Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sentimentos de tinta
Hoxe, día do libro, quería falar das palabras, tan necesarias e tan infravaloradas.

É impresionante como a través de algo tan humilde e simple como son o papel e a tinta, pódense experimentar moitas máis sensacións que en calquera outra arte, menos sinxela e menos honesta. Honestidade, sen filtros, iso é o que mellor define á escritura, a claridade da súa mensaxe, o sentir o que o autor sente coma se foses o teu mesmo, tan vívido e sincero, tan próximo.

Desprezamos as palabras, cando realmente son unhas das armas máis potentes que existen, desaproveitámolas, mentres que elas dannos o poder de facer comprensible aquilo que nin sequera nós mesmos entendemos, permítennos modificalas e manipulalas a noso antollo para resultar nunha nova arte, na que os nosos pensamentos entran en contacto directo con outras mentes grazas ás letras, ás que habitualmente clasificamos como fáciles ou simples.

Segundo escollas, un idioma pode converterse na cousa máis básica do mundo, ou nun universo intrincado, cheo de coñecementos e posibilidades, cun potencial que calamos, reprimimos e ocultamos por medo ao que poida ocorrer ao usalo, por temor ao que dirán do que sentes, a non ser como os demais, por ser diferente. Temos unha bomba de creación entre os nosos beizos, pero dános medo utilizala.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
A maxia de Galicia
Bo día amigas e amigos!

Aquí me tendes outra fin de semana tras superar un ?bloqueo?.

Direivos que cando esto me sucede, adícome a ler canta revista e periódico se pousa nas miñas mans, xurdindo entón unha morea de ideas que me coloca na encrucillada de discernir cál será interesante para compartila con todas e todos vos.

Pois ben, hoxe rompín co esquema. Hoxe nin revistas nin periódicos? hoxe unha camiñata polo sendeiro litoral Sanxenxo - A Lanzada.

Unha vez que chegas Á Lanzada, á altura da ermida, atópaste cun letreiro que pon: ?Sendeiro máxico da Lanzada? e esto atrae a miña atención. O sendeiro percorre tres quilómetros dende a praia de Areas Gordas ata A Lapa, que vos direi que son mencionadas no conxuro da queimada. Pero mira, esto queda para
a semana!

Seguimos?

A praia da Lanzada é das máis longas das Rías Baixas, con dous quilómetros e medio de lonxitude. Cun areal en forma de cuncha. Nela existe un xacemento arqueolóxico que se pode visitar e que data da época sueva e románica e unha ermida de comezos do século XIII que garda no seu interior a imaxe de Santa
María. Nosa Señora da Lanzada.

Pero volvamos ao carácter máxico das augas da Lanzada xa que disque teñen propiedades máxicas e de fertilidade.

Así, nos falan do ritual das nove ondas. Seica que a muller, debe visitar a praia a noite da
romaría da Nosa Señora da Lanzada e a medianoite, bañarse na auga e recibir nove ondas sobre o seu ventre.

Logo debe visitar o cantil que se atopa debaixo da ermida e buscar unha pedra en forma de asento chamada ? cama da Virxe? ou ?cuna da Santa?. Ao sentar sobre a pedra, deberá pronunciar o seu desexo de ser nai.

Contan que existe unha segunda versión que di que se debe facer a noite de San Xoán. Tamén vos direi que existen outras lendas ao redor desta ermida e da imaxe que garda, coma a de barrer tres veces arredor do retablo da ermida para liberarse do mal de ollo. E se entrades na ermida, chamará a vosa atención as preciosas miniaturas de barcos que alí se atopan. Son embarcacións en miniatura que ofrecen os mariñeiros para que a Santa os garde e protexa coa fin de regresar sans e salvos aos seus fogares.

Xa vedes, toda Galicia é máxica. Soamente fai falla mirar arredor!

Convídovos a dar unha volta polos pobos da comarca do Salnés e comprobar de primeira man as marabillas desta terra.

Unha aperta e ata a semana vindeira.

Clara Mª Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
A vaca pode ser o mamífero máis grande do mundo
Un estudo sostén que os grandes mamíferos terrestres foron minguando por culpa do home ao longo dos últimos 125.000 anos.

Houbo unha época na que todos os continentes habitados estaban poboados por grandes mamíferos terrestres: mamuts, rinocerontes felinos con dentes de sabre... Estes animais foron extinguíndose e, na actualidade, os poucos que quedan viven, na súa maioría, en África.

Ese declive coincidiu coa expansión do home. A dispersión dos humanos fóra de África non só foi un acontecemento crave para nosa especie. A súa saída dese continente coincidiu cunha redución no tamaño dos mamíferos, que foi, ademais global. Así o asegura unha investigación publicada na revista Science que analizou a evolución do tamaño de diversas especies de mamíferos terrestres -non se incluíron os mariños- desde hai 125.000 anos, concluíndo que a acción do home foi a principal causa.

Esa tendencia para minguar de tamaño, sostén este estudo, continúa. Segundo as súas predicións, dentro duns 200 anos a vaca doméstica podería ser o mamífero terrestre de maior tamaño que quede na Terra.

"Sobrevivirán poucos animais do seu tamaño. A maior parte dos mamíferos serán moito máis pequenos", asegura Felisa Smith, investigadora da Universidade de Novo México, e autora principal deste estudo. Se a vaca sobrevive, será en gran medida porque foi domesticada.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Evacuado o Monte de Saint-Michel, en Francia, por unha alerta de seguridade
O histórico Monte de Saint-Michel, na costa oeste de Francia, foi evacuado este domingo pola Xendarmería, indicaron varios medios locais que apuntaron á presenza dun individuo con actitude ameazante. O diario rexional Ouest- France sinalou na súa páxina da internet que o acceso aos autobuses turísticos foi cortado á primeira hora desta mañá pola presenza dun sospeitoso que as autoridades buscan «activamente». Fontes da prefectura da
Mancha, onde se sitúa o monumento, non confirmaron a Efe a natureza do incidente, e limitáronse a sinalar que «pasou algo» e enviáronse axentes á zona. «Un individuo entrou no Monte Saint- Michel e, diante do propietario dunha cafetería, proferiu ameazas moi precisas contra as forzas da orde», dixo o prefecto da Mancha, Jean-Marc Sabathé, en declaracións recollidas pola emisora France Info. Ante a dúbida, as autoridades preferiron pechar a abadía onde se celebran hoxe oficios relixiosos e evacuar o Monte que á 11.00 hora local atopábase xa practicamente despexado. A Xendarmería rexistra nestes momentos todas as casas do lugar aínda que teme que o home se haxa camuflado entre os turistas e abandonase o Monte, comunicou Sabathé. As autoridades
inspeccionan tamén as cámaras de seguridade para identificar ao suxeito que se presentou como un animador rueiro para o que levaba unha mochila que non foi inspeccionada á súa entrada á baía. O monte Saint-Michel, o punto máis turístico de Normandía e un dos primeiros de Francia con máis de tres millóns de visitas
anuais, figura na lista do patrimonio da humanidade da Unesco desde 1979.

Susan Nicole Varela Torres 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Avicii
Este sábado realizouse a autopsia ao corpo do famoso DJ sueco Avicii, achado sen vida en Omán. Os investigadores descartaron calquera ?acción criminal? como causa da morte, segundo confirmou este sábado á AFP unha fonte da policía de Omán.

A policía ten ?toda a información? sobre a morte do DJ de 28 anos, pero ?négase a facelo público por razóns de privacidade?, a petición da familia, continuou a fonte.

Considerado un dos mellores DJs do mundo, Tim Bergling, o seu verdadeiro nome, foi atopado morto este venres en Muscat, capital de Omán, onde pasaba uns días de vacacións con algúns amigos.

Entre outros artistas, Madonna e David Guetta non tardaron en reaccionar á noticia con mensaxes nas redes sociais para render homenaxe en memoria do mozo sueco e agradecer así a súa contribución no mundo da música electrónica.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
A adición a apostas online dispárase entre os mozos ourensáns
O auxe das casas de apostas online e a proliferación de máquinas destas empresas nos establecementos hostaleiros da provincia sen ningún tipo de control ameaza a convivencia nas familias. A publicidade sen control das apostas deportivas, así como a facilidade de acceso ás distintas plataformas que se ofrecen na internet preocupa á sociedade, que esixiu nas últimas semanas a remodelación da Lei do Xogo de Galicia.

En Ourense, non hai centros especializadas para tratar ao novo perfil de ludópata, e os afectados son derivados a Vigo, ao centro de Asaja (a Asociación de Xogadores Anónimos de Galicia). Das 80 persoas atendidas actualmente por ludopatía, 12 deles son ourensáns, máis dun 15% . O perfil variou. "Antes víñannos maiores de 40 anos adictos aos comecartos, e agora os adictos oscilan entre 20 e 25 anos", indican desde Asaja. Sen embargo, non poden atender a menores, "porque en teoría é ilegal que aposten". Nos seus controis en distintos colexios do sur de Galicia constatan que "xa se empeza a apostar en terceiro da ESO".

Pero moitos aproveitan o xogo online, utilizando a documentación de calquera persoa maior da súa contorna. "Para apostar non fai falta ter cartón de crédito, senón que podes comprar cartóns prepago nalgunhas tendas". Aí non teñen restrición de idade.

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-04-2018 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
O día do libro
O día 23 de abril,é data na que o mundo fai unha homenaxe ao libro e os seus autores, para alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a contribución dos escritores ao progreso social e cultural.

A idea orixinal da celebración do día do libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, que tras propoñelo á Cámara Oficial do Libro de Barcelona, conseguiron que fora aprobada polo rei Alfonso XIII de España en 1926. Aínda que o primeiro Día do Libro foi o 7 de outubro de 1926, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril, día de San Jordi, como Día do Libro. E por iso hai a tradición de regalar unha rosa ao concluír unha lectura, evento ou pregón e de que os namorados e persoas queridas intercámbiense unha rosa e un libro.

Foi un 23 de abril de 1616 cando falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. E por este motivo, esta foi a data escollida pola Conferencia General de la UNESCO para celebrar en todo o mundo o día do libro, xa que é unha data moi simbólica para a literatura
universal.

Na actualidade existen miles de lugares onde se celebra o Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor. Son moitas as cidades europeas, americanas, asiáticas, africanas?que o celebran pero tamén moitos centros escolares. Entre eles, quero destacar o meu centro, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora-Franciscanas de Ourense, que dende fai anos conmemora este día dun xeito moi especial.

Celebrámolo cun acto, bautizado co nome de ?VERBAS NO AIRE?, que consta dun maratón de lectura de diferentes textos en galego, castelán e inglés con acompañamento musical e da lectura dun manifesto poético. Todo dende o
balaústre da fachada principal do centro para que toda a Comunidade Educativa e todos os veciños da cidade poidan ser participes desta celebración cultural. 

Deséxovos a todos un feliz día do libro.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Advertencia aos migrantes do perigo de lanzarse ao Mediterráneo
Proactiva Open Arms decidiu, tras a liberación onte luns do seu barco incautado en Italia por oden xudicial, ampliar o seu campo de acción e seguir na procura dun novo buque para ?ir ata os países de orixe dos inmigrantes para advertir aos mozos do perigo de cruzar o Mediterráneo?. O director da organización de rescate, *Òscar Camps, explicou hoxe que a partir deste mes iniciarán un novo proxecto, que lles levará ata distintos países de África, empezando por Ghana, onde levarán testemuños de persoas que emprenderon a viaxe a través do Mediterráneo e relatarán a crúa realidade que viven os que se lanzan á travesía.

?Temos que abordar a orixe do problema e buscar solucións para evitar este tráxico fluxo migratorio?, sinalou Camps, quen resaltou que traballarán especialmente coas escolas, pois ?vimos moitos menores que fan a viaxe polo Mediterráneo?, para advertirlles de que ?Europa deixaralles morrer?. Camps asegurou que esta actividade será paralela aos rescates en augas internacionais, que xa volveron a poñer en marcha coa saída o luns, desde o porto de Badalona (Barcelona), da misión número 44 a bordo do veleiro Astral, o mesmo co que empezou a traballar a oenegué no verán do 2016. A pesar da súa reducida capacidade para acoller persoas a bordo, o Astral rescatou a 15.000 persoas en catro meses.

Eyén Díaz López 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cada vez lemos menos
Mañá, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. As librerías ofrecen descontos dun 10 por cento nas compras. Isto fai que moitos se animen a mercar. Mercar si... pero lemos? As estadísticas din que ao redor do 40 por cento da poboación non le nin un só libro en todo o ano.
Mergullarse nas páxinas dun libro é un pracer do que non todo o mundo disfruta.
Por falta de tempo ou de interese o certo é que só 6 de cada 10 persoas adican o seu tempo de lecer á lectura.
As mulleres len máis que os homes e a partir dos 60 volvemos reencontrarnos co pracer de ler.
Pero que lemos? sobre todo novela e máis en papel que en formato electrónico.
Poñer novamente de moda a capacidade de imixar, de disfrutar coa palabra impresa...reinventar un lecer, o libro, con séculos de historia.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2018 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia é o sétimo destino preferido polos españois, con 10,3 millóns de viaxeiros recibidos en 2017
Galicia situouse como o sétimo destino preferido polos españois para realizar as súas viaxes turísticas, xa que a Comunidade rexistrou en 2017 un total de 10,3 millóns de viaxeiros que se gastaron 1.832 millóns de euros, segundo os datos da Enquisa de Turismo de Residentes elaborada polo Instituto Nacional de Estatística. En concreto, Galicia situouse como sétimo destino cun 5,3% do total de viaxeiros españois, nunha clasificación que encabeza Andalucía con 32,5 millóns de viaxeiros; seguida de Cataluña con 25 millóns de viaxeiros. Segundo esta enquisa, Galicia rexistrou 41,6 millóns de permutacións, o que supón o 5,2% do total do conxunto do país. O gasto de 1.832 millóns de euros supón o 4,1% do total. O gasto medio por persoa en Galicia foi de 178 euros, por baixo da media do país de 228 millóns. O gasto medio diario foi de 44 euros, tamén menos que a media.

Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-04-2018 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0