Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ciberadicción.
Vivimos nunha época na que nos empeñamos en ponerlle etiquetas a todo. Unha das que están de moda nos últimos anos eé a adicción á tecnología e, máis concretamente, a internet (fai unha década, por exemplo, a moda era falar da adicción ao sexo). Fai xa algúns anos que corren ríos de tinta en publicacións científicas que falan sobre a dependencia da tecnología. De feito se denomina IAD ―Internet Addiction Disorder―, o máis comúnmente como a coñecemos "ciberadicción".
Pero, ¿existe realmente ese desorden? No caso de que así sexa, ¿cómo e cándo podo considerar que o meu modus vivendi cruza a delgada línea que separa a normalidade dunha adicción? A resposta é complexa. Hay todo tipo de teorías aunque, nestos casos, creo que o más razonable é aplicar o principio da 'Navalla de Ockham', según o cal cando dous o máis teorías rivalizan por levar a razón, a máis simple é siempre a que gaña.
Apliquemos a lóxica. Preguntémonos se podemos vivir sen consultar compulsivamente o noso correo electrónico, chatear por WhatsApp o interactuar na nosa rede social favorita sen que eso nos cree o máis mínimo estrés. ¿Fai cantos días, meses ou anos, non pasas 24 horas sen leer Twitter ou o correo electrónico? ¿Serías capaz de facelo durante, por exemplo, unha semana sen que iso che xenerara a máis mínima ansiedade?
Mozos de todo o mundo levan anos substituindo os seus hábitos de ocio, denantes anclados ao salón da casa a causa do televisor, hacia un novo tempo de ocio no que se practica o principio de conectividade total. Esto é, conéctanse á rede durante a maior parte do día.
Vexamos outro exemplo. As largas conversacións telefónicas de adolescentes mudaron radicalmente nos últimos anos hacia a interacción en redes sociales e os servizos de chat. Eso, en sí mesmo, non representa un problema, nin é un síntoma preocupante. Trátase, simplemente, da seña de identidade dunha nueva xeneración: a primeira xeneración nativa dixital.
Os sinais de alarma deberían empezar a encenderse cando ese hábito, esos largos tempos de conexión, empezan a sustituir o trato persoal coas personas de alrededor ata o punto de cambiar e limitar ao individuo, o incluso a desdoblar unha doble personalidade online?offline. Se o tempo frente ao monitor anula a socialización do individuo, entón resulta necesaria unha reflexión. É posible que se esté empezando a cruzar a fronteira que separa a percepción do real e a do virtual.

Síntomas
Existen varios síntomas que deben alertarnos e facernos reflexionar, tales como a necesidade de incrementar o tiempo conectado para obtener unha satisfacción real, ou a necesidade de conectarse diariamente e o estrés ante a incapacidade de facelo en determinados momentos, -especialmente as relacionadas co ocio- a causa douso de internet, ou se tenemos problemas de insomnio, maritales e de abandono de obligacións profesionais.

A distorsión de emocións, así como a confusión entre os sucesos virtuales e os do mundo real, poden ser outro síntoma de que algo vai mal. Describíronse decenas de miles de casos de adicción a internet, á tecnoloxía en general e, moi particularmente, aos videoxogos. Curiosamente, existe unha mayor proliferación destas patologías en Asia e en Estados Unidos que no resto de países industrializados.Os últimos estudos realizados ao respecto falan de que un 8 ou 9% da población internauta podería padecer algún tipo de anomalía na súa relación co medio digital.

É importante resaltar que internet non produce, por sí mesmo, desórdenes ou adiccións. Si o pode sacer, pola súa parte, ouso poco racional do distintos servicios que ofrece a rede -como os chats, as compras online, as redes sociais, a búsqueda de información-, etc. O mero feito de permanecer conectado durante moitas horas non determina que tengamos un problema. En realidade, estamos xa definitivamente instalados na conexión total en dispositivos fixos e móviles.

Diego López Guerrero Navarro 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2013 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Iggy & The Stooges, 40 anos despois.
Alá polo ano 1967, en Detroit, fundouse unha banda chamada The Stooges, cuxo vocalista e líder era un rapaz de 17 anos chamado James Newell, pero este facíase chamar Iggy Pop. Iggy foise facendo famoso pola súa característica forma de actuar en directo. Nestas actuacións, tirábase de cara ao público esperando que estes o suxeitasen, sendo o primeiro en facer este movemento, hoxe implantado na cultura xeral.
Naquela época, o punk non existía, pero esta banda xa adoptara a ideoloxía anarquista, rebelde e autodestructiva que despois definiría a carreira de grupos coma The Ramones ou Sex Pistols.
Pasaron uns anos e, no 1973, o grupo sacou o que sería o seu traballo máis importante, Raw Power. Este disco, coma os discos anteriores da banda, non tería moito éxito comercial pero pasaría a ser un dos discos máis aclamados dentro da historia do punk-rock debido á súa potencia e ás súas letras, chegando a ser nomeado por algúns músicos famosos, coma Kurt Cobain ou Sid Vicious, coma o un dos discos que máis os influíron.
Un ano despois, separáronse, o que deu pé á carreira de Iggy Pop en solitario, carreira que sería moi exitosa, chegando a lanzar varios temas que se farían famosos, coma "Lust For Life" ou "The Passenger".
Fai uns meses, despois de corenta longos anos, Iggy e The Stooges volvéronse xuntar, e o resultado é o disco Ready To Die, traballo que recupera ese son sucio, rebelde e provocativo de Raw Power. É destacable ver coma unha figura do punk de 65 anos volve ás andadas coa maior parte do seu grupo orixinal.
A emisora de radio NPR, puxo a disposición dos navegantes da rede o disco enteiro, polo que se pode disfrutar de el premendo neste enlace: http://www.npr.org/2013/04/21/177510247/first-listen-iggy-the-stooges-ready-to-die#playlistDisfrúteno, porque cada día queda menos rock rebelde e antisistemático coma este. http://rollingstone.es/img/imagecache/r_650_401_iggyportadadetalle.jpg

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2013 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
O X Festival de Cans estrea camiseta do Reizentolo e propón curtas con final 'a demanda'
A décima edición do Festival de Cans vén con novidades. Este xoves, o seu director, Alfonso Pato, acompañado de Federico Pérez e Ricardo, presentou a camiseta que vestirá o evento, deseñada por Pablo Rodríguez, inesgotable creativo da celebrada marca Reizentolo. E presentouna precisamente na tenda da marca na rúa Preguntoiro de Santiago. A camiseta, comentárono eles mesmos, é elegante e viste, combina con todo e, ademais, recolle a iconografía do xa famoso festival: o can e a galiña.

Alfonso Pato deu as gracias polo tratamento agarimoso que o público en xeral lle dá ao certame celebrado na parroquia porriñesa de Cans, e explicou que a nova camiseta responde, ademais de á obvia promoción da imaxe, á necesidade de abrir novas vías de financiamento a través dos produtos de mercadotecnia, xa que as camisetas, unha co can (10 anos de agroglamour) e outra coa galiña (jaliñeiro unplugged), en negro e coa ilustración en amarelo dourado, venderanse no festival e nos puntos de venda do Rei Cintolo (tamén en liña) cun prezo de 12 euros.

O actor Federico Pérez abundou no espírito galego do festival, "no que hai moitas cousas", e anunciou a presentación o venres da película Encallados, de Alfonso Zarauza e producida por Zircocine, que "será un test", dixo nun ton algo misterioso. O actor explicou que se proxectará o venres 24 de maio para o público e "se non gusta faremos un final diferente". Unha especie de final a demanda.

Esta iniciativa foi cualificada de novidosa, fresca e inédita polos organizadores, que entenden que a xente quere sorpresas. Encallados trata da incapacidade de varios profesionais do cine, acosados polas dificultades económicas e os problemas de produción, para contar unha historia en pouco tempo e sen recursos. No proceso, decátanse de que a verdadeira historia é a propia realización do filme.

Tamén estivo na presentación o actos Ricardo de Barreiro, que lle agradeceu a Pato a súa boa disposición, esforzo e sacrificio para continuar co festival nestes tempos difíciles, sen tirar a toalla. Barreiro definiu o festival como a "romaría das imaxes e as sensacións de Galicia".
Segundo informan no propio sitio web do festival, nesta edición "poñeranse á venda 400 entradas, que se poderán reservar o vindeiro xoves 9 de maio a partir das 9 da mañá na web do festival (www. festivaldecans.com) en packs de entrada + camiseta con pegata de regalo, cun prezo de 18 ?. Só se poden reservar 2 packs por persoa. As entradas e as camisetas terán que recollerse o sábado do festival (25 de maio) entre as 11:00 e as 14:00 horas no punto de información e merchandising situado no torreiro de Cans".

"As 400 entradas restantes poranse á venda o xoves 16 de maio (véspera do Día das Letras) ás 19:00 horas no local parroquial de Cans. Non se admiten reservas e só se poderán adquirir 2 entradas por persoa. Cada entrada ten un prezo de 10 ?. Pódense mercar soas, pero se mantense a oferta de internet: 18 ? por entrada + camiseta, coa pegata do Can de regalo".


Tania Airas
2ºBACH-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-05-2013 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
O TSXG rexeita o despedimento colectivo na Deputación de Ourense
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera que a decisión da Deputación de Ourense de aplicar un Expediente de Despedimento Colectivo a un grupo de traballadores laborais indefinidos 'non' se axusta a dereito', pois nas causas económicas nas que sustenta en parte o ERE 'non' se acreditou unha insuficiencia presupostaria nos termos esixidos polo regulamento'.
O texto da sentenza, ao que tivo acceso, recolle os motivos alegados polo sindicato CC.OO. de Galicia e o Comité de Empresa da Deputación para impugnar o despedimento colectivo, estimados parcialmente polo alto tribunal galego, pero considera que só sería procedente a extinción dos contratos 'se o desaxuste do equipo fose o desencadeante da situación económica negativa, pero non o é'.
En ese sentido, añade la sentencia que es posible que con la adopción de otras medidas 'como la reducción de partidas asignadas al baloncesto o al fútbol, se hubiese podido evitar, si no todos, si un número de despidos'.
No existe, según el TSXG, déficit presupuestario, por lo que no es factible 'que la situación económica provoque efectos sobre los contratos de trabajo, por lo que el expediente de despido colectivo no resulta justificado'.
La sentencia no es firme y cabe contra ella un recurso de casación ante la sala cuarta del Tribunal Supremo, en los cinco días siguientes a su notificación.


Marta Dacal Fernández
2º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-05-2013 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os «Cantares» de Rosalía dan vida cultural ao galego en todo o mundo
Estudada na escolas como obra fundacional da literatura galega contemporánea, Cantares gallegos de Rosalía de Castro conmemora o 150 aniversario da súa edición príncipe (Vigo, 1863) como «bandeira» das Letras e un best-seller, afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Este poemario dá vida ao idioma do país en todo o mundo con numerosos produtos, non só literarios, como evidencia unha exposición na Biblioteca de Galicia, no Gaiás, aberta todo este mes.

Reedicións, traducións a numerosas linguas, partituras, discos, produtos infantís ou audiovisuais, antoloxías, homenaxes, postais, documentos curiosos, ilustracións e outros moitos elementos dan fe do interese internacional e da canonicidade da autora.

Moitas contribucións
A mostra recolle a contribución de varias bibliotecas públicas, e privadas (como as de Guillermo Escrigas e Sixto Seco). Foi inaugurada onte coa presenza de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, para quen este libro «auroral» representou unha «proeza social» no seu tempo e contén tamén un «proxecto político». Nos seus poemas, acrecentou Montero, hai unha «identificación» do talento de Rosalía coas «clases subalternas do país».

O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, salientou que con Cantares gallegos, e non cunha guerra ou unha descuberta, naceu o proxecto da Galicia contemporánea. Tamén falaron Daniel Buján, subdirector de bibliotecas da Consellería de Cultura e coordinador da exposición; e Francisco Díaz Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, quen pediu que se promocione ben este poemario entre o público infantil.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-05-2013 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Morrer en galego
Os galegos teñen nas súas mans levar a defensa e conservación do seu idioma propio máis aló da morte, ou polo menos así o considera e procura a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Esta plataforma leva máis de 15 anos traballando nun proxecto: promover o uso da lingua de Rosalía en lápidas e necrolóxicas, así como nas declaracións de herdeiros ou "mandas testamentarias".

O último municipio en sumarse a esta proposta foi o de Celanova (Ourense). O alcalde, José Luís Ferro (PP) explicou a EFE que aceptaron a encomenda para seguir así coa súa política de dignificar "e promover o uso do galego", motivo polo cal "xa en 1999 o Concello recibiu un premio". 'En galego, agora e sempre' é o nome baixo o que a Asociación de Funcionarios promove o uso do galego en todo o que rodea a un deceso, para así "facer gala" dun idioma para a eternidade.

Resulta cando menos curioso que "tan só unha de cada mil lápidas estea en galego", sinalou a EFE o secretario desta entidade, Xosé González. Pero máis "contrasenso" ten, e incluso é "esperpéntico", matiza, que isto suceda se se ten en conta a proporción de persoas que falan galego, "estatística que non se plasma para nada nos cemiterios".

Toma como exemplo o propio municipio de Celanova onde "aproximadamente o 85% da poboación utiliza o galego habitualmente, pero das máis de 660 lápidas tan só unha está en galego" e "non podía ser outra que a de Celso Emilio Ferreiro", di do ilustre escritor e intelectual. "É inexplicable -engade González- que cando alguén morre se enterre en castelán se é galego falante", sentenza. Fai extensible esta mesma situación ás necrolóxicas en medios de comunicación. "Hai catro anos había un 3% de necrolóxicas en galego, agora estamos no 2%, cando no día a día un veciño pasa pola tenda e dille a outro 'oíches, morreu o Manolo e entérrano hoxe', é paradoxal".

González trata de ilustrar con este suposto o feito de que a inclusión do galego nestes ámbitos da vida suporía simplemente "naturalizar" un comportamento social.

Entende, tal e como indicou na súa conversación con EFE, que a reducida presenza do galego no final dunha vida mostra unha sociedade "desvertebrada culturalmente" e na que é necesario "un traballo pedagóxico".

Por iso, desde a súa organización apostan, igualmente, por incluír "mandas testamentarias" sobre o galego. Estas mandas tradicionalmente recollían desexos do defunto sobre consideracións espirituais, como designar unha cantidade para o pago de misas ou a construción de 'cruceiros'.

A proposta da agrupación é que se indique "aos herdeiros" que "reciben" a cultura e a lingua dos seus pais, e que "deben defendela e transmitila aos seus fillos" xa que "se o galego perde falantes é, en parte, por falta de pedagoxía de pais e avós cara a fillos e netos". Así, no caso de Celanova, no acto que programaron para a segunda quincena de outubro, recollerán ante notario a efectos de que se visualice e setraslade á práctica "a firma destas vontades" nas que, ademais, quedará contemplado que en todo o relativo ao funeral e ao enterro "se proceda en galego".

Esta iniciativa pretende completarse coa publicación dun libro que recolla as mandas de "50 ou 60 personalidades" da zona de Celanova, á parte de pór no camposanto unha placa que rece "En memoria de todos os que xacen aquí porque grazas a eles Galicia segue tendo unha cultura e unha lingua propia".

Así mesmo, queren promover a realización das "declaracións de herdeiros en galego " para expresar un "sentimento tan íntimo" referente "ao legado de toda unha vida" no idioma propio.
Neste "cambio de chip", como o define o propio González, han de involucrarse familias, concellos e institucións culturais -en Celanova contaron co apoio e respaldo de 'Arraianos'-.

Desde algúns partidos políticos con representación parlamentaria promoven desde hai anos a difusión do galego nestas circunstancias.

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, declarou a EFE que esta carencia evidencia "a existencia dun conflito lingüístico" e "unha inercia histórica" de uso do castelán "con independencia da lingua falada polo defunto".

Hai xa aproximadamente oito anos que o seu grupo comezou a propor estas cuestións "que nun primeiro momento foron caricaturizadas", recorda.

Agora agradece a adhesión de distintos concellos a estes proxectos. "Aínda que non vaia solucionar o problema lingüístico é un ámbito máis" no que o galego abre camiño", apostila o político.

Con todo, bota de menos que non se vaia "máis aló do simbólico" porque conviría que isto se materialice a través do "incentivo" a funerarias, floreiras, tanatorios, medios de comunicación e ordes relixiosas coa fin de defender "non só o dereito de vivir en galego, senón de morrer en galego".

Segundo Xosé González, a demanda do organismo ao que pertence xa chegou, entre outros lugares, a Castrelo de Miño, Redondela ou Santiago de Compostela e pretende levar en breve a Outes e A Pobra de Trives; coa meta, en definitiva, de "estendela" polas catro provincias.
Nacer en galego, vivir en galego e morrer en galego, ademais de deixar en herdanza ese patrimonio cultural, é cada día máis posible para todos aqueles, conclúe, que recibiron como regalo nacer nesta terra.

Beatriz Molina Muñiz 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-05-2013 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRA SAÍDA DA "JUNTA GALLEGA".

"Un recuerdo muy especial a una persoa que ha arriesgado mucho al apoyar esta manifestación y los fines de Galicia Bilingüe, que es el actor Manquiña". Así lle agradecían a Manuel Manquiña desde o palco a colaboración coa asociación que preside Gloria Lago na manifestación realizada en Compostela o 8 de febreiro de 2009, convocada baixo o lema Sí, quiero libertad para elegir.

Varios videos difundidos na rede daban conta de imaxes dunha muller que se protexía da chuvia cun paraugas e berraba a verdadeira ideoloxía que hai detrás do colectivo que preside Gloria Lago: "paletos!", "aldeanos!", "libertad!", "libertad!" namentres ducias de antidisturbios mallaban nas persoas que participaron na contra-manifestación, estoutra si, en defensa da nosa lingua. Doce desas persoas están pendentes de xuízo.

O mesmo Manuel Manquiña que apoiou a Galicia Bilingüe nesa mobilización é o escollido pola Xunta de Galiza para conmemorar este ano o Día da nosa lingua e das nosas letras e, de paso, homenaxear a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía de Castro, cando se fan 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, ​un libro en que a poeta nacional defendeu desde o prólogo a identidade nacional da Galiza e ao que a Xunta, na súa nota de imprensa, se refire como "cantigas populares". O acto desenvolverase na Cidade da Cultura.

Con todo, o contributo de Manquiña ao desprestixio da nosa lingua propia non fica aí. Coñecidas son as súas declaracións en que asegurou que "Galicia é moi bilingüe, por moito que joda" polas que lle preguntou o xornalista Alberto Ramos nunha recente entrevista. E o actor respostou, moi ao estilo do discurso de Galicia Bilingüe: "eu creo na liberdade da xente por riba da liberdade dos lugares e das patrias; eu non creo no pobo". Para rematar acrecentou: "en Galicia, en galego? Mira, vai tomar polo cú!"

Non é a primeira vez que a Xunta opta por persoas de coñecida belixerancia contra a nosa lingua propia para actos públicos. Recentemente a escollida para ler a Rosalía foi a escritora galega Marta Rivera de la Cruz, cuxa obra está publicada integramente en español e que tamén mostrou a súa simpatía cara á asociación Galicia Bilingüe. Chegou inclusive a se queixar do "veto" do bipartito, ao non contar con ela precisamente para este tipo de eventos polas súas opinións ao redor do galego.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2013 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA FIXA POR LEI UN TOPE DE 60 DÍAS PARA OPERARSE NO SERGAS

O Goberno galego aceptou o proxecto de lei de garantías nas prestacións sanitarias, que fixa unha espera máxima de sesenta días para operar aos pacientes coas patoloxías máis graves, así consideradas polas comunidades científicas. A normativa, que será remitida en breve ao Parlamento para a súa tramitación, tamén lle impón unha demora de como máximo corenta e cinco días para resolver as consultas externas, probas diagnósticas e terapéuticas, a condición de que gocen, como no anterior caso, da máxima prioridade. A normativa autonómica non substitúe, senón que complementa, o real decreto con rango estatal que establece un tope de seis meses para determinadas intervencións cirúrxicas, entre as que se inclúen operacións de cataratas, próteses de cadeira e de xeonllo ou a cirurxía cardíaca, tanto valvular como coronaria. A diferenza é que estas patoloxías poderán ter, chegado o caso, a máxima prioridade en Galicia para que os casos se poidan resolver antes de dous meses. Para a aplicación do novo proxecto de lei será necesario aprobar tamén o correspondente regulamento, no que se determinará, de acordo co criterio das comunidades ou sociedades científicas, o catálogo das patoloxías que gozarán da máxima prioridade.

No mesmo entrarán todas as doenzas que poidan entrañar un risco para a vida do paciente, pero tamén se incorporarán criterios de tipo social ou laboral. Por exemplo, unha operación de cataratas pode requirir unha prioridade máis alta cando afecta a unha persoa en idade laboral que a un xubilado. A chamada Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias tamén ampliará os dereitos de libre elección do paciente, máis aló do médico de cabeceira, que xa rexe na actualidade. Coa súa entrada en vigor, os usuarios tamén poderán elixir pediatra, ao persoal de enfermería ou incluso o centro hospitalario no que queren ser atendidos.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2013 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0