 %, tradúcese nun encarecemento de máis de 23 euros.
Un ano antes
Este forte aumento interanual débese a que en abril do ano pasado produciuse unha importante caída da demanda debido ás restricións aplicadas tras a declaración do estado de alarma, en plena pandemia do coronavirus. Entón, o prezo do quilowatt baixou ata mínimos dos últimos 16 anos. E agora, doce meses despois, a factura é a máis cara dos últimos 10 anos.
Entre as razóns da actual escalada, que levou as tarifas case a máximos históricos, atópase o encarecemento dos prezos de emisión de CO2 en Europa, que segue sendo determinante para a fixación das tarifas no mercado almacenista español, segundo explica a organización de consumidores e usuarios Facua.
Ante esta situación de subidas continuadas, a asociación reclama ao Goberno de Pedro Sánchez que acelere os compromisos en materia enerxética, como a baixada do prezo do termo de potencia, unha tarifa máis reducida para os primeiros quilowatts consumidos e a eliminación da retribución que reciben no mercado almacenista determinadas tecnoloxías.
Martín Lage Fernández Nº 15 2º Bach A
|
|
|
|
|
|
|
|
|