Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«Os maios son parte da nosa cultura e non podían cancelarse»
Varias iniciativas promoven a creación de coplas e estruturas sen saír da casa e compartilas a través das redes sociais
O confinamento non ía ser impedimento para festexar da mellor maneira posible unha das festas ourensás de maior tradición, os maios. Co fin de poder desfrutar de todo o bonito desta celebración, inda que sexa sen saír da casa, xurde a iniciativa #CantádemeUnMaio. Trátase dunha convocatoria virtual para tódolos públicos na que participar é moi sinxelo, só hai que subir ás redes sociais unha foto da copla ou do maio realizado dende a casa e engadirlle o cancelo. «Os maios son unha parte fundamental da nosa cultura, de Ourense, e pareceunos que non podía cancelarse», explica Lois Pardo, un dos organizadores da versión confinada dos maios. O domingo encargarase de subir as propostas ao blog CantádemeUnMaio para que sirva de rúa virtual.
As respostas a esta iniciativa non se fixeron agardar e xa son moitos os que están mans á obra montando as súas estruturas naturais e escribindo as súas coplas. É o caso da familia de Mónica Fernández. Xunto co seu marido, Xan Losada, e as súas fillas, Eira e Antela, levan días confeccionando un maio caseiro. «Participamos cada ano coa Ronda da Auriense. No seu caso presentarán un maio tradicional, en estrutura de pirámide, que encherán con decoración natural: «Tivemos a oportunidade de facernos co material sen saír da contorna da nosa casa porque vivimos nunha zoa rural e iso xa é un privilexio. Iso si, será máis reducido do normal».

Algo máis orixinal están tendo que argallar Óscar Penín e Beatriz Mira, membros do grupo A Bela Auria. «Vivimos nun piso e non temos acceso a materiais naturais así que tiramos de refugallo e de imaxinación a tope», di Óscar. Farán un maio no que primen os táperes, os plásticos e as latas. «Será unha versión reciclada pero seguro que divertida e cun punto de complexidade nova ata agora», explica. Esta parella de ourensáns tamén presentará copla, algo que din lles resultará máis sinxelo que o maio creativo. «Os temas este ano sobran, tanto estatais coma, por suposto, locais así que aínda teremos que discriminar algunhas boas opcións, por primeira vez en moito tempo», adianta Óscar.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-05-2020 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Os maios 2020
Este domingo se tod forá normal tocaría celebrar os maios unha festividade moi
celebrada na nosa cidade na cal moitas agrupación e centros escolares entre outros
deseñan as súas esculturas para o concurso que organiza o concello, ademáis
todos eles crean os seus maios que son canción con algo de crítica social do que
aconteceu durante ese ano. Pero este ano non poderase celebrarse por razóns
obvias, aínda así o noso mestre Xián propuso para nós a opción de crear os nosos
pequenos maios de dous ou tres estrofas, unha gran idea para non perder esta
tradición a pesar do confinamento na cal basearanse a gran maioría de coplas de
maio debido a que é con diferenxa o tema que vai marcar o ano e probablemente
quede para a historia, pouco a pouco xa se vai a ir acadando o que lle nomearon
como ?normalidade aparente? co que cada día é un pequeno paso máis.

Alejandro Santás
4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-05-2020 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0